O Ponteceso FSF consegue a súa primeira vitoria da temporada na Liga Provincial
Se ben a Liga Autonómica descansa ata a vindeira semana, a Liga Provincial si que disputou xornada completa. O Fisober B caía rotundamente ante o Viaxes Amarelle B, e pese o resultado o filial do Fisober segue mellorando pasiño a pasiño, despois dun partido no que lle tocou defender durante moitos minutos, algo que tamén forma parte do aprendizaxe.
A boa nova a dérona as xogadoras do Concello de Ponteceso FSF, que vencían 5-1 ás Espartanas. Son os primeiros 3 puntos do Concello de Ponteceso, e alcanzan ao propio Espartanas, quedando a 1 só punto do Fisober B.
Ademais, A Salina de Esteiro perdeu 4-1 contra o Manureva, nun partido importantísimo ante un rival directo na zona alta, e quedana agora as esteiranas 4ª a 3 puntos de Manureva e Viaxes Amarelle B.
Liga Provincial
- Resultado: CONCELLO DE PONTECESO F.S.F - ESPARTANAS (5-1).
- A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Cris Santos, Ana, Martina e Alba. Tamén xogaron: Carmen, Anabel, Marta, Silvia, Rocío e Fany.
- GOLES: 1-0.- Alba (min. 4); 2-0.- Carmen (min.12); 3-0.- Carmen (min. 28); 4-0.- Anabel (min. 36); 4-1.- Adriana (min. 44); 5-1.- Cris Santos (min. 46)
Liga Provincial
- Resultado: VIAXES AMARELLE B – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” B (8-0).
- AMARELLE B: Anabel, Peke, Yeye, María e Uxía ; tamén xogaron : Cruz, Regi, Lara e Cris.
- FISOBER B: Martina, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Laura, Cris, Loly, Natalia, Nuria, María Maroñas e Catty.
- Goles: 1-0 Peke, 2-0 María , 3-0 Cruz, 4-0 Regi, 5-0 Uxía,( descanso), 6-0 Yeye, 7-0 Cruz, 8-0 Peke.
Remataba a primeira volta para o remozado filial do Fisober e facíao fronte a outro filial o dun equipo de Prata do Viaxes Amarelle un conxunto con moita máis experiencia e dos favoritos o título o cal gañou con comodidade.
Tocaba unha maña de moita defensa para as do filial do Fisober e tentar roubar para saír a contra. E con esa filosofía comenzou o partido , un roubo de Iria quen pasaba para a capitana visitante María a cal se atopaba ca parada de Anabel.
Pero os tres minutos xa chegou o primeiro gol das locais por obra de Peke. Un Amarelle que non deixou de poñer a proba a unha inspiradísima Martina na portería visitante que a pesares da derrota fixo un auténtico partidazo.
Así o fixo ante a local María ata en tres ocasións e ante Yeye noutras tantas . Pero Martina non podía paralo todo e unha combinación entre Cruz e María rematou co gol desta última e co 2 a 0 no electrónico os doce minutos de partido. O Amarelle seguíu a súa e Martina tamén, xa que freaba por dúas veces a Cruz. Logo era Regi a que mandaba o pau.
Aos quince minutos chegaba o terceiro gol local , despois dun tiro de Cruz. E solo un minuto despois o cuarto por mediación de Regi.
Tentaba desperezarse o filial do Fisober de vez en cando por medio de Inés, María ou Laura. Pero a tres para o fin foi Uxía quen dende a frontal facía o quinto. Aínda así Martina seguía o seu.
A segunda metade nacía co mesmo guión, ataque local e tentar pescar algo para as visitantes. De novo Martina seguía a ser un pesadelo para as locais xa que nin Cruz ata en tres ocasións, nin María en dúas conseguiron aumentar as diferenzas. Seguían tentando as visitantes reducir distanzas por mediación de Iria, María, Inés ou mesmo Laura.
Mediada esta segunda metade Martina deixaba o seu lugar na portería a Catti para que tamén puidera disfrutar do partido e aínda tivo tempo de facer algunha que outra intervención.
E os catorce minutos unha combinación entre as visitantes María e Laura a piques estivo de convertirse nun merecido gol para as visitantes.
Dezaseis minutos aguantaron nesta segunda metade sin recibir un gol as visitantes ata que Yeye facía o sexto a pase de Cruz.
Despois Catti paraba sendos lanzamentos de Yeye e Cruz. Ata que no 21 desta segunda metade Cruz facía o 7 a 0 e a dous para o fin foi Peke quen pechaba o electrónico co 8 a 0.
Vindeira xornada
No próximo partido, o A.D. Vila de Pondal-Concello de Ponteceso F.S.F desprázase a Abegondo para xogar o partido correspondente á xornada 10, aprazado no seu día, o cal celebrarase o vindeiro sábado 21 de xaneiro ás 17:00 no Pavillón de San Marcos en Abegondo, contra o C.D Mabegondo.
Máis información
- Resultados da Autonómica Femenina.
- Clasificación da Autonómica Feminina.
- Resultados da Liga Provincial.
- Clasificación da Liga Provincial.
Crónicas da campaña 2011-2012
- O Fisober, campión de inverno da Liga Autonómica.
- O Fisober remata o ano líder da Liga Autonómica mentres en Camariñas se volca co FS.
- Ponte de derbis no fútbol sala costeiro.
- Unha primeira metade para esquecer rompe a racha do Fisober.
- O Fisober xa é líder en solitario tras unha remontada de cine.
- O Fisober segue facendo historia na Liga Autonómica.
- O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica.
- O Fisober no máis alto da Liga Autonómica.
- Un gol de Barca e a gran actuación de Eva na portería bastaron para superar ao Sada.
- Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa.
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
- Un novo reto para o Fisober.
- O Fisober busca novas xogadoras para ampliar a familia.
- Cee prepara os deportes de inverno e a Liga de Fútbol Sala.
Máis novas do Fisober
- O Fisober pecha a súa primeira tempada na Liga Autonómica nun meritorio 6º posto.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..