Os campións costeiros de F8 disfrutaron de fermosas Fases Finais
Non tiveron moita sorte cos resultados pero o que disfrutaron non ten prezo. E precisamente, a estas alturas, os campións costeiros en Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns o que queren é pasalo ben e gozar o deporte. E abofé que o fixeron os Cee Alevín, os Benxamíns do Fisterra e o Cee Prebenxamín, campión empatado co Outes, nas fases galegas.
Ademais, polo Norte, onde aínda quedan 2 xornadas, en Benxamíns o Muxía xa celebrou o título de Liga.
Gran actuación do Cee
O Cee acodía con dous equipos, o Alevín viaxou a Caranza, Ferrol, e o Prebenxamín a Sigüeiro. Non puido estar Nando, a alma máter desta pequerevolución ceense, nos dous partidos, pero quedou encantado con estes dous grupos que fixeron historia xa na capital da Xunqueira, pois é case seguro que ningún equipo das ligas costeiras pasou a fase de Grupo, e si que o fixeron os Alevíns. “O máis importante é que o pasaron pipa, e acabaron que non podía ca alma”, recoñece Nando.
Pero a realidade é que os Alevíns fixeron unha gran fase, cun equipo moi competitivo, e superando a fase de grupos. Gañaron ao Compostela por 4-0, empataron co Bertamiráns a 1 gole e perderon co Dépor por 5-0. Nas semis caeron co Racing de Ferrol nun partido vibrante, que rematou cun apretado 2-1, e no 3º e 4º posto, xa dando minutos aos que menos xogaran, e xa cansos, caeron co Luís Calvo de Carballo por 4-2.
Aí estiveron os Pablo Oreiro, Iago Trillo, Santi Vázquez, Brais Conde, Leandro Coo, Anxo Pose, Dani González, Alejandro Castro, Diego Gómez, Xabi García, Jorge Trillo, Pablo Rey e os benxamíns Antón Pose e Juan Oreiro.
En Prebenxamíns os resultados do equipo en Sigüeiro non foron tan bos, pois caeron 0-2 co Residencia, 0-3 co Orillamar e 0-6 co Victoria, pero o importante é o ben que o pasaron os Gabriel González, Samu Rodeiro, Martín Fontaíña, Ismael Domínguez, Carlos Suárez, Xián Alvárez, Xavi Cives, Mateo Vázquez, Saúl Cives, Carlos Trinidad, Rubén Trillo, Xavier Lago, Anxo Vigo, Álex Muíño, Yzan Caamaño e Samu Sambad.
O Fisterra pasouno de medo
O Fisterra de Marcote acodía como campión Benxamín á fase en Laracha. Empezaron a sesión co Dépor, caendo por un contundente 9-1 ante un equipo doutro nivel. Chegou o Galicia Caranza no segundo partido e os ceenses non encontraron o sitio e acabaron caendo por 3-0. E no terceiro partido competiron ben ante o Bertamiráns pero acabaron caendo por 6-4.
Como dicimos, o importante é que o pasaron en grande os porteiros Damián e Fernando, cos defensas Aarón, Lois, Borja, Ángel, Trillo, Antonio e Senra; os medios Martín, Álex Marcote (o capitán e pichichi), Óscar, Mauro, Noé, Álex e Alejandro, e Guille e Juan.
O Muxía, campión da Liga Benxamín Norte
Aínda quedan dúas ligas comarcais en liza. En Benxamíns Norte o Muxía xa celebrou o título de Liga a falta de 2 xornadas.
Só quedan por cecidir pois os Alevíns, Cabana e Corme teñen aínda dúas xornadas de fermosa pelexa.
Novas relacionadas
Primeiros títulos colleitados
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª.
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).