O infantís do Manuela Rial achéganse ao título da Liga Galega
A fin de semana pasada servía para colleitar unha nova vitoria do equipo infantil masculino do Manuela Rial de volei, que lles permite seguir liderando a clasificación da Liga Galega, a falta de tan só dúas xornadas para a súa finalización. O facía o pasado sábado no Pavillón dumbriés e ante o Santa María do Mar da Coruña, equipo que loita por unha das 4 prazas que dan dereito a xogar o Campionato Galego. O resultado foi un 3-1 con parciais de 18-25 / 25-23 / 25-21 / 26-24.
No primeiro set os coruñeses sorprenderon ao equipo local sobre todo polo centro da rede, facendo valer a altura das súas centrais ante os que pouco podían facer a defensa dos nosos xogadores. A partir de aí os locais melloraron no seu servizo o que impedía que o equipo rival combinase con facilidade en ataque e permitíanos seguir puntuando ao contrataque, sobre todo con balóns por zona 4 onde destacou a efectividad no remate de Unai Larrañaga nos momentos decisivos de cada set. Iso unido a uns grandes parciais en recepción que nos permitía combinar en ataque con certa facilidade, esnaquizando así a defensa do equipo rival.
Esta semana o equipo descansa e na seguinte desprazarase a Orense para enfrontarse ao V. Burgas.
Unha xornada completa
Pero deu para moito máis a xornada. O equipo cadete masculino do Voleibol Dumbría conseguiu unha nova vitoria fronte ao Santa María do Mar por un contundente 3-0 con parciais de 25-9 / 25-10 / 25-14.
O partido non tivo cor e estivo dominado de principio a fin polos nosos xogadores. O adestrador local aproveitou ademais de para probar novas combinacións en ataque, para dar minutos aos menos habituais e para subir a varios infantís para que vaian collendo experiencia ante equipos superiores.
Esta xornada ao equipo tócalle descansar e na seguinte desprazaranse a Orense onde se xogarán a primeira praza da Liga Galega ante o V. Burgas.
Ademais, o equipo cadete feminino do Voleibol Dumbria enfrontábase ao segundo clasificado o Zalaeta da Coruña e aínda que en moitas fases do encontro plantaron batalla ao final predomino a superioridade herculina cun resultado de 0-3 (14-25/17-25/13-25).
Vindeira xornada
Este sábado pola tarde enfróntanse a Noia:
- 16:00 h Xuvenil masculino CV Noia- Voleibol Dumbría.
- 16:00 h Infantil feminino CV Noia - Manuela Rial.
- 18:00 h Cadete feminino CV Noia-Voleibol Dumbría.
Novas relacionadas
- As cadetes do Volei Dumbría seguen mellorando.
- Os equipos infantís dan alegrías ao volei costeiro.
- Tamén gañan os xuvenís do Volei Dumbría.
- O infantil do Manuela Rial afianza o liderato na galega.
- A canteira do volei do Manuela Rial segue funcionando.
- Só os cadetes do Volei Dumbría superan ao potente Emeve de Lugo.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido coas xogadoras do Volei Xiria.
- O Volei costeiro remata a primeira volta arriba no podio.
- Xornada de derrotas para o volei dumbriés.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- Boa semana do voleibol costeiro que mantén 2 lideratos.
- Mala semana para as mozas do volei costeiro nas Ligas Galegas.
- Importante vitoria das cadetes do Voleibol Dumbría.
- Xornada completa para os equipos de volei da zona.
- Os infantís do Manuela Rial de volei seguen imparables.
- Unha xornada de volei con sabor a reflexión.
- Meritorias vitorias dos cadetes e infantís do Volei costeiro.
- O Volei Dumbría nota o cambio de categoría na súa estrea.
- Dumbría é Deporte.
- O Volei costeiro entre os 9 mellores de España.
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.