Preferente: 2 vitorias e unha derrota con boas sensacións
Non foi de mala a xornada para os nosos na Preferente. I é que ademais das dúas e importantes vitorias do Dumbría e do XSC, o Soneira caía, pero o facía pola mínima ante o líder e deixando boas sensacións.
Sada - Dumbría (0-1)
- DUMBRÍA: Julián, Rivi (Cote, min.60), Óscar, Aarón Fdez., Pablo Conde (Jose, min.77), Aarón López, Doro (Luisito, min.76), Jota, Adrián Nieto (David, min.85), Iago e Pablo Muíño (Jesús, min.62).
- Gol: 0-1, min.4: Adrián Nieto.
- Expulsión: Un xogador local no min.2.
Vitorión do Dumbría que se afianza na 4º praza de promoción, deixando atrás ademais a un rival directo. Un choque que case se decidía nos 5 primeiros minutos, nos que o colexiado expulsaba a un xogador local e nos que Adrián Nieto adiantaba aos dumbrieses. Quedaban moitos minutos pero a cousa pintaba ben para os de Canosa. Na primeira, moito control no medio campo e poucas chegadas ás áreas, e se na segunda o Sada intentou vir arriba, pero as contras do Dumbría puideron sentenciar antes.
Bergantiños - Soneira (1-0)
- SONEIRA: Víctor, Chans, Maikel, Sito, Pichi, Quilmes, Fran de Urroa, Riki (Figueroa, min.83), Basti (Mayor, min.75), Javi e Leo.
- Gol: 1-0, min.60: Roberto Piñeiro de cabeza a centro de Alexandre tras un tiro ao pau do propio Piñeiro.
Fantástica a actitude do Soneira de José Ángel ante o líder indiscutible da categoría. Nun campo impracticable, o Soneira aguantou ao cadro carballés nunha primeira metade na que non houbo demasiadas ocasións. A actitude dos soneiráns, a pesar das baixas que ata facían que no banco houbese algún tocado, era moi positiva e dende logo non parecía que se trataba do pechacancelas, e si semellaba que podía levar algo positivo das Eiroas.
Arrincaba a segunda metade e de contado o cadro local notaba a saída de Roberto Piñeiro. Un tiro ao pau e un penalti que paraba Víctor precederon ao tanto local, no que Piñeiro foi o protagonista. Demasiado custa arriba para un Soneira con tantas baixas, pero que deixa unha sensación boa no novo míster.
Xallas StComba - San Tirso (2-0)
- XSC: Diego, Cristian, Rubio, Héctor, Alfonso, César (Dani M., min.88), Marcos, Mario (Toño, min.84), Richi (Diego Maneiro, min.89), Jesús e Darío (Jonathan, min.80).
- Goles: 1-0, min.5: Mario; 2-0, min.25: Alfonso.
Gran partido do equipo de Julio Martínez que dominou o partido e non viu en perigo a vitoria en ningún momento. Xa Mario marcaba moi pronto para os locais e Alfonso facía o segundo no ecuadro da primeira metade. Pero non baixou o ritmo e seguiu dominando e mesmo puido ampliar a renda pero Darío, que foi dos máis activos arriba, non estivo acertado cara gol.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- Rial Clube de Fútbol: Un equipo con sabor costeiro.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).