Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: Coa salvación na man

Preferente: Coa salvación na man

Seguen Xallas e Soneira mirando cara abaixo e sen sentenciar a permanencia. Os xalleiros caían en Dumbría nun apretado derbi comarcal mentres que Soneira tivo a tranquilidade na man durante moitos minutos, pero un par de erros de concentración permitiron que o Chantada dese a volta ao marcador e volve meter aos de Miguel en apuros.
Ademais, o Santa Comba xa sen intensidade pois nin a 3ª nin a 4ª praza darán opción ao ascenso, deixouse levar e acabou empatando co Santiago.

Dumbría - Xallas (1-0)

  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Ismael, Iván, Suso, Aarón Fdez., Aarón López, Schuster (Iago, min.55), Luisete, Luisito (Tantán, min.73), Leo (Cacho, min.70), Eloy (Riki, min.75).
  • XALLAS: Cheli, Isma, Alemán, Rubio (Luís Castro, min.46), Becerra, Ricardo, Rubén Forján, Alexandre, Luís (Nacho, min.85), Toni (Oscar,m in.70), Sebas (Pío, min.55).
  • Gol: 1-0, min.20: Luisete a pase de Leo.

Partido igualado, sen dominador claro, e sen moitas ocasións, no que o Dumbría aproveitou a súa, cunha boa contra levada por Leo que cedeu para que Luisete machacase o partido. O Xallas non acertou as súas, sendo a máis clara unha de Luís que petou no pao.

Así e todo o Dumbría non sufríu demasiado, pois mantivo ben armadas as súas liñas defensivas. Iso si, os verdes protestaron un penalti a Toni na primeira metade e un gol anulado a Nacho no desconto por unha suposta falta da dianteira xalleira.

O Dumbría suma así 3 puntos importantes que lle permite esquecerse de problemas, deixando ao Xallas aínda con incertidume polo efecto cascada.

Chantada - Soneira (3-2)

  • SONEIRA: Durán, Pichi (Darío, min.78), Ferreiro, Vecino, Pablo, Santi, Andrés, Michel (Mauro, min.80), Brais, Javi (Iago, min.67), Vía.
  • Goles: 0-1, min.29: Vía; 1-1, min.74; 2-1, min.75; 3-1, min.88; 3-2, min.90: Mauro.

A piques estivo o Soneira de certificar a súa permanencia, e rematou caendo inxunstamente un partido que foi gañando durante máis de unha hora e coa salvación case na man. E nun minuto deron a volta os locais. Corría o min.74 cando de contado, e con vantaxe polo gol de Vía na primeira metade, dúas xogadas illadas, permitiron que os locais desen a volta ao marcador. Antes o Soneira tivo moitas ocasións co 0-1 para sentenciar, como dúas de Vía, unha ao pao e outra dende o punto de penalti arriba, ou outras días de Brais e Javi.

Pero o Chantada estivo moi acertado, e de 3 tiros asinou 3 goles que mataron ao Soneira. Así e todo tivo arrestos para intentar acadar o empate. Mauro recurtaba xa co tempo cumplido, e pasados 3 dos 90, Durán subíu nun córner dende a portería e a piques estivo de asinar un empate que valería moito.

Santa Comba - S.de Compostela (1-1)

  • SANTA COMBA: Pablo, Chinda (Darío, min.65), Oscar, Roberto, Gonzalo (David, min.75), Jota, Doro, Mon (José Ángel, min,63), Noli, Julián, Pabo Baña.
  • Goles: 0-1, min.38; 1-1, min.62: Doro.

"Agora xa son amistosos", entenden dende Santa Comba, unha vez que os 3º e 4º posto non valen xa para o ascenso. A normal falta de intensidade permite, iso si, que os laranxas practiquen un "tiquitaca" de calidade, ás veces, iso si, excesivo. Así, onte os laranxas puideron levar o partido, pero faltou esa maldade doutros encontros e houbo moitas xogadas que morreron dentro da área por mor de non chutar a gol.

Os de Gelcho fixeron bo fútbol por momentos, pero tamén desaparecían ante un equipo santiagués moi ben armado atrás pero sen perigo arriba, e que contou ademais co porteiro Ríos, que fixo un partidazo parando as opcións máis claras de Doro, Pablo Baña e José Angel, que fallou dúas para empurrar pero lle caeron á perna mala.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios