Venres. 29.03.2024
El tiempo

Previa da xornada: Dani Calvete disecciona ó Buño

Previa da xornada: Dani Calvete disecciona ó Buño
Nova xornada ligueira a desta fin de semana longa de ponte da Pilarica, que nos ofrece partidos interesantísimos. Se en xuvenís e infantís xa tivemos xoves partidos, e voltamos a ter sabado e domingo, en Preferente Xallas e Sofán xa adiantaron os seus encontros: o Xallas caeu en Ordenes por 2-1 e o Sofán trouxo unha importante vitoria de Outeiro de Rei, 0-1. O outro representante na categoría, o Dumbría, xoga na Estrada ante o Agrupación Estudiantil, ese equipo fantasma que non se sabe si xa está ascendido a Terceira División nos despachos ou todavía terá que pelexar por non descender a 1ª Galicia. Nesta categoría de 1ª os nosos representantes afrontan citas importantes para ir definindo obxectivos. O San Lorenzo debe vencer ó Riveira en Verdillo para tentar sair dos últimos postos. Pode ser este partido un bo arranque hacia tempos máis optimistas pos de Oscar Suárez. Soneira e Fisterra reciben a Silleda e Unión, pensando en facerse fortes na casa e seguir enganchados nos postos altos. O Baio, o único que viaxa, vai ó difícil campo do Puebla, un bo sitio para que os puñais baieses saquen a velocidade e olfato goleador e traian os puntos. Na Liga da Costa, mais madeira. Está a competición moi interesante, con moita igualdade en todos os ámbitos. O lider Mazaricos recibe ó Lira, e a Esteirana ó Ponteceso, no que podemos tildar de doble partido da xornada. Na 3ª Galicia, o Castriz - Camelle, polo potencial dos equipos, e o Ameixenda - Corcubión, pola rivalidade, parécennos citas para non perderse. De todas maneiras, botade un ollo a www.futboldacosta.com, e elixide o voso campo para ver fútbol, que hai para dar e tomar. Unha das citas interesantes é o Buño - Baíñas. Os de Buño deron a sorpresa en Zas a semana pasada, conquerindo a primeira vitoria do ano. Falamos co seu adestrador, Dani Calvete, que despois de ter conducido ó Xallas xuvenil á promoción de ascenso o ano pasado, esta tempada estréase como adestrador senior na súa casa, Buño. Dani é un dos adestradores mais prometedores dunha nova xeración que creemos vai dar un salto cualitativo ó mundo dos banquiños costeiros. O Buño, un clásico que pelexa con dignidade todos os anos. FOTO DAVID CASTRO. QPC - O domingo pasado lograstes unha sorprendente vitoria en Zas. Como foi o partido? Importantísima, non so polos tres puntos, senón porque a pesar de non xogar excesivamente ben, fixemos un partido moi serio defensivamente, e aproveitamos as ocasións que tivemos para darlle a volta a un partido que se nos puxera costa arriba moi pronto. O Zas tiña baixas importantes. Sumamos tres puntos nun campo que me parece que van sumar poucos equipos QPC - Este domingo recibides ó Baíñas, un equipo que da unha de cal e outra de area... O Baíñas en principio é un equipo que aspira a estar arriba, fichou para iso. De momento está sendo algo irregular, supoño que aínda están encaixando as fichaxes e a idea de Paco, xogamos en pretemporada e a pesar de que tiñan moitas baixas gustáronme moito, espero que estemos coma ata de agora, e poñerllo difícil. Temos que facernos fortes na casa. Seguramente sexa un partido moi igualado, ogallá caia do noso lado. QPC - Despois do arranque de competición, cres que o Buño ten os puntos que merece? Catro puntos, analizando os partidos creo que é xusto, quizais podiamos ter máis, penso que en Outes poidemos sumar, co Puenteceso perdemos por erros propios máis que por merecemento deles, co Corme empatamos pero puido caer para calquera dos dous, en Zas ganamos pero tamén poidemos perder. Estamos sendo moi serios defensivamente, quizais nos falte chegar arriba tanto con presencia como con ocasións, pero estámolas aproveitando ben. QPC - Como anda o teu equipo? Estou moi contento, porque temos un equipo moi compensado, con xente da casa, temos que seguir traballando duro, pero ver adestrar cada día a todos e moi ilusionante, esta todo o mundo super comprometido. Dani Calvete, amor polas cores do Buño, e futuro como adestrador, unha boa mezcla. FOTO DAVID CASTRO. QPC - É o Buño un equipo que loitará un ano mais pola salvación, ou pensades que podedes dar un salto competitivo? A salvación é o noso obxectivo, é a oitava tempada seguida que estamos en segunda, que é a nosa categoría ideal, botamos tempo subindo e baixando a terceira, conseguimos estabilizarnos, espero conseguir a permanencia canto antes e non sufrir tanto como estes anos atrás. A ver se os equipos que están categorías por enriba consiguen manterse nelas e non hai moitos arrastres. Este ano vexo todo moi igualado, pero por desgracia abaixo estaremos os de sempre. QPC - E a loita polo título, como a ves dende a túa experiencia na categoría? Ó inicio de tempada metía a Puenteceso, Corme ou Mazaricos, pero tal como se está a desenrolar a competición, creo que a Esteirana tamén é un candidato a ter en conta. QPC - O ano pasado meteches ó xuvenil do Xallas na Fase de Ascenso, que aprendizaxes obtiveches nestes anos alí? Sempre lle estarei agradecido o Xallas por darme a oportunidad de entrenar, necesitaba entrenar un equipo para consolidar o nivel 2, a verdad que o Bergantiños tamén me daba a oportunidad de entrenar un equipo da base pero a posibilidade de entrenar equipo xuvenil fíxome decantar por Sta. Comba, encima a pesar de que iba un pouco a cegas encontreime cun equipazo. Ganamos liga e copa, sempre me quedara a pena de non ascender xa que sinceramente tiñamos equipo para eso. É unha alegría ver como xogadores dese equipo xogan en Preferente e outros en Galega de xuvenís en Carballo e Dumbría, unha pena que non poideran facelo en Sta. Comba. A ver se nun futuro próximo sea posible QPC: Que tipo de adestrador é Dani Calvete? A función do entrenador para a miña idea tense que adaptar a plantilla que ten, xa que nestes niveis non podes fichar o que queres, tes o que tes e teslle que sacar rendimiento. No Xallas xogabamos combinativo con un posicionamento avanzado. No Buño partimos dun posicionamento mais conservador, esperamos plegados e intentamos salir rápido a contra, de momento é o que esta funcionando, dependera tamén do rival, haberá partidos que teremos que colller a iniciativa, veremos como nos sae. QPC - Temos Dani en Buño para rato, ou buscarás outras miras nun futuro? Son da idea que un entrenador non debe estar moito tempo nun banquillo. De todas formas eu son de Buño, son do Buño, entrenar o Buño é para min moi especial, levo 7 anos traballando e axudando todo o que podo para que o equipo este o mellor posible, ahora con mais responsabilidad que nunca, espero que saia ben. Como entrenador espero seguir formando e aprendendo e chegar o máis arriba posible. Ahora que temos facilidades para formarse cada día a xente animase máis. Eso fai que haxa moita competencia, competencia boa por suposto.

Comentarios