Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Oso Polar supera ao Maristas e mantén a 4ª praza

O Oso Polar supera ao Maristas e mantén a 4ª praza

O Oso Polar Costa da Morte venceu na casa ao C.B. Maristas Coruña e colócase cuarto do Grupo Norte da Liga FGB. O equipo ceense impúxose por 67 a 64. Con esta vitoria os de George Alves manteñen a 4ª posición da Liga FGB Senior Masculina con 24 puntos.

Por parte do Oso Polar destacar a gran actuación de Santi (21 ptos, 4 triplos, 4 rebotes e 5 asistencias para 24 de valoración) ben secundado por David (14 ptos, 7 rebotes e 6 roubos) e Roberto e Pais, ambos con 13 ptos.

Liga FGB

  • Resultado: Oso Polar Costa da Morte, 67 - C.B. Maristas Coruña, 64.
  • Parciais: (13-17, 21-15, 20-24, 13-8).
  • Oso Polar Costa da Morte: Manuel (-), Fabián (2 ptos), Santi (21 ptos, 4t), David (14 ptos, 1t) e José Ramón (2 ptos) [cinco inicial]. Tamén xogaron Pais (13 ptos), Roberto (13 ptos, 2t), Iván (2 ptos), Andrés (-) e José (-).

O partido empezou con moito ritmo e o Oso Polar expuxo de inicio unha defensa en zona 1-2-2 que o seu rival rompeu a base de triplos (6 triplos ao descanso). Co cambio de defensa a individual e grazas á intensidade defensiva de David con 6 roubos e a anotación do propio David, Santi e Roberto chegouse ao descanso co marcador moi axustado (34 a 32).

O partido estaba moi igualado e ambos os conxuntos mostráronse moi acertados de face ao aro no terceiro cuarto. No inicio do terceiro cuarto, a entrada de Pais fixo que o dominio baixo os aros fose dos locais pero tivo que ser un exterior o que dinamitase o partido. Entre finais do terceiro e principios do cuarto período, Santi monopolizó o xogo ofensivo do Oso Polar cunha serie de accións cada cal máis espectacular que lle levaron a anotar 13 puntos de forma consecutiva fallando un único tiro a canastra. Nos últimos instantes os tiros libres e sobre todo os rebotes en ataque de Pais e David decidiron un partido que foi moi competido ata o asubío final.

Vindeira cita

A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte visitará Lugo para medirse ao Sacro Corazón. A cita será o domingo 6 de marzo ás 17:00.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Notas de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte.

Comentarios