A Selección Galega de Volei, no Conco e con acento costeiro


De noraboa está a familia do Volei Dumbría. Se ben o balance da fin de semana non foi o mellor (2 vitorias e 4 derrotas), si cómpre destacar que esta vindeira fin de semana as Seleccións Galegas masculinas de infantil e cadete concéntranse en Dumbría. Serán 3 dúas no Conco, de domingo a martes de entroido, e no que estarán os cadetes Marco Lado e Unai Larrañaga e o infantil Xabier Larrañaga (na foto os xogadores nº 1, 8 e 15). Unha Selección que nos últimos tempos sempre fala acento costeiro.
Esta selección prepara o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputará en Valladolid do 8 o 12 de Abril.
Xuvenil masculino
- Resultado: Voleibol Dumbría - Calasancias (3-2).
- Parciais: (22-25, 17-25, 25-20, 25-23, 16-14).
Partido axustado marcado pola ausencia do central Javier Domínguez que o equipo dumbriés empezou por detras no marcador nos primeiros sets, pero uns cambios nas posicións dos xogadores por parte do adestrador propicio unha reacción do equipo que deu lugar a remontar o partido aínda que con sofremento.
Cadete masculino
- Resultado: Voleibol Dumbría - Calasancias 3-0.
- Parciais: (25-22, 25-12, 25-16)
itoria dos cadetes ante un equipo coruñés bo defensivamente pero limitado no ataque que o equipo dumbriés fixo valer a súa superioridade na rede.
Cadete femenino
- Resultado: Voleibol Dumbría - Calasancias 0-3.
- Parciais: (10-25, 9-25, 18-25).
Mal partido das cadetes que non superaron o saque das coruñesas e non puderon loitar e ningún momento polo partido.
Cadete femenino
- Resultado: Voleibol Dumbría - CV Pontevedra 0-3 .
- Parciais: (21-25, 10-25, 23-25).
Máis entonadas afrontaron este partido aprazado pero sen chegar a ganar un set que permitiría que entraran no partido.
Infantil femenino
- Resultado: Manuela Rial - Calasancias 0-3.
- Parciais: (20-25, 18-25, 14-25).
Melloria das infantís no xogo pero aínda queda bastante para disputar os encontros.
Infantil masculino
- Resultado: Manuela Rial - Calasancias 0-3.
- Parciais: (12-25, 17-25, 19-25).
Progresión tamén dos infantís, pero lonxe de poñer en apuros os coruñeses.
Vindeira xornada
Este sábado as chicas desprázanse a Cambados no seguinte horario:
- Infantil femenino ás 11:30h: Cambados - Manuela Rial.
- Cadete femenino ás 13:00h: Cambados - Voleibol Dumbría.
Crónicas da temporada
- Os Sénior do Volei Dumbría volveron de Lugo cunha vitoria ante un histórico.
- A gripe pode cos cadetes do Volei Dumbría.
- Os Sénior e os Cadetes manteñen o ritmo do Volei Dumbría.
- Os cadetes do Volei Dumbría seguen na loita.
- Os cadetes do Volei Dumbría seguen competindo cos mellores da Liga Galega.
- Mala xornada para os equipos femeninos do Volei Dumbría.
- A baixa de Manuel Marcote mingua o poderío do Volei Dumbría.
- Xornada curta e mala para o Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría tamén saben perder.
- 4 vitorias claras e unha derrota disputada para a familia do Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría estréanse en casa con vitoria.
- O Volei Dumbría segue sumando vitorias.
- Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría.
- Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría.
- O Volei Dumbría estrea equipo Sénior.
- Un internacional e un título autonómico para a familia do Volei Dumbría.
- A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
- O equipo sub-17 do Volei Dumbría vence a 2ª proba do Campionato Galego.
- O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España.
- Un bronce con acento costeiro no Campionato de España de Seleccións de Voleibol.
- Un Campionato de España moi real para os 5 xogadores do Volei Dumbría.
Novas relacionadas
Fonte
- Volei Dumbría.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).