Martes. 10.09.2024
El tiempo

Preferente: Santa Comba, a marcha que non para

Preferente: Santa Comba, a marcha que non para
Un novo partido de nota alta deixa ao Xallas máis preto dos postos de ascenso que dos de perigo de descenso; o Soneira actuou como un grande ante o filial do Lugo mentres que aínda lle dura o cabreo ao Sofán tralo derbi de Paiosaco Félix tenta cabecear no área do Paiosaco - Foto: SD Sofán Félix tenta cabecear no área do Paiosaco - Foto: SD Sofán Xallas 2-1 Chantada Doro, outro dos goleadores - Foto: Xallas FC Doro, outro dos goleadores - Foto: Xallas FC Campo: A Fontenla Xallas: Julián; Cristian (Luisito, m.64), Martín Barreiro (Rubio, m.80), Brais López, Brian; Canedo, Fernando; Marcos (Camilo m.77), Doro, Kevin e Róber Pladur (Anxo, m.74) Chantada: Ferre; Álex Ratón, Alberto, Traste, Pulpix; Pablo (Álex Delgado, m. 74), Manuel; Noé (Sergio, m.46), César, Brais (Michi m.64) e Javi Ramos (Kadete, m.64) Árbitro: Enríquez Pereiro (Santiago). Amonestou a Cristian, Canedo, Brais e Martín Barreiro Goles: 1-0, min. 5: Róber Pladur. 2-0, min. 18: Doro. 2-1, min. 93: Pulpix Ata se permite regalar unha parte Vinte minutos de abrumadora superioridade foron suficientes para que o Xallas enlazase o seu segundo triunfo consecutivo, o enmarcase dentro dun mes e medio case perfecto e escalara ata a oitava posición da táboa. Os combeses superaron en case todo a un Chantada sorprendido. Róber Pladur, ao finalizar unha acción colectiva sobresaínte, e un Doro que vai acabar a reserva de calificativos aduladores desta páxina, asinaron os tantos que prácticamente finalizaban co trámite. Ata o intermedio a renta ben pudo ter sido máis ampla. Baixaron os de Iván Cancela na reanudación, na que os lucenses buscaron inquedar e apretar. Afortunadamente, non acertarían ata a prolongación, cunha boísima acción de Pulpix. Soneira 0-0 Polvorín Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo, Rubén Forján, Jota, Brais Mouzo, Oscarín, Darío, Óscar de Maema, Sandelo, Javi, Pichi (De La Sierra m.77), Basti (Iago m.86) Polvorín: Cacharrón, Asier, Rey, Pedro, Óscar, Luis, Fraga (Duque m.57), Marcos (Yeray m.80), Cuadrado, Dani Renda e Palas (Adrián m.66) Árbitro: Rey Molano (Santiago). Como hai que facelo Chegaba o filial do Club Deportivo Lugo a Vimianzo, xusto en plena xeira de mala sorte, polo que o Soneira optou por intentar reducir ao mínimo o perigo de hemorraxia e sentar como premisa e grabarse a lume a resistencia e o oficio. E vaia se o cumpriu. Os costeiros miráronlle á cara a un dos candidatos ao ascenso, que fixo estéril unha maior porcentaxe de posesión e que apenas foi quen de crear oportunidades claras de perigo. Si o fixo, por contra, un Soneira que tivo nas botas de Basti e de Rubén Forján un gol que seguramente tería sido decisivo para os intereses brancos. Foi máis plana unha reanudación na que os de Manolito atoparon máis problemas para saír con perigo e na que os lucenses só asustaron nun gol anulado por clara falta sobre Anxo. Paiosaco 1-0 Sofán O Sofán foi valiente en Paiosaco - Foto: SD Sofán O Sofán foi valiente en Paiosaco - Foto: SD Sofán Campo: A Porta Santa Paiosaco: Dani Moreno, David Castro, Pablo (Ventola m.62), Sergio, Iriso, Javi Fuentes, Iván Amor, Josiño Vázquez (Porti m.78), Bam Bam (Juanma m.65), Tabu (Aythami m.46) e Manjarín (Diego Lois m.74) Sofán: Fedeyo, Iván Rey, Félix (David Maspollet m.65), Sito, Sera, Álex Figueiras, Fabián (Fran m.83), Brais (Raúl m.67), Luis, Iván Rojo (Adrián m.75), Quintela Árbitro: Montoto Taboada (Pontevedra) Goles: 1-0 m.37 Iván Amor Un carballés finiquita o derbi Iván Amor, perla da canteira do Bergantiños hai anos, desequilibrou o derbi entre Paiosaco e Sofán, no que medio milleiro de seareiros de toda a comarca de Bergantiños vibraron cunha tarde de máis emocións que fútbol, e que terminaría salpicada pola polémica arbitral. Como todo bo derbi, o botón da intensidade estaba activado desde o comezo, cando quedou claro que habería moito músculo e pouco fútbol de exhibición. Non sería ata a media hora cando rachase un pouco ese cinto de castidade e se soltasen ofensivamente os dous. Un balón ao pau de Manja e outro sacado na línea de gol por Iriso era o reparto de opcións. E no intercambio de golpes acabou por vencer o equipo local. Josiño sacaba un córner e o carballés Iván Amor remataba impecablemente ao fondo da rede. O novo guión xogou definitivamente a prol do espectáculo, e na segunda metade houbo posibilidades de que sucedese de todo. Raúl tivo dúas clarísimas ante Dani Moreno, mentres que Diego Lois a piques estivo de decidir. E como epílogo de calquera partido entre veciños, a polémica. Pasaban tres minutos do tempo oficial cando David resolvía unha serie de rebotes no área cun tiro que parecía significar o empate para o Sofán. O árbitro concedeu o gol, pero o asistente decidiu invalidalo, nunha acción que aínda merodea os lamentos e as protestas do aire da parroquia de Sofán.

Comentarios