Martes. 08.10.2024
El tiempo

Pouca sorte para os piragüistas dumbrieses en Orthez

Pouca sorte para os piragüistas dumbrieses en Orthez
Iago Canosa an Orthez

Unha Copa de España volvía a Orthez despois de catro anos. A vila francesa tiña moita tradición na Copa de España de Slalom, pois é onde o Atletico San Sebastián organizaba as súas competicións. Este ano despois dese paréntesis regresaba a Copa de España a canle vasco-francesa, e o retorno non foi moi positivo para o CDM Piragüismo Dumbría, onde só dous palistas alcanzaron as semifinais, Kiara Martínez e Iago Canosa. O positivo foi que os dous conseguiron colarse nas súas respectivas finais, finalizando Iago nun 7º posto que sabe a pouco, e Kiara nun 6º que sabe a muito.

Kiara Martinez en Orthez

O resto da expedición non tivo o seu día, empezando por Antía Loira, que o engancharse no primeiro salto, volcou e se saltou dúas portas sin posibilidade de remontar. Situación parecida lle pasou na canoa, quedandose fora nas primeiras de cambio. Aarón Rey moi penalizado polas alerxias típicas desta época do ano, e Javier Trigo non foron quen de pasar o corte de preliminares, como xa conseguiran facer en Mondariz. Posiblemente a alta afluencia de deportistas vascos encareceu muito o paso de ronda.

Por último hai que destacar o traballo de Jorge Quintáns, que acudíu a proba para aprender, fora de competición, pero que xa está chamando a atención dos principais técnicos do slalom nacional, impondose entre os abridores.

Aqui vos deixamos o enlace os resultados da competición, onde o CDM Piragüismo Dumbría so puido ser 11º.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios