O Dumbría consegue un épico ascenso á Liga Galega Xuvenil
Por fin, cumpríu o Dumbría o ansiado e complicado obxectivo do ascenso á Liga Galega Xuvenil. Volverá ter dous equipos en categorías autonómicas o escollido Mellor Equipo Base do Fútbol da Costa na #GalaQPC. Os rapaces de Óscar Leis e Diego Lobelos superaron o último obstáculo, e celebraron no Conco un triúnfo épico, conseguido no desconto cun gol do cadete Marcos Mouro que vale un mundo.
Espectacular ambiente o que houbo no Conco na tarde noite do sábado tralo Memorial Andújar. Respostou a afección costeira e levou en volandas aos dumbrieses cara o triunfo. E iso que a cousa pintaba dura, cando o Bertamirás se colocaba 1-2 ao comezo da segunda metade obrigando aos locais a marcar dous tantos no treito final, tralo 0-0 da ida.
Pero chegou, e o equipo remata con só 2 partidos perdidos en toda a temporada, demostrando un potencial espectacular.
Dumbría - Bertamiráns (3-2)
- DUMBRÍA: Bruno, Pablo Paz, Maikel, Canario, Jano, Yeray, Cacha, Edu, Mauro, Juan de Dora e Marcote. Tamén xogaron: Charly, Marcos Mouro, Roberto e José Miguel.
- Goles: 1-0, min.16: Juan de Dora; 1-1, min.27: nun córner; 1-2, min.47: tras un fallo local; 2-2, min.55: Juan de Dora de cabeza adiantándose á saída do porteiro; 3-2, min.93: Marcos Mouro, o cadete, de cabeza nun córner xa no tempo de desconto.
Partido intenso e complicado para o equipo de Leis e Lobelos pois foron os visitantes os que empezaron xogando mellor, se ben as ocasións máis claras eran dos locais. E nunha de esas marcou Juan de Dora ao cuarto de hora. 10 minutos durou a vantaxe dos locais pois o Bertamiráns empataba nun corner e o principio da segunda tras unha perda na saída de balón facía o 1-2.
Tocaba a épica para remontar e co apoio da afección. que non deixou de animalo, foise logrando. Primeiro Juan de Dora fixo o empate xogándose o físico ante a saída do porteiro. O gol do ascenso tardou en chegar pois todas as ocasións as desfacia con grandes paradas o seu porteiro. Pero no último suspiro un córner a favor apareceu o cadete Marcos Mouro erguéndose por riba de todos e rematando de cabeza a gol.
Estoupou o Conco e tras un minuto máis que durou o partido, rompeu a festa rachada con baño á piscina e todo!
De gallega,oeeeeee,de gallega oeeeeeee!!!!!!!!!!!!!! felicidades campeóns, e moitas felicidades a eses entrenadores que tedes que tamén son de GALLEGA
Posted by Veteranos Dumbria on Sábado, 27 de Xuño de 2015
Un futuro aberto
Terá o Dumbría un equipo na División de Honra Cadete e un na Liga Galega Xuvenil, tralo desafortunado descenso do cadro infantl á liga comarcal. Queda por saber quen manterá o mando no cadro xuvenil. Os números da “Doble L” son espectaculares (en cadetes 3 ascensos e 2 ligas, e en xuvenís 2 ligas, 2 play off e 2 #Copadacosta=, e son perfectos candidatos a tomar o mando do equipo de Preferente se Canosa decide tomar un descanso.
En todo caso, a familia dumbriesa está en moi boas mans, con xentes como Huelvis, Pablo Conde, Juan Purrúa ou Joaquín Quintáns no staff técnico.
Ademais, o equipo seguirá sendo moi competitivo o ano que vén, pois o relevo a nivel de xogadores está garantizado. Veñen fortes varios cadetes, se ben pasan de idade Andrés, Jano, Cabana, Josiño, Lucas e Charly, sabia nova para o cadro de Preferente.
Novas da Gala
Crónicas do Dumbría
- Fase de Ascenso: O Dumbría, a un paso do ascenso á Liga Galega Xuvenil.
- Fase de Ascenso: O Dumbria a polo último esforzo para estar na Galega.
- Fases de Ascenso: Dumbría e Cabana van cara adiante e Miúdos e XSC frean.
Torneos de verán
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).