Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría, terceiro no Trofeo Internacional Tui-Valença

O Piragüismo Dumbría, terceiro no Trofeo Internacional Tui-Valença
O Piragüismo Dumbría acadou un fantástico 3º posto por clubes en Tui

Non volve de baleiro o Piragüismo Dumbría. Cada vez que sae, volve con metais. Desta volta acodía ao Clube Náutico San Telmo en Tui, para a celebración da primeira edición desta proba fronteiriza na que ademais dos habituais clubes de galicia, participaban algúns dos mellores clubes de Slalom de Portugal, coma o ABC de Amarante, ou o Darque de Viana do Castelo, das categorías benxamín, alevín e infantíl.

Pero os nosos souberon competir, e malia non estar acertados ao 100%, acadaron 4 podios, e un fantástico 3º posto por clubes.

Dura competición

A competición se viu moi afectada polas mareas, polo que a manga que contou para prácticamente todos os participantes foi a primeira, posto que na segunda o percorrido estaba impracticable, con algunhas portas sin fondo, ou prácticamente fora da auga. Tampouco, polos motivos que fosen, se limpou a zona, polo que, a parte de non ofrecer as mellores condicións, o público practicamente non tiña visión da proba.

Os nosos deportistas non estiveron demasiado acertados. Despois das épocas de exames, esta competición abre un verán no que realmente non vai haber unha fin de semana de respiro. Esta pasada, o mellor dos deportistas do CDM Piraguismo Dumbría foi Marcos Sánchez Cancela, que se clasificou segundo na categoría alevín despois dunha manga da que estimaba moi mellorable.

Outra das nosas medallistas, por partida doble, foi Lorena Costa Rama, que subiu o podium tanto no kayak coma na canoa. A súa progresión é destacable, e vai chegar en moi boa forma as competicións de Copa de España.
Tamén subiu o podium Brais Sánchez Cancela no K1 benxamín despois dunha fantastica proba, e Jorge Quintáns, que tras pifiar no kayak, fixo unha boa competición na canoa.
Os demais deportistas do clube foron Fran, Martín e Sara Fernández Romar o fixeron moi ben, aínda que non subiran ao podium, así coma Paula Pérez Espasandín ou Tomás Quintáns, pero todos colaboraron a este 3º posto por clubes nesta primeira edición do Trofeo Eurocidade.

Vindeira proba

A vindeira competición do CDM Piragüismo Dumbría é a Copa de España de Promesas do Slalom en Calasparra, Murcia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios