Os Xuvenís do Volei Dumbría alónxanse do Campionato Galego

Despois de que os cadetes de Voleibol Dumbría aseguraran a súa participación no Campionato Galego, parecía o momento do equipo xuvenil para facer o propio ante un rival directo coma o Emeve de Lugo. Pero o equipo dumbriés non soubo competir e foi superado claramente polos lucenses por un claro 3-0 (25-13, 25-16, 25-21). Os erros na recepción non permitiron atacar con solvencia e pola contra o saque dos de Dumbría non facia dano e o equipo de Emeve aproveitou para atacar con claridade.
Con este resultado as opcións de clasificarse redúcense a facer 5 sets en dous encontros que faltan ante rivais complicados coma Boiro e Ourense.

Pero non foi a única mala nova desta pasada e desastrosa xornada. Derrota tamén dos cadetes en Lugo por 3-0 (25-23 / 25-22 / 25-15) nun partido no que os do Voleibol Dumbría no intercambio de puntos no conseguiron imponerse moi lastrados pola mala recepción que tiveron todo o partido.

Para completar a xornada, derrotas tamén das cadetes e infantís ante CV Ribeira Sacra de Monforte por 3-0 (con partciais de 25-10 / 25-5 / 25-15 e 25-5 / 25-7 / 25-10, respectivamente).

Completa fin de semana

Esta fin de semana largo o voleibol aproveita para adiantar partidos nunha intensa xornada, con derbi ante o Xiria incluído:

  • Venres 20:
    - En Bertamiráns: 12:00h - Cadete feminino: Ies Ames-Voleibol Dumbría.
    - En Boiro: 16:00h - Cadete masculino: Boiro - Voleibol Dumbría.
    - En Boiro: 17:30h - Xuvenil masculino: Boiro - Voleibol Dumbría.
    - En Boiro: 19:00h - 2º Senior masculino: Boiro - Voleibol Dumbría.
  • Sábado: En Carballo: 19:00h - 2º Senior masculino: Xiria - Voleibol Dumbría.
  • Domingo: En Dumbría: 11:00h - Cadete feminino: Voleibol Dumbría - CV Ourense.
    - En Dumbría: 12:30h - Infantil feminino: Manuela Rial - CV Ourense.
    - En Boiro: 13:00h - Infantil masculino: Boiro - Manuela Dumbría.

Crónicas da temporada

Fonte

  • Volei Dumbría.