Luns. 09.09.2024
El tiempo

Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB

Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB
Estrea do equipo Senior do ACB Costa da Morte

Por fin chegou a primeira vitoria da tempada para o ACB Costa da Morte na 4ª División Sénior Masculina. E chegou nun partido igualadísmo ante o Arteixo disputado no pavillón de Brens, que se decidía nos últimos intres e dende a liña dos tiros libres.
Así e todo, o mellor baloncesto da tarde visto en Brens correu a cargo dos Junior do ACB. Os ceenses caeron ante todo un Basket Coruña deixando, iso si, un auténtico partidazo. Para o recordo quedará un tapón espectacular de Adrián contra o taboleiro, que obrigou mesmo a repoñer o lugar da canasta.

Mentres, a Familia carballesa colleitaba 9 vitorias e 2 derrotas, un extraordinario balance da xornada para os equipos do club. Moitas novas destacables, sendo case todas elas positivas. Por fin gañaron os dous equipos de liga galega, tanto os junior de Cotelo como os infantís de Iván lograron sacar os seus partidos adiante, iso si,moitísimo sufrimento, circunstancia que pode ser unha constante esta tempada dada a tremenda igualdade das súas ligas. Tamén vitoria dos dous equipos alevines, os que coordina Diego Riva, con anotacións, por certo, moi altas para a súa categoría. E dentro do ambiente positivo, o debut dos benxamíns e prebenxamíns no municipal da Laracha.

4ª División Sénior Masculina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CB ARTEIXO (44 -41).
  • ACB COSTA DA MORTE: Deril (9), Manu (15, 3 triples), Lucas (3), Tinin (9), Pais (4), Adrián (4), Jose, Diego, Nefri e Cristian.

Primeira vitoria dos ceenses ante todo un Arteixo. Chegaban os costeiros só con unha baixa, a de Sergio por traballo, pois regresaba José trala lesión e debutaba Diego, unha das novas incorporacións.

O partido comezaba lento e trabado, con erros polas dúas partes. Só no segundo cuarto os ceenses conseguían máis acerto e marchaban no marcador cunha pequena vantaxe.
Tralo descanso, o equipo local comezou máis enchufado en defensa, e tras varios roubos de balón e acerto baixo o aro, despegaban cunha boa vantaxe de 8 puntos de cara ao último cuarto. Pero apareceu a clasica “páxara”, que aproveitaron os de Arteixo para meterse de novo no partido e a falta de 3 minutos se colocaban por diante.
Conscientes da situación crítica, os locais recapacitaron, prantaron unha gran defensa e unha boa canasta de Lucas os colocaba de novo por diante. Os de Arteixo xogaron a baza de facer faltas e levar o partido á liña dos tiros libres, pero non contaban co acerto de Tinín, que meteu o tiro libre que daba a tranquilidade e a vitoria aos ceenses.

A vindeira fin de seman atoca ante o Adfro na Coruña.

2ª División Junior Masculina

  • Resultado: C.E. CUME CEE - BASKET CORUÑA (56-66).
  • C.E. CUME CEE: Cristian 16, Adrián 13, Nanto 14, Luciano 6, Cristian Vázquez 5, Diego 2, Xabi.

Saíron algo durmidos os ceenses pero de seguido espertaron, e fixeron un partidazo. Con apenas poucas perdas de balón, cunha gran circulación, unha gran defensa e un gran acerto no tiro, os rapaces de Cee demostraron do que son capaces ante un equipo herculino que nunca lle perdeu a cara ao partido.

Cristian acertaba dende a pintura, Adrián movía o balón con rapidez e Nando, Luciano, Diego e Cristian Vázquez aportaban como nunca se vira, abaixo e lonxe do aro.
O partido rompeuse só a falta de 2 minutos para o final, cando os ceenses acusaron o cansanzo e os coruñeses acertaron dende a liña de 3 e a dos tiros libres.

Outros resultados do ABC

  • 2º División Júnior Femina: CALASANZ – ACB COSTA DA MORTE (41- 24).
  • 2º División Infantil Masculina: BASKET CORUÑA 01 – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (44-38).

2ª División Sénior Masculina

  • Resultado: Sarria - Carballo a un paso (18-68).
  • Marcador por cuartos: 2-19 / 11-42 / 14-54 / 18-68
  • Carballo a un paso: Sergio Tomé 20, Héctor Añón 13, Fran Cristóbal 2, R. Pereira 0, Roi Vega 5, J. Castro 4, J. Fernandez 8, García Argüelles 10, Gómez L. 6.

Gtran vitoria do equipo Senior da Escola Basket Xiria que venceu a domicilio ao Sarria por un resultado de 18 a 68. Gran intensidade defensiva, con bo 1 contra 1 exterior e dominio de rebote defensivo, que permitiu contraataques e transicións. O bo balance defensivo non permitiu que o Sarria anotase canastras fáciles e nunca se baixou a concentración a pesar do abultado resultado.

1ª División Junior Masculino, xornada 4

  • Resultado: CB ARTAI - NOVOBASKET AMARELO (53-49).
  • CB ARTAI (17 10 14 12): Aítor (2), Carlos (4), Marcos (5), Jorge (2), Xabi (19)-cinco inicial-Enrique (11), Estany, Fidi, Manu (4), Dani e Jaime (6).

Visitaba a pista carballesa o equipo de Cholas, o técnico vigués, otrora seleccionador nacional feminino, con todo o que conlleva cos equipos que manda: intensidade defensiva, máxima concentración e mínimos erros. Para os dous equipos, para os locais de Cotelo e para os vigueses era un partido marcdo con vermello no calendario, pois para os dous era fundamental a vitoria. Esta quedouse en Carballo, a primeira da tempada, moi sufrida e gañada grazas a un gran terceiro cuarto dos artaicos quen foron capaces de poñer unha “marcha” máis ao partido para lograr a vitoria que se tivo que suar ata o último minuto de partido.

2ª División Junior Masculino, xornada 5

Junior do Carballo a un paso
  • Resultado: EB XIRIA - CB CAMBRE (75-24).
  • PARCIAIS: 18-2; 32-8; 60-13; 75-24.
  • CB ARTAI ( 18 14 28 15): Diego (13), Antonio (4), Juan (5), Xoel (17), Mario (4)-cinco inicial-Fran, Alberto (4), Javi (10), Sergio (2), Marcos (4) ,Iván (2) e Andrés (10).
  • Partido correspondente á quinta xornada de liga e xogado no pabellón Bergantiños. Nova vitoria dos carballeses, a cuarta noutros tantos partidos e nuevamente de forma clara. Os de Moreira e Jordi mantéñense invictos no que vai de competición e ademais gañan todos os seus duelos de forma clara. Pouca historia tivo un partido onde o rival non puido dispoñer dos seus mellores xogadores, convocados polo equipo de liga galega. O primeiro parcial, 18 á 2, para os locais e iso que fallaron nove tiros libres, deixaba de forma nítida o partido decantado para os carballeses. O máis positivo, a reaparición de Marcos, afastado das pistas as últimas xornada pola súa lesión nun tobillo e a ampla rotación pois os doce xogadores dispuxeron de minutos.

    Cadete Liga Galega

    • Resultado: Carballo a un Paso – Seis do Nadal (60-52).
    • Carballo a un paso: Cristian(10), Fidalgo(2),Martin (6), Pablo(17),Anxo(12),,Adrian(2),Melini(13), J. Souto (2), Luciano (2), J.Lopez (2)
    Bo partido de baloncesto o disputado na mañá do sabado no pabellon carballes. Os vigueses salian moi metidos no partido e pronto se ponian con vantaxe de 9-2 o que obrigaba a Arturo a pedir un tempo morto no minuto 3, o que surtia efecto, espoleaba aos nosos e lograban igualar o partido a 16 puntos ao finalizar o primeiro cuarto. Comezaba o segundo cuarto coas mesmas sensacións que acabase o rimero e os de Carballo se ponian por diante no marcador, empezaban a dominar o partido, e obrigaban aos vigueses a refuxiarse nunha zona , da que xa non saldrian ata o ultimo cuarto. Aínda asi, as canastras en transicion e unha boa defensa, nos permitia alcanzar o descanso con 3 puntos de vantaxe. No terceiro cuarto, o acerto no tiro exterior e o dominio de rebote, compensaban as perdidas de balon e o baixo acerto nos tiros libres, como para alcanzar unha maxima vantaxe de 7 puntos ao finalizar o periodo. Chegaba asi o partido aberto ao ultimo cuarto, onde a gran defensa local bastaba para controlar a distancia no marcador, e onde malia algunhas perdidas infantís, os xogadores de Carballo foron o suficiente tranquilos como para non descentrarse e gañar asi un partido moi disputado por dous bos equipos e alcanzar a terceira vitoria consecutiva.

    2ª División Cadete Masculino, xornada 4

    Cadete masculino do Artai
    • Resultado: CB ARTAI - MARISTAS (72-37).
    • Parciais: 18-7; 21-16; 22-7; 21-17.
    • CB ARTAI (18 21 22 21): Pablo Belo (6) Nión (2), Jota (12), Pozas (8), Santi (2), Anxo (8), Adrián (3), Javi López (6), Luciano (2), Santi Rei (2), Pablo Sueiro (5), Lois (6) e Javier Souto (10)

    Partido disputado na mañá do sábado no pabellón da Zona Escolar de Carballo, con certo atraso polo temporal, pois durante uns minutos o partido estivo parado por un pequeno corte de luz. Terceira vitoria para os xogadores de Javi Varela, plenamente recuperados tralo traspiés da segunda xornada. O técnico carballés deu minutos aos doce xogadores convocados e a totalidade do persoal mostrou un gran traballo de conxunto, con moi boa actitude tanto en ataque como en defensa. Desde o primeiro minuto os carballeses foron a por o partido, cun moi bo traballo defensivo por parte de todos os xogadores. A ampla rotación do banquiño permitíalles manter a intensidade.

    2ª División Cadete Feminino, xornada 4

    Cadete feminino do Artai
    • Resultado: CB ARTAI - BASKET CORUÑA (42-49).
    • PARCIAIS: 11-15 8-10 10-9 13-15.
    • CB ARTAI: Nuri (7), Emma (9), Sabela (2), Sara, Paula (12), Emi, Maria, Sarita (10), Celia e Cayetana (2).

    Non foi o mellor partido das locais, que saíron aflixidas pola superioridade física das coruñesas e en ningún momento do partido fixeron o seu xogo. Non axudou a dirección do adestrador local, máis pendente de recriminar as accións de xogo erróneas ás súas xogadoras que de buscar solucións. Entre gritos e espaventos as xogadoras colegiales só se puxeron máis nerviosas, afastando a súa actitude ás do cole da reacción. Durante o primeiro cuarto o partido foi totalmente laranxa, chegando nos primeiros minutos a ser o parcial de 2-14. Un parcial final a favor das do cole deixo este cuarto 11-15. No segundo igualouse a historia, coas do cole mellor en defensa ás coruñesas custáballes meter canastra, pero a súa superioridade no rebote facíalles ter segundas e terceiras oportunidades; con 8-10 acabou este parcial.

    Á volta de vestuarios, máis do mesmo, a intensidade defensiva mantiña ás azuis no partido, aínda que o medo ao tapón e á perda de balón en ataque provocaba poucos pases e malas finalizaciones. Aínda así as do colexio recortaban un punto neste cuarto e chegaban con opcións ao final.
    E último cuarto no que o cansazo e a exclusión de Emma deixaron en anécdota unha primeira reacción das artaicas que as poñía a tres puntos. 42-49 acababa o partido, que como lectura positiva ten que xogando mal e coa baixa de Lola, as do colexio estiveron aí ata o final.

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios