Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica

O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica

Segue en liña ascendente o primeiro equipo do Fisober Concello de Vimianzo. As de Iván Chans e Fran Toba realizaron un partido moi completo na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo ante preto dun centenar de siareiros e conseguiu vencer ampliamente a súa besta negra particular. Unha vitoria que as deixa no máis alto da clasificación xunto co Marcón.

Pola súa banda o Fisober B voltou caer desta vez na súa visita o Fame Negra de Carral onde xoga a ex de Fisober, Eva Lago. Despois dunha primeira metade aceptable , viñeronse abaixo na segunda e caeron de maneira rotunda.

No resto da 4ª xornada da Liga Provincial o Concello de Ponteceso F.S.F. caía ante o Viaxes Amarelle por 0-10. Os que si sumaron foron as da A Salina de Esteiro, que endosaron un 1-7 ao Meigas B. Con esta vitoria,a terceira, as esteiranas seguen 2ª a 3 puntos de O Pino.

Liga Autonómica

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - MEIGAS (7-1).
  • Fisober: Paula, Patri, Ylenia , Nuria e Ana; Tamén xogaron: Olalla, Noelia, Barca, Elsa, Myrella e Alba.
  • Goles: 1-0 Ana , 1-1 Yaiza, 2-1 Patri, 3-1 Nuria ( descanso ) 4-1 Myrella, 5-1 Patri, 6-1 Nuria, 7-1 Noelia.

Saíu a por todas o Fisober e xa no primeiro minuto Nuria gozaba da primeira oportunidade, e no segundo minuto unha serie de paredes entre Patri e Ana, facía que esta última as adiantara no electrónico.
As de Fran Toba e Iván Chans seguiron atacando e case consecutivamente Ylenia, Ana e Patri gozaron de ocasións. Despois dos cinco primeiros minutos de dominio total local, as visitantes asentaronse e tentaron controlar a avalancha do Fisober. E algo conseguirono xa que mediada a primeira metade un despiste defensivo permitiu que unha xogadora visitante fora derribada por Paula no área co conseguinte penalti transformado por María.
Tal circunstancia espabilou de novo as do Fisober e Noelia dispuña dunha opción de gol. Pouco despois era Alba quen remataba co calcaño un saque de esquina que se marchaba a rentes do pau. Seguiu con unha dobre ocasión de Patri e Ylenia.

O Meigas aínda asustaba e montou unha perigosa contra a catro para o final pero Paula moi segura toda a tarde frenou ben a incursión de Laura. A tres para o tempo de lecer Patri topabase co longueiro e no posterior rexeite ela mesma facía o 2 a 1.
Seguía lanzado o Fisober e Nuria disparaba o pau e Ana no rexeite non era quen de marcar. Pero na seguinte xogada unha combinación do ataque local rematou co 3 a 1 obra de Nuria. O último minuto antes do lecer aínda propuxo unha ocasión da visitante M. Katia e unha doble ocasión por parte de Ylenia.

Na segunda metade o dominio do Fisober aínda foi maior, e comenzou con ocasións para Myrella e para Noelia por partida doble. Os seis minutos da reanudación un pase de Barca rematouno Myrella co calcaño para poñer un tranquilizador 4 a 1.
Despois foi unha Patri en estado de gracia a que tomou as rendas e tivo ata tres ocasións case consecutivas, nunha delas ata se atopou co pau.
Ante o asedio local foi a visitante Ely a que tivo a súa oportunidade de gol. A cal respostou a local Alba. Quen non errou foi Patri para facer o 5 a 1.A sete para o final era Nuria a que facía o 6 a 1.
A visitante Raquel tiña a súa opción de gol para reducir diferencias pero elevou demasiado ante Paula.E o broche final o partido fixo Noelia co 7 a 1 a falta de dous para o fin.

Liga Provincial

  • Resultado: FAME NEGRA - FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” (6-1).
  • Fisober B: Martina, María, Mónica, Inés e Iria; tamén xogaron : Laura, Loly, Cris e Nuria.
  • Goles: 1-0 Jessica, 1-1 María, 2-1 María Corrochano, ( descanso ), 3-1 Jessica, 4-1 Jessica, 5-1 Jessica , 6-1 Adriana.

O partido comenzou cunha ocasión da capitana visitante María. As do filial do Fisober non pasaban demasiados apuros, e tentaban combinar. Así transcurrían os minutos con dous equipos máis preocupados de que non lles encaixaran que de despregarse en ataque. Ata que nun despiste defensivo das visitantes deixaron sola a Jessica que marcaba o primeiro dos seus catro goles.

Pero as do filial do Fisober non se rendiron e continuaron tentando tocar na búsqueda da igualada. E así foi como nunha combinación, despois dun saque de banda, entre Laura e María, esta última lograba o empate despois de que o balón entrase con moito suspense.<
Continuou polo mesmo camiño a primeira metade e cando parecía que se ía chegar con empate o tempo de lecer, outro despiste defensivo das do filial de Fisober permitio poñer o 2-1 a María Corrochano a tan solo 30 segundos para o final. Un gol que foi clave xa que animou as locais e desanimou totalmente as visitantes.

A segunda metade non tivo moita historia, aínda que pudo cambiar cando case o comenzo a capitana visitante María non foi capaz de empatar nun man a man. Ahí prácticamente rematou o partido , xa que pouco despois Jessica facía o 3-1 que deixou sen capacidade de reacción as visitantes que baixaron os brazos e virón como caían os goles un tras outro. Máis aínda cando cometeron a quinta falta mediada a segunda metade e viviron co perigo do dobre penalti constante. Jessica marcaba outros dous goles e Adriana redondeaba o 6-1 para as de Carral, nunha segunda metade para tomar nota e tentar mellorar por parte do filial do Fisober.

Liga Provincial

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Viaxes Amarelle B FSF (0-10)
  • Concello de Ponteceso FSF: Tamara, Rocío, Marta, Carmen, Silvia (cinco inicial), Martina, Ana, Alba, Cristina.
  • Viaxes Amarelle B FSF: Anabel, Peke, María, Yeye, Alba (cinco inicial),Uxía, Laura, Cruz, Cris.
  • Goles: Yeye (3 goles), Alba (2 goles), Peke (2 goles), María (1 gol), Cruz (1 gol), Laura (1 gol).

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.
  • Nota de prensa do Viaxes Amarelle.

Comentarios