Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Río Xallas volveu convertir Dumbría nun referente internacional da pesca sen morte

O Río Xallas volveu convertir Dumbría nun referente internacional da pesca sen morte
Open de Pesca sen morte no Rio Xallas 2015

Impresionante o acontecido esta fin de semana na ribeira do Río Xallas. O máis granado da pesca sen morte internacional achegouse á Dumbría, que se afianza como referencia, tamén, no mundo da pesca con este Open Internacional do Río Xallas.

Os medio centenar de pescadores chegados de todo o mundo en Dumbria

Na súa 6ª edición, o Club Salmo co apoio do Concello de Dumbría, artellou esta proba xa convertida nun dos eventos deportivos con máis prestixio a nivel inernacional, e así o demostra que as 34 prazas habilitadas para outras tantas parellas foron completadas de contado.

Foron 4 mangas no coto de pesca sen morte de Xallas-Beba, na modalidade de mosca con cola de rata. O compañerismo e o respecto pola natureza son básicos neste deporte, convertindo ademais a Costa da Morte nun referente mundial.

Open de Pesca sen morte no Rio Xallas 2015 Open de Pesca sen morte no Rio Xallas 2015 Open de Pesca sen morte no Rio Xallas 2015

A maior peza, de 47,8 cm foi collida por Miguel Montoto. Os gañadores Josu e Ánder Pérez pescaron o maios número de pezas por parella con 68 capturas, mentres que o campión individual foi David Arcay con 41.
Estas foron as parellas que completaron o podio, pero xa poden ver todas asClasificacións do Open de Pesca Río Xallas 2015.

Campions do Open de Pesca Xallas 2015-Josu Perez e Ander Perez entrega Marga Fernandez Subcampions do Open de Pesca Xallas 2015- Jose Manuel Socastro e Juan Rodriguez entrega Miguel Seoane Terceiros no OPen de Pesca do Xallas 2015- David Arcay e Jordi Oliveras entrega Jose Mari Navarro

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios