Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A gripe pode cos cadetes do Volei Dumbría

A gripe pode cos cadetes do Volei Dumbría
Cadetes do Voley Dumbria

Mala xornada para os equipos masculinos do Volei Dumbría na súa viaxe a San Sadurniño.

O equipo cadete perdía 3-2 (25-15/26-28/17-25/25-18/15-13) na casa do Intasa de San Sadurniño. O equipo dumbriés so pudo desplazar a 4 cadetes para disputar o partido xa que a plana maior do equipo e os seus homes máis destacados tiveron que quedar na cama por mor da gripe e tiveron que completar o equipo con 2 infantís para xuntar 6. Destacar a actuación de Samuel Sambade, que pese a estar con fiebre foi quen de botarse o equipo as espaldas e rendir a un gran nivel. A parte positiva foi o gran número de minutos que tiveron que xogar os xogadores novos do equipo que seguro que lle han a servir para vindeiras citas.

O equipo xuvenil tamén notou as baixas de varios xogadores pero foi quen de impoñerse 1-3 (13-25/27-25/12-25/17-25) na casa do Intasa. O partido non tivo moita historia e só no segundo set, por un exceso de confianza, o equipo local foi quen de poñer en apuros os xogadores da Costa da Morte.

Vindeira xornada

O vindeiro sábado día 31, o Volei Dumbría desprazarase a Lugo para disputar os seguintes encontros:

  • 11:30h: 2ª división: Emevé - Volei Dumbría.
  • 11:30h: Liga Galega Infantil Masculino: Emevé - Manuela Rial Mouzo.
  • 13:00h: Liga Galega Infantil Femenino: Emevé - Manuela Rial Mouzo.
  • 13:00h: Liga Galega Cadete Femenino: Emevé - Volei Dumbría.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios