Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Un Campionato de España moi real para os 5 xogadores do Volei Dumbría

Un Campionato de España moi real para os 5 xogadores do Volei Dumbría
Unai e Manuel Marcote coa Princesa Letizia

Ás veces o deporte abre portas que un nunca imaxinaria. E non creo que perdan o sono por esto os rapaces, pero coñecer de primeira man a unha Princesa non acontece todos os días.

Este mércores día 24 deron comezo os Campionatos de España de Voleibol de Seleccións Autonómicas, que se están celebrando en Valladolid e que finalizarán o domingo día 27. E os nosos 5 integrantes están disfrutando moito da experiencia ata o punto de codearse coa realeza. De feito, a pasada de xoves a Princesa Doña Leticia, madrina do Campionato, acudiu ao pabellón a ver os partidos e compartiu mesa á hora da comida cos capitáns de todas as Seleccións Autonómicas e alí acudiron dous dos nosos xogadores: Unai Larrañaga do colexio Manuela Rial capitán da Selección Infantil e Manuel Marcote do Voleibol Dumbría como capitán da Selección Cadete.

Así, as cousas non poden ir mellor para os nosos 5 xogadores que foron convocados coa Selección Galega.
Na categoría cadete, na que Manuel Marcote, David Redonda e Marco Lado xogan no sexteto titular e na que Gabriel Trillo tamén gozou de minutos de xogo gañaron 3-0 esta mañá aos anfitriones de Castilla León e esta tarde a Madrid por 3-1.
Na categoría infantil onde Unai Larrañaga tamén é titular venceron a un dos favoritos ao título, a Seleccción de Cataluña remontando un 0-2 adverso para impoñerse por 3-2.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios