Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas de Santa Comba xa é líder

Preferente: O Xallas de Santa Comba xa é líder

Colócase líder o Xallas de Santa Comba de Corredoira trala 3ª xornada demostrando que este ano o novo cadro verde e laranxa vai a por todas. Os xalleiros superaron ao Val en todas as facetas do xogo e acabaron remontando un choque que se puxera costa arriba, e xa están líder sendo o único equipo que non coñece a derrota.

Pola súa parte o Dumbría de López Canosa colleitaba a súa segunda vitoria en Carral cun Pablo Muíño espectacular. Quen non puido sumar foi o Soneira de Felipe Candamo, que mereceu máis en Laracha.

O Val - Xallas de Santa Comba (1-2)

O Xallas de Santa Comba é lider tras vencer en O Val- Foto- Fb do Xallas de Santa Comba
  • XALLAS DE SANTA COMBA: Diego, Chinda (Orlando, min.55), Martín, Guillermo, Pablo Vigo, Jota, Doro, Mon, Pablo Baña (Ismael, min.60), Adrián Beiroa (Noli, min.70), Javi Suárez (David Agra, min.80)
  • Goles: 0-1, min.15; 1-1, min.70: Javi Suárez de penalti; 1-2, min.75: Javi Suárez tras un gran pase de Ismael.
  • Expulsión: dous xogadores locais e o adestrador.

Volveu demostrar este Xallas de Santa Comba que é capaz de remontar resultados adversos, como na primeira xornada, e fóra de casa. Foi un partido bronco e duro ante un conxunto local moi ordenado e cun fútbol directo agresivo. Custou moitro traballo ao cadro de Corredoira, pero foron capaces de impoñer o seu xogo.

Na primeira xa foi mellor o cadro xalleiro pero non se materializaron as ocasións e O Val aproveitou unha das poucas que tivo. Na segunda non fixo un xogo tan bonito o Xallas pero foi máis efectivo. Foi Javi Suárez o que empatou de penalti e o que puxo por diante aos xalleiros a falta de 15 minutos tras un gran pase de Ismael. Xa van 3 goles para o baiés. A partir de aí o equipo estivo local quedou con 10 e o choque quedou máis cómodo e mesmo se puido sentenciar.

Laracha - Soneira (2-1)

  • SONEIRA: Cheli, Pichi (Darío, min.70), Sito, Maikel, Nico, Baba, Mayor /Fran, in.60), Bibi (Óscar de Maema, min.30), Toni, Javi (Michel, min.60), Adrián Mackaay.
  • Goles: 1-0, min.15; 2-0, min.60; 2-1, min.70: Baba.
  • Expulsión: Adrián Mackaay con doble cartón por protestar.
  • Lesión: Bibi cunha torcedura no pé.

Non sumou o Soneira malia que Toni e Adrián Mackaay estveron a piques de empatar no treito final. I é que os de Felipe comezaron mal o choque e viron como o Laracha se puña por diante. Tardou en entrar en xogo este equipo que aínda ten que ir engranando a maquinaria pous a pretemporada con todas as altas foi curta.

Pero na segunda foi superior o cadro soneirán. Baba recurtou e ademais das accións de Toni e Mackaay, que acabou expulsado por protestar, os vimianceses protestaron un posible penalti por mans dentro da área que nin viu o colexiado.

Carral - Dumbría (0-2)

  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Tantán, Pablo Conde, David, Aarón Fdez., Aaron López, Luísito (Cacho, min.75), Jesús (Iago, min.65), Piri, Brais (Tati, min.75), Pablo Muiño (Leo, min.70).
  • Goles: 0-1, min.20: Pablo Muiño a pase de Piri; 0-2, min.55: Pablo Muiño de falta.

Espectacular Pablo Muíño. O de Baíñas bastouse para sentenciar a estrea do novo campo do Carral. O Dumbría sufriu nos comezos do partido, pero pouco a pouco os de Canosa foron sacándose o dominio inicial dos locais. Un bo pase de Piri deixou só ao tanque Pablo Muiño diante do porteiro e non fallou o dumbriés.

Na segunda foi o propio punta o que sentenciou, desta volta cunha falta directa. A partir de aí os locais se viñeron arriba pero a defensa dumbriesa estivo moi segura.

O que tamén saltou ao campo foi o corcubionés Leo, que non puido adicar un gol ao seu recén nado fillo, un seguro puntal do fútbol da Costa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios