Previa dunha nova e completa xornada do Fútbol da Costa

Chega unha nova xornada de Fútbol costeiro cargada de bos partidos. Unha fin de semana marcada polas semis das Ligas Comarcais de Fútbol Sala LCFs, que se celebrará hoxe venres nos pavillóns de Baiñas e Vimianzo.

Xa en materia, E coma sempre, arrincamos o repaso á Previa da Xornada pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos xogan na casa, pero ante rivais diferentes. O XSC recibe a todo un Noia, 2º na táboa, con 12 puntos máis que os xalleiros, no que pode ser a verdadeira proba de toque para ver se os de Coméndez teñen opcións de colarse, alomenos, na Promoción. Pola súa banda, o Dumbría recibe no Conco a un histórico en horas baixas, como é o Betanzos.

Xornada importante na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O líder, o Sofán, tras sumar só unha vitoria nos últimos 5 partidos, ten que recuperar a boa liña de resultados de meses atrás e pode comezar en Padrón, ante un Flavia moi irregular. Ademais, o Baio terá unha proba enorme na Pobra, ante o equipo que o precede e que lle saca 5 puntos. Por detrás, Malpica e Soneira queren manter a boa liña. O Soneira seguirá escalando se gaña ao Cordeiro, que ten 2 puntos máis. Mentres, o Malpica poderá sumar en Silleda, e de paso facerlle un favor aos veciños da zona baixa, Corme e Esteirana, que terán choques comlicadísimos, o Corme en Bertamiráns ante un filial que non se lle dá nada ben aos equipos costeiros; e a esteirana ante o Unión, outro dos de arriba.

Partidos interesantes na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O líder, San Lorenzo, recibe a un bo Mazaricos, mentres que o Outes non pode fallar ante a visita do Buño, outro equipo da zona alta. Zas e Castriz terán choques complicados ante Cee e Seaia, dous equipos bastante irregulares esta tempada.
A atención céntrase na zona baixa. O derbi camariñán entre Camelle e Camariñas parece clave para os camelláns. Ademais, o Montelouro poderá achegarse á salvación ante o equipo que precisamente a marca, o Cabana. O choque das Redondas será clave.

Na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira non poden fallar os de arriba, nin o Ameixenda contra o Castrelo o sábado, nin o líder, o Cerqueda ante a visita do mellorado pechacancelas, o Laxe de Rochi. Ademais, o Nantón-Corcubión valerá para ver se o cadro corcubionés vai pelexar polo ascenso directo ou quédase ca promoción, mentres que o Muxía quere meterse xa de cheo nesa pelexa se vence en Lombáns a un tocado Lira.

Última ocasión para o XSC de unirse á loita pola Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, pero en fronte terá ao poderoso Dumbría, aínda invito esta tempada. Os Miúdos queren confirmar a súa alternativa na visita ao Camariñas, onde unha vitoria o colocaría de novo entre as dúas prazas, dependendo, iso si, do que faga o Cabana ante o Porteño, que daba a sorpresa a semana pasada e que é capaz de todo.

Nas Ligas Autonómicas, difícil papeleta para o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría ca visita ao Areosa, e máis, se cabe, a do XSC ao líder da Liga Galega, o Viveiro. En todo caso, estaremos atentos ao último partido da primeira fase da Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, pois o cadro dumbriés necesita sumar algún punto máis para afrontar con algunha garantía o Play Off por evitar o descenso. O Conco terá que arroupar aos de Huelvis e Pablo Conde na tarde do sábado.

E xa nos Veteranos, choques fantásticos na 1ª División. O novo líder, o San Román, terá uha proba de lume ante o Dumbría, 4º clasificado a só 4 puntos. Ademais, o Coristanco, actual campión, enfróntanse a todo un Soneira, actual campión de Copa e un dos sempre favoritos, que este ano non pasa polo seu mellor momento.


Preferente - Senra Sport, xornada 23

Xallas StComba 08/02 - 16:00 Noia
Dumbría 08/02 - 16:30 Betanzos

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 22

Silleda 08/02 - 16:15 Malpica
Soneira 08/02 - 16:30 Cordeiro
Unión 08/02 - 16:30 Esteirana
Bertamiráns B 08/02 - 16:30 Corme
Puebla 08/02 - 16:30 Baio
Flavia 08/02 - 16:30 Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 22

Cabana 07/02 - 18:00 Montelouro
Seaia 08/02 - 16:15 Castriz
Camelle 08/02 - 16:15 Camariñas
San Lorenzo 08/02 - 16:15 Mazaricos
Fisterra 08/02 - 16:15 Ponteceso
Porteño 08/02 - 16:30 Carnota
Volantes 08/02 - 16:30 Baíñas
Zas 08/02 - 17:00 Cee
Outes 08/02 - 17:00 Buño

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 22

Ameixenda 07/02 - 16:30 Castrelo
Lira 08/02 - 16:15 Muxía
Nantón 08/02 - 16:45 Corcubión
Cerqueda 08/02 - 17:00 Laxe
  • Descansa Coristanco.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4

Xallas StComba 07/02 - 11:30 Dumbría
Cabana 07/02 - 16:00 Porteño
Camariñas 07/02 - 16:15 Os Miudos

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 4

Castriz 07/02 - 16:15 Corcubión
Ponteceso 07/02 - 16:15 Cee
Zas 07/02 - 16:15 Esteirana
Baio 07/02 - 16:15 Fisterra
Muxía 07/02 - 16:15 Coristanco
Corme 07/02 - 16:15 Malpica
  • Descansa Outes.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 22

Areosa 07/02 - 12:00 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 22

Viveiro 08/02 - 12:15 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 19

Dumbría 07/02 - 16:30 S.de Compostela

1ª Cadete, xornada 21

Os Miudos 07/02 - 10:30 Corme
Coristanco 07/02 - 10:30 Fisterra
As Baleas 07/02 - 12:00 Cee
Sofán 07/02 - 16:30 Muxía
Outes 07/02 - 18:00 Cabana
Ponteceso 08/02 - 11:00 Baio
  • Descansa Esteirana.

1ª Infantil, xornada 21

Fisterra 05/02 - 19:00 Vimianzo
Outes 07/02 - 10:30 Cabana
Coristanco 07/02 - 12:15 Os Miudos
Ponteceso 07/02 - 16:00 Xallas StComba
Esteirana 08/02 - 10:30 Cee
Corme 08/02 - 12:00 Sofán
  • Descansa Zas.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 13

Dumbría 07/02 - 11:15 Os Miúdos A
Fisterra 07/02 - 12:00 Os Miúdos B
Dumbría B 07/02 - 12:15 Esteirana B
Lira 07/02 - 17:00 Esteirana A
Cee B 07/02 - 19:30 XSC A
Cee A 07/02 - 19:30 Sofán
Outes A 08/02 - 12:00 As Baleas

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 13

Dumbría 07/02 - 10:15 Os Miúdos A
Fisterra 07/02 - 11:00 Os Miúdos B
Lira 07/02 - 16:00 Esteirana
Cee B 07/02 - 18:30 XSC A
Cee 07/02 - 18:30 Sofán
Outes 08/02 - 11:00 As Baleas
  • Descansa XSC B.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 20

Hosgran 08/02 - 11:00 Cabana
Dumbría 08/02 - 11:00 San Román
Laxe 08/02 - 11:00 Baio
At. Milagrosa 08/02 - 11:00 Castriz
Soneira 08/02 - 11:00 Coristanco
San Lorenzo 08/02 - 11:00 Xv. Bergantiños
Ponteceso 08/02 - 11:00 Zas
  • Descansa Bértoa.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 20

Sofán 08/02 - 11:00 Camariñas S.D.V
Cerqueda 08/02 - 11:00 Corcoesto
Poniente 08/02 - 11:00 Dep. Carballo
Malpica 08/02 - 11:00 Erbecedo
Nantón 08/02 - 11:00 San Isidro-Razo
Leiloio 08/02 - 11:00 Agualada
Porteño 08/02 - 11:00 Vimianzo
  • Descansa Buño.

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).