Os pequenos de Corcubión e Fisterra levaron o Torneo de F7 de Cee


Seguen a ser os máis pequenos os protagonistas do deporte no verán. Tras disfrutar co Memorial Andújar dumbriés, esta fin de semana houbo cita en Cee.
Era o III Torneo de Fútbol 7 Cee Verán 2012, organizado polo Concello e polo S.R.D. Unión Club Cee, no que competían, en categorías benxamíns e alevíns, os equipos de Cee, Corcubión, Muxía, Fisterra, Camariñas, Coristanco, Dumbría, Esteirana, Muros, Outes, Cabana e Baio.
O Estadio Municipal de Fútbol "San Paio de Refoxos" de Cee estivo ateigado de pequenos xogadores e familiares desde as 9:00 ás 21:00 horas.
Finalmente os campións foron, en benxamíns, o SD Fisterra, e en alevíns, os da EFB Corcubión. Os fisterráns puideron co Dumbría na final, mentres que os corcubioneses venceron 0-3 aos locais do Cee.
A entrega de premios foi realizada pola Alcaldesa e pola Concelleira de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cee (Zaira Rodríguez e Mª. José Fandiño, respectivamente) e pola Presidenta do Ou.C.Cee Elvira Freire.


Diplomados dumbrieses
E deixamos constancia tamén da emotiva entrega de diplomas aos infantís do CF Dumbría polo ascenso acadado á Liga Galega. Todo un éxito compaxinado co conseguido polos cadetes, que sitúa, por fin, á canteira do Dumbría á altura que merece.

Novas relacionadas
- Máis de 200 pequenos homenaxearon en Dumbría ao gran Andújar.
- Un día para celebrar o poder do fútbol da Costa.
- O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
- Club do Mar: “A Liga da Costa é o noso sitio”.
- Xa está en marcha o novo Xallas de Santa Comba.
- Decisións importantes no #fútboldacosta.
- Novidades no #fútboldacosta: Gala, Soneira, fútbol base, reunión….
- Repasando as propostas para o formato das Ligas Xuvenís.
- Unha fusión, dous finados e outro clube máis no #futboldacosta.
- Novidades importantes arredor do fútbol da Costa.
Máis información
- Os 11 ideais QPC do fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2012 de Afeccionados, Xuvenís e Veteranos.
Máis novas
- Avalancha de torneos: Fútbol praia en Louro e F7 en Carnota.
- Outes tamén ten cita co F7.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Artigos futboleiros
- Un Mar de Paixón: Remexer nos papeis doutros.
- Alberto Pose: Ánimo Cerqueda!.
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).