Olimpia xa ten gasoliña para correr
08:00 04/01/13
A nova entidade deportiva de Cee naceu con bos apoios. E así o rubricaron Julio López e Jorge Lariño, responsables da Estación de Servizo Bazarra e do Asociación Deportiva Olimpia, nun convenio que permite á entidade comezar o ano con tranquilidade e cun respaldo económico que permita desenvolver unha gran actividade deportiva.
I é que os pequenos xa estrearon o podio en competición e os adestramentos continúan en marcha con case un cento de rapaces.
Todo gracias á colaboración do Concello e da Estación de Servizo Bazarra, que continúa apostando polo deporte costeiro, ademais de patrocinar o baloncesto do ACB Costa da Morte, o Club Ciclista Cee, e todas as categorías do UC Cee.
Novas relacionadas
- A festa do atletismo de base xuntou a 600 deportistas de toda a zona.
- O Olimpia estreou podio en Negreira.
- Cee xa corre con Olimpia.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).