Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría xa sabe gañar

Preferente: O Dumbría xa sabe gañar

4ª xornada da Preferente e a nova máis positiva é a vitoria do Dumbría, a primeira deste ano. Os de Canosa superaron con facilidade ao Foz e o celebraron a mesma noite do sábado cunha cea nun coñecido restaurante corcubionés.
Ademais, os equipos xalleiros continúa na boa liña, seguen invitos e mantéñense na zona alta con 8 puntos. O que non acaba de arrincar é o Soneira, que caía en Narón tras aguantar durante 85 minutos.

Dumbría - Foz (2-0)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño, Isma (Tantán, min.70), Suso, Aarón Fdez., Schuster (Tati, min.80), Aarón López, Luisito (Alberto, min.60), Eloi (Jesús, min.60), Iago e Adrián Mackaay (Cacho, min.65).
  • Goles: 1-0, min.35: Adrián Mackaay, de forte disparo polo pau corto; 2-0, min.85: Alberto, de volea.

Partido dominado polo Dumbría o disputado a tarde do sábado, no cal consigueu a súa primeira vitoria da tempada.
A primeira metade comezou cun Dumbría tentando levar o peso do partido e apostando polo xogo combinativo, pero un Foz moi ben plantado impedía calquer tipo de acercamento a área. A primeira gran ocasión chegou logo dun testarazo de Adrián nunha falta que respondeu o cancerbeiro do Foz cunha boa estirada. Co paso dos minutos comezou a aparecer a figura de Iago, o cal realizou un gran partido servindo de conexión entre o mediocampo e a dianteira, e tras unha boa xogada persoal asisteu a Adrián, que pese a estar algo escorado soltou un latigazo que se colou polo pau corto da portería do conxunto lugués.

Aínda que pouco despois o Foz dispuxo da mellor ocasión de todo o partido para lograr o empate logo dun discutido penalti por un suposto empuxón de Juan a un xogador visitante nun corner. O mesmo Juan atallaría de maneira maxistral o esférico logo de adiviñar a intención do lanzamento.

No segundo acto mantívose o guión cun Dumbría moi sólido atrás, gran partido do incombustible Suso e dos dous Aaróns na contención, e saíndo a contra con moita intención. Mentres o Foz tentaba construir xogadas de ataque pero en ningún momento crearon sensación de perigo sobre a porta local e sempre estivo máis cerca a sentencia que o empate. O equipo local mellorou cos cambios, sobre todo ca entrada de Alberto que fixo moito dano á contra ca súa velocidade e puido pechar o encontro en varias ocasións, a máis clara un balón ao longueiro de Cacho cando tiña toda a portería ao seu favor logo dun pase da morte de Alberto. Pero esta sentencia non chegou ata que faltaban poucos minutos para o final ao anotar Alberto un bo gol de volea nun man a man logo dunha asistencia de Tati.

Narón - Soneira (1-0)

  • Soneira: Fran, Vecino, Manuel (Mayor, min.60), Pablo, Modesto, Santi, Víctor García (Mario Toja, min.65), Fran Urroa (Chans, min.80), Vigo, Kike, Vía Rápida (Iago, min.65).
  • Gol: 1-0, min.85: tras un saque de curruncho.

Un punto que se lle escapou ao equipo de Manolito nos últimos instantes tras ter controlado o choque ao longo de 85 minutos. Pero un despiste na marcaxe nun saque do curruncho a falta de 5 minutos botou por terra o bo traballo realizado en terras ferroláns.

Os soneiráns deixaron o control do partido aos locais, pero as mellores ocasións foron súas, con rápidas xogadas á contra nos pés sobre todo de Kike e Vía Rápida.

Xallas - Viveiro (0-0)

  • Xallas: David, Ismael, Rubio, Becerra, Martín, Brais, Rubén Forján, Álvaro Cancela (Iván Forján, min.46), Adrián Beiroa (Alexandre, min.66), Luís (Toni, min.46), Iván Amor.
  • Expulsión: un xogador viveirense por agresión no min.80.

Bo empate do Xallas ante un equipo moi forte, e que seguramente estará na parte alta, como destaca Iván Cancela. A primeira metade estivo máis controlada polo cadro visitante, pero na segunda mellorou moito o equipo xalleiros. Iso si, non houbo apenas fisuras nas dúas serias e ordenadas defensas ao longo dos 90 minutos.

A igualdade foi total, mesmo no número de xogadas, 3 por equipo. Os xalleiros tiveron boas oportunidades por medio de Adrián Beiroa no min.12, unha de Iván Amor de cabeza no min.69, e un tiro de Toni no min.78 que parou o porteiro.

Xove Lago - Santa Comba (1-1)

  • Santa Comba: Diego, Chinda (José Ángel, min.79), Roberto, Angelo, Gonzalo, Jota, Doro, Toni (Iván Facal, min.46), Noli (Colón, min.59), Julián, Pablo Baña.
  • Goles: 0-1, min.62: Colón raso tras unha xogada por banda; 1-1, min.85.
  • Expulsión: Angelo por doble cartón no min.89.

Non sentenciou o Santa Comba e acabou perdendo 2 puntos. I é que o conxunto xalleiro tiña que ter gañado fácil, pero non estiveron acertados a sentenciar os Noli, Julián, Chinda, na primeira metade, ou José Ángel na segunda. Todos marraron varios mans a man claros.

Pola contra, xa cando o encontro marchaba cara o final, o cadro relaxouse e acabou sufrindo o gol do empate. Ademais, o cadro suma un novo expulsado, e segue rompendo marcas a nivel estatal, con 6 expulsados en 4 partidos.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Gael Denís García Vilar e Martín Guzmán Agra.

Comentarios