Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pequenos diplomados na Escola Municipal de Vela de Corcubión

Pequenos diplomados na Escola Municipal de Vela de Corcubión

Xa vai un ano dende a súa innovadora creación como a única Escola Municipal A Vela do país. O Clube Marítimo Carrumeiro e o Concello de Corcubión valoran como un rotundo éxito este ano de traballo, no que 14 cativos puideron achegarse ao mar dun xeito deportivo e san.

E o clube corcubionés pecha o ano coa entrega de diplomas. Así, o pasado mércores 28 de decembro 2011 o Carrumeiro acollía o acto de entrega de Diplomas do Curso de Iniciación a Vela aos participantes no devandito programa "Escola Municipal a Vela Concello de Corcubión 2011". Un acto que chegaba pasado por auga pois os mozos navegantes puideron disfrutar dunha xornada intensiva de 7 horas de 11:00h a 18:00h

I é que foi un ano completo, cunha sesión de mar semanal para os 14 balandristas de idades comprendidas entre 6 a 11 anos.

Con todo, cómpre deixar claro que isto non é unha despedida, senón o fin da etapa 2011. Pero o ano que vén máis, pois xa está en marcha a campaña da Escola Municipal a Vela Concello de Corcubión 2012 que inicia a súa actividade en xaneiro con veteranos e noveis navegantes.

Novas relacionadas

Máis novas acuáticas

Fonte

  • Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.

Comentarios