Luns. 18.11.2019
El tiempo

Os Veteranos empezan a tempada coa Supercopa

Os Veteranos empezan a tempada coa Supercopa
Supercopa Veteranos Costa

Este domingo comeza a rodar o balón para os Veteranos do Fútbol da Costa. Faino no Pinguel coa III Supercopa, unha xornada completa de auténtico fútbol veterano para abrir boca. No campo pontecesán enfrontaranse os 4 mellores equipos do ano pasado nas dúas ligas e na Copa.

Abrirá o telón o choque de segundas, o Porteño, campión da 2ª, ante o Club do Mar, 2º clasificado da 2ª e tamén ascendido, pero ademais finalista da Copa. Ás 12:00h, o gran choque entre os dous protagonistas do ano pasado, o At. Milagrosa como campión ligueiro, contra o campión de Copa, o Soneira. Fagan as súas apostas para ver que toma o relevo do actual campión desta competición, o Coristanco.

Unhas Ligas moi bergantiñás

E xa temos repasados os calendarios das Ligas de Veteranos en www.futboldacosta.com. Despois de varios cambios, o vindeiro 25 de setembro saltarán aos campos os 30 equipos que forman estas dúas categorías, con sona en toda a provincia.

Xa nos chamou a atención a nutrida presencia de equipos malpicáns, pero é que falamos dunhas ligas tremendamente bergantiñás. Máis do 60% dos 30 equipos son de Bergantiños. De feito, na 2ª, son todos de Bergantiños menos Baio, VImianzo e o novo Fisterra.

 

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información en www.futboldacosta.com

Máis información

Fonte

Comentarios