Preferente: Novo derbi con táboas
A xornada 27 da Preferente tiña a atención posta nun novo derbi costeiro. O Soneira recibía, máis necesitado, a un Xallas cómodo. E non puido o cadro vimiancés sumar os 3 puntos tras estar toda a segunda metade enriba dos verdes.
Entrementres parece que o Santa Comba volve a retomar a intensidade e o xogo da primeira volta. Os de Gelucho demostraron ante todo un Boiro, 3º clasificado, que aínda contan para entrar na loita pola 3ª praza, que pode que traia premio se non descende o Monteañeros, que parece recuperar a boa liña.
Polo demais, destacar que a derrota do Dumbría en Mugardos faille un fraco favor aos soneiráns, que terán que seguir loitando, entre outros co cadro ferrolán, por evitar o descenso.
Soneira -Xallas (1-1)
- SONEIRA: Durán, Martín, Pablo, Vecino, Ferreiro, Andrés (Brais, min.68), Santi, Quique (Pichi, min.89), Míchel, Iago (Javi, min.75) e Vía.
- XALLAS: Cheli, Isma, Alvaro, Rubén Forján, Iván Forján, Pio (Elvis, min.70), Ricardo, Toni, Luís, Beiro e Brais.
- Goles: 0-1, min.30: Luís; 1-1, min.40: Quique a centro de Míchel.
- Expulsión: O visitante Iván Forján (min.54) por dobre cartón amarelo, o segundo por protestar.
Gal. Mugardos - Dumbría (2-1)
- DUMBRÍA: Juan, Tantán, Isma (Roberto, min.70), Suso, Aarón López, Iago, Aarón Fdez., Schuster (Eloy, min.46), Piri (Iván, min.85), Poyo, Toni (Cacho, min.46).
- Goles: 1-0, min.40; 1-1, min.70: Eloy; 2-1, min.87.
- Expulsión: min.68 un xogador local.
- Lesión: Piri que se lle saíu a clavícula.
Mal partido dos dumbrieses, no que non saíu nada. O choque foi un correcalles continuo, que non beneficiou aos costeiros. O balón marchaba dun lado para outro e os dumbrieses ademais tiveron 2 erros defensivos claves para regalar os puntos.
De feito, o cadro local xogou con 10 toda a segunda metade, e cando o Dumbría estaba mellor, unha vez conseguido o máis importante, empatar, regalou un tanto contra o final. Un empate sería máis xusto pero o Dumbría volve de baleiro de Mugardos.
Santa Comba - Boiro (2-0)
- SANTA COMBA: Diego, Gelo, Agustín (Óscar, min.70), Roberto Amoedo, Gonzalo, Jota, Doro (David Blanco, min.70), Toni, Noli (Colón, min.87), Julián, Orlando (Mon, min.77).
- Goles: 1-0, min.74: Julián de penalti sobre Orlando; 2-0, min.91: David Blanco tras roubar ao porteiro no medio campo.
Volve o cadro laranxa a mirar para arriba, e xa está a 3 puntos do 3º (o propio Boiro) e 4º posto, e se o Monteañeros non descende se cadra aínda valen esas prazas.
Na mesma liña que contra Compos, o cadro laranxa xogou con moita intensidade, pero aínda con dificultade cara gol. Moitas ocasións na primeira metade, con erros de Noli nun man a man ou un remate ao longueiro tras un córner. Toni tamén tivo unha no segundo pao ca porta baleira e mandouna ao lateral da rede.
Tivo que ser de penalti e tras unha boa xogada de Orlando driblando na área, como chegase o gol cando só faltaban 15 minutos para o final. O Boiro apenas apretou nos minutos finais pero a sentencia non chegou ata o desconto cando David Blanco presionou ao meta local, rouboulle un balón fóra da área e marcou.
Nova relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co porteiro fisterrán Joselu.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).