Os clubs de Muros meten 5 embarcacións na Final do Campionato Galego de Bateis de base

10:33 18/04/18

O Club de Remos Muros conseguiu meter 4 embarcacións para o Campionato Galego de base de Bateis. Algo que non conseguira nunca. O Muros quedaba campión en Alevín Feminino (por diante de Celeiro, Mugardos e Cabo da Cruz), 4º en alevín masculino; 4º en Cadetes masculino, e 2º en Xuvenís masculino (só por detrás de Rianxo).
Pola súa banda, o cadro esteirán metía ao equipo de Xuvenil Feminino na Fase Final do Campionato Galego, pois as bravas remeiras quedaban na 4ª posición na proba de Rianxo.
Agora todas preparan a cita da vindeira fin de semana na Pobra do Caramiñal. Os vindeiros 21 e 22 de abril, a Pobra agarda esta cita senlleira. Está permitido soñar (os tres primeiros de cada categoría irán ao Campionato de España dos 28-29 de abril).

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).