O Couto de Verdes do río Anllóns acolle unha nova exhibición do coruñés David Arcay
Doble cita pesqueira esta fin de semana: unha na casa, no río Anllóns; e outra en Asturias, onde tamén estiveron varios membros da provincia.
Salmónidos no Anllóns
O Couto de Verdes, no río Anllóns, acollía este domingo o Campionato Provincial de Salmónidos Mosca. E que non daca oportunidade, foi o coruñés David Arcay, que se proclamou campión.
Diego Rodríguez Ramos, da Sociedade de Pesca Río Mandeo e que tamén está na Alta Competición, foi segundo (a dereita de David Arcay na foto) e David Golpe Mondragón da Venatoria de Bergantiños foi o terceiro.
Coruña e Santa Comba representados no Campionato de España de Salmónidos
Así mesmo, o pasado sábado tivo lugar en Asturias o Campionato de España de Salmónidos Mosca. Un campionato ao que acodía o equipo galego, que se proclamou campión. O novo pescador coruñés David Arcay Fernández do Club Salmo da Coruña (no centro da foto) quedou no segundo posto na clasificación individual e Carlos Gesto García da Sociedade de Pesca de Santa Comba accedeu á Alta Competición ao rematar no 6º posto.
Cómpre destacar que Arcay vai participar no Campionato do Mundo en Gorenjska y Soca - Eslovenia do 4 ao 10 de xuño.
Novas relacionadas
- A Xunta inviste a multa de Ferroatlántica en recuperar o couto de pesca do río Xallas.
- A Costa da Morte xa está no circuito de pesca de salmónidos.
- O nordés aumentou a dificultade no Campionato de Pesca da Langosteira.
- Dumbría e Baio acolleron sendas citas de pesca.
- Pola mellora dos ríos de salmón.
- Recunchos da Costa: O Río Anllóns no lugar de Verdes.
Fonte
- Información da Federación Galega de Pesca, da man do seu secretario Manuel Mouzo.