O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso

Xa ca Copa da Costa en marcha, os cadetes do Corme aínda están de celebración. A mañá do pasado sábado foi de troula, despois, iso si, de vencer apuradamente ao Cee por 3-2, con triplete do capi Manu Bermúdez. Unha vitoria que o coroaba como campión da 1ª Cadete da Costa 2014-2015 a falta de unha xornada, e que demostra a súa superioridade tras 16 xornadas no liderato, entre elas, as 13 últimas.

Antes de celebralo na fonte da Praza do Pan, os xogadores quixeron renderlle unha fermosa homenaxe a Roque, que non puido celebrar o título con eles por estar recén operado da cadeira, e a súa casa, ata a súa cama, foron aínda de azul.

Enviamos pois os parabéns a todo ese plantel, dirixido por Moncho Bermúdez e José Manuel Tasende. Ao porteiro Lucas; aos defensas César, Fran, Aitor, Marcos, Pandi, Mauro e Roque; aos medios Eloy, Manu Bermúdez (o capi), Tasende, Manu Garrido e Javi; e aos puntas Samu, Martín Costa, Iago, Álex Mato e Noel.

O Cabana, á Fase

A xornada traía un doble enfrontamento por todo o alto, que deixa ao Cabana tamén coa Fase de Ascenso asegurado. A súa vitoria ante o Fisterra e a derrota ceense no Cairo, permite que o Cabana xa teña asegurada matematicamente a súa clasificación para a Fase de Ascenso á Liga Galega.

Preparados para a Fase

Co ollo posto para a última xornada na Liga Infantil, veremos como se portan Corme e Cabana na Fase de Ascenso. Todo o Fútbol da Costa vibrará con eles para termos un par de intengrantes máis en categoría autonómica, acompañando, esperamos a un XSC que segue loitando pola permanencia na Liga Galega.

Novas relacionadas

I Copa da Costa cadete e infantil

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).