Os peques das LCFs disputaron a súa gran final


Acollía o pavillón de Muxía esta tarde de venres 21 de febreiro a grandísima final das Ligas Comarcais de Fútbol Sala LCFs, que organiza o Clube Deportivo Costa da Morte. Ambientazo para ver aos peques da bisbarra en acción. Xentes de Fisterra, Camariñas (ambos con dous equipos nas finais), Corcubión, Vimianzo e Dumbría, acodiron ver ás futuras promesas do Fútbol da Costa.
E xa temos campións. Abrían a tarde os Benxamíns, e foi o Concello de Fisterra de Fran que se facía co título ao superar por 7-4 ás Baleas.
Máis apretado foi o choque de infantís. Os pequenos vimianceses dirixidos por Paco superaron ao Concello de Dumbría nun partido tremendamente igualado.
E remataban a faena os infantís, cun partido entre camariñáns e corcubioneses. Os de Carlos facíanse co título.
LCFs, Finais
Benx. | C. Fisterra | 7-4 | As Baleas |
Alev. | EMF. Vimianzo | 2-1 | C. Dumbría |
Inf. | As Baleas | 7-2 | EF. Corcubión |
Novas relacionadas
- Os peques das LCFs chegan ás finais dando todo un espectáculo.
- As LCFs celebrarán as semifinais o 14 de febreiro.
- O peques toman o relevo no Fútbol costeiro.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
Fonte
- Nota do Clube Deportivo Costa da Morte.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).