Martes. 07.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Aprétase a zona alta da Liga da Costa

2ª Autonómica: Aprétase a zona alta da Liga da Costa
Outes-Volantes-Foto-John Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Segue apretándose a cousa no alto da 2ª Autonómica - ES Bazarra, trala dispita da xornada 21. 4 equipos están metidos en apenas 5 puntos, e ollo co Volantes que segue aí preto, a só 8 do liderato, tralo empate colleitado no partido da xornada.

Un auténtico partidazo, o Outes-Volantes do Cunchido, entre dous equipos que aspiran a todo, e quedan a 3 e a 8 puntos do líder. Un San Lorenzo que nos últimos tempos está alternando vitorias con derrotas, e xa non parece tan sólido, nin coa sorte de cara como durante a primeira volta. Os de Pedro Gómez non puideron cun Ponteceso que vai a máis, seguindo a estela do Camariñas, que vencía no apretado e especial derbi co Porteño.

A zona a completan Zas e Castriz, que prantexarán batalla ata o final.

Por abaixo, o Camelle sumaba un puntiño pero necesita recuperar efectivos para poder loitar pola permanencia. O Montelouro caía tras 4 xornadas sumando, pero ante un gran Zas, e queda a 4 da salvación, que marca un Cabana que caía ante outros dos de arriba. Porteño e Seaia teñen que ter coidado tamén.


Montelouro - Zas (1-6)

Montelouro-Zas-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Fernando (Isma, min.75), Abel, Pedro (Isma Cosme, min.50), César, Teo (Pablo, min.60), Edu (Pepe, min.80), David (Geico, min.75), Riki, Pesco, Gelo e Dani Deza.
  • ZAS: Rizos (Tívoli, min.79), Isma, Pereiro (Fabián, min.68), Josito, Vecino (Martín, min.63), Canedo, Peque, Abel (Diego, min.72), David Blanco, Rubio e Álex Flórez (Dani, min.70).
  • Goles: 1-0, min.12: Dani Deza de falta tras tocar nun defensa; 1-1, min.26: Álex de cabeza nun saque de banda; 1-2, min.29: David Blanco define unha xornada combinada; 1-3, min.43: Vecino nun córner; 1-4, min.57: Pereiro nun centro coa axuda dun defensa; 1-6, min.70: David Blanco.
Montelouro-Zas en Muros-Foto-Edu Olveira

Foise do partido demasiado rápido o Montelouro de Marcelo, que ve como se rompe a boa xeira dende a súa chegada. O cadro local, no exilio do Eleuterio Balayo polas obras en Agra da Filgueira, comezaba moi metido no partido e pronto Dani Deza, coa axuda da defensa, facía o primeiro. Pero en 3 en xogadas de estratexia e en 3 xogadas, os visitantes pechaban un partidazo. Unha ao longueiro aínda co 1-3 no marcador ao descanso, e os loureáns xa non estaban metidos no choque.

Un loureáns que pode que boten de menos o efecto “Mikasa”. Mentres, por Zas, días tristes pola marcha de Oliver, que abandonaba o club a pasada semana por motivos persoais. Un Zas que perde moito no deportivo e tamén no persoal.

Quinto gol del Zas-Foto Paula Rodriguez

Camariñas - Porteño (1-0)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Denís (Saviola, min.65), Pereira (Brais, min.75), Martín, Darío, Piti, Moriño, Javi, David (Ismael, min.55), Sule e Yuyo.
  • PORTEÑO: Bonano, Óscar, Gabi, Manuel, Caamaño (Pejo, min.70), Doyle, Cristian, Roi, Josiño, Anxo (Marcos, min.46) e Meu Lar.
  • Gol: 1-0, min.85: Javi lanza unha falta lateral que non toca ninguén e se cola.
  • Lesión: o local Pereira tras unha entrada.

Derbi especial nun ateigado Hermanas Patiño ante 300 espectadores, entre dous veciños con moito en común. De feito, a dupla de adestradores do Camariñas, Gerpe e Javi Baña, estaban á fronte do Porteño hai apenas un par de anos.

Empezaba o Camairñas máis metido no partido, co control do balón e co vento a favor, que facía que o Porteño apenas puidese saír do seu campo. Tiveron varias ocasións os locais, pero Yuyo e Javi, unha das parellas de moda do fútbol costeiro, non atinaban.

Na segunda, cambiaron as tornas, o Porteño, cun fútbol moi físico, meteu atrás ao Camariñas. Chegaba no ecuador do segundo tempo unha xogada clave cando mellor estaba o Porteño. Unha falta frontal, á que Pablo mide mal a saída e o balón cólase e cando os xogadores da Ponte xa cantaban o gol o colexiado anula o tanto. Non se levantou o Porteño e Saviola e Sule avisaban antes de Javi, o pichichi xuvenil, fixese o gol da vitoria a pouco para o final.

Resultado xusto para uns e inxusto para outros.

Ollo que para a semana novo derbi camariñán, Camelle-Camariñas o domingo ás 16:15h no Rodeiro.


Mazaricos - Camelle (2-2)

  • MAZARICOS: Pejo, Martín, Tuco (Esteban), Chico, Coxo, Ricardo (Matias), Ferreiro, Pereiro, David, Estéfano e Chenel.
  • CAMELLE: Muxián, Sicario (Álvaro), Peseta, Valiña, Felisiano, Mario, Tedin, Felipe, David e Sergio (Jimmy).
  • Goles: 0-1, min.52: Sergio tras un balón que se lle escapa a Pejo; 1-1, min.58: Esteban; 2-1, min.67: Chenel; 2-2, min.81: Felisiano nunha mala saída de Pejo.

Partido moi igualado no Pino do Val, ao que chegaba un Camelle con 13 xogadores, entre eles 2 porteiros; de feito Jimmy tivo que rematar de extremo pola lesión de Sergio. Prantexou Varu o partido dende atrás, facendo moi seria a defensa, e tivo desta volta algo de sorte para sacar un puntiño de Mazaricos.

Aguantou, con algo de sorte e moito traballo a primeira parte, o cadro visitante. Os amarelos chegaban con claridade pero sen eficacia. E xa se sabe que o que perdoa, acaba pagando.

Comezaba a segunda cun tanto do Camelle, pero en 15 minutos os de Néstor daban a volta ao marcador. Quedaban 10 cando un balón colgado superaba a Pejo e Felisiano facía o empate. O Mazaricos volcouse na meta do Camelle que puido aguantar o arreón final e sumar un puntiño.


Carnota - Seaia (1-0)

  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Pedro Pichín, Manolo Chouza, Tono da Caixa; Manuel Luís, Niko, Andrés (Nakata), Pumuky (Pablo Pichín), Míchel e Pablo Beiro.
  • SEAIA: Jesús, Adrián, Vistas, Avelino, Dimaga, Víctor, Miguel, Richard (Moisés, min.55), Felipe (Damián, min.65), Nando e Eme (Manuel, min.65).
  • Gol: 1-0, min.50: Pumuky nun centro á área.
  • Expulsión: o local Nakata no min.60.

Partido igualado ata o final, entre dous equipos que chegaba igualadios, e que deixa un Carnota con 23 puntos tras 4 partidos sen caer e un Seaia con 20, que leva outros tantos sen gañar.

Chegaba o cadro de Tato con moitas baixas, e malia contar co debut de Moisés o equipo segue tocado e necesita recuperar efectivos. A primeira metade foi de demasiado respecto, sen fútbol nin ocasións. Comezaba a segunda co gol de Pumuky, tras un despiste na defensa visitante.

Pouco despois o Carnota quedaba con 10 pola expulsión de Nakata e o Seaia veuse arriba e puido empatar nalgunha ocasión illada se ben o cadro de Cambeiro estivo moi serio atrás, arroupando ben a un sempre firme Luís de la Peña.


Buño - Cee (4-1)

  • BUÑO: Toni, Casais (Rubén, min.80), Eloy, Diego, Fran; Santi, Uru (Víctor, min.85), Jorge Calvete e Neucha (Miguel Dourado, min.70); Dani Calvete (Emilio, min.70) e Juan.
  • CEE: Maikel, Aitor, Jacobo, Tebo (Chiru, min.22), Jorge (Borja, min.25), Paco, Josiño (Iván, min.85), Hidalgo (Yago, min.75), Juan, Bruno e Leo (Chema, min.82).
  • Goles: 1-0, min.15: Santi; 2-0, min.19: Juan; 3-0, min.39: Juan; 3-1, min.52: Chiru; 4-1, min.68: Santi.
Buno e Cee gardando un minuto de silencio polo pasamento do pai de Chiru

Arrincaba o partido gardando un minuto de silencio polo falecemento esta semana do pai de Chiru, que polo menos puido adicarlle un gol. Un duro golpe para toda a familia ceense.

O choque decidiuse pola eficacia dos locais, que na primeira metade tiñan 3 ocasións, e 3 tantos. O Cee tiña máis ou menos controlado o partido, pero sen profundidade. Pero dous erros deixaron en vantaxe aos locais. Ademais, Rafa tiña que substituir aos lesionados Tebo e Jorge.

Na segunda, apretou un pouco o Cee e Chiru recurtaba. Seguía dominando o Cee, tocando rápido e ben e metémoslle o medio no corpo e varias ocasións: tiro de Chiru que atalla con dificultades o porteiro, dúas ocasións de Juan e unha á que non chega Leo por pouco, estivo moi cerca o 3-2. Pero unha perda de balón no medio campo propiciou unha contra que sentenciou o partido a falta de 15 minutos, por medio de Santi, que debutaba con 2 tantos no cadro de Chema Rivadulla.


Castriz - Cabana (2-0)

  • CASTRIZ: Diego, Martín (David Velo), Sergio (Cilindro), Martín Uruguaio, Félix; Bruno, Agra, Adrián Prol; Chinda (Adrián Chinda), Luís e Bolón.
  • CABANA: Añón, Charly, Aurelio, Pepe (Grille), Raúl, Manolo Cruceiro (Berti), Moreno, Miky, Fernando (Diego), Dani Mato e Iván Mato.
  • Goles: 1-0, min.60: Adrián Prol; 2-0, min.87: Adrián Prol.
  • Expulsións: os xalleiros Agra e Adrián Beiroa, na segunda metade.

Vitoria apurada do Castriz ante un sempre serio Cabana, nun choque moi competido, que non se decidiu ata os últimos instantes. O cadro de Esteban Blanco levaba o peso do partido, ante un Cabana intentando destruir o xogo dos locais. A primeira metade tivo poucas ocasións.

Adrián Prol adiantaba aos rossoneros ao comezo da segunda, e algunha ocasión houbo, pero dúas expulsións, a de Adrián Beiroa cunha tarxeta vermella directa por darlle unha patada a un rival sen balón, respondendo a unha entrada que non viu o colexiado, deixaban tocado ao Castriz. O Cabana subíu liñas e puido empatar pero o propio Prol facía a sentenza a moi pouco do final.


Ponteceso - San Lorenzo (2-1)

11 do Ponteceso que ganou ao lider-Foto-Ponteceso
  • PONTECESO: Brais, Dani Valle, Moscoso, Diego Collazo, Kevin, Alberto Recarey, Mendieta, Martín Puente (Ismail, min.80), Dieguito, Brais (Eloy, min.63) e Christian Martínez.
11 do San Lorenzo no Pinguel-Foto-Ponteceso
  • SAN LORENZO: Diego, Rubén (David, min.20), Adrián Varela (Carlos, min.46), Rudy, Pablo Novo, Cachizo, Álex Taibo (Cañi, min.70), Fuentefría (Anxo, min.70), Álex Figueiras, Juni e Joaquín.
  • Goles: 1-0,min.10: Brais marca un golazo nunha falta lateral; 2-0, min.40: Moscoso nun córner; 2-1, min.84: Juni.
  • Expulsións: os locais Christian Martínez con dobre cartón amarelo e Ismail con vermella directa.
San Lorenzo e Ponteceso no PInguel-Foto-Ponteceso

Partido xogado no Pinguel ante mais de 150 espectadores. Chegaba o líder a Ponteceso, ante un cadro local en clara liña ascendente dende a chegada de Barca ao banco, cunha aposta que xa comezaba Marco, pero que non tivo sorte cos resultados. Pola contra, non saen as cousas no cadro de Pedro Gómez, como saían na primeira volta.

Comezou ben o cadro carballés, pero nun par de xogadas a balón parado adiantouse o Ponteceso, e iso que a fortaleza por arriba é un dos puntos fortes dos de Verdillo.

Na segunda meteuse no partido o cadro carballes, máis por garra que por outra cousa. O Ponteceso mantiña as filas ordenadas e buscaba á contra. Recurtou o San Lorenzo e o Ponteceso quedaba con 9 pero apenas quedaban 10 minutos. Foron 10 minutos longos, con varias ocasións que puideron significar o empate, como un remate de Pablo de cabeza ou unha de Carlos ao pau, pero Brais estivo moi fino e conservou a vitoria.

Ponteceso-San Lorenzo-Foto-David Pena Ponteceso-San Lorenzo-Foto-David Pena

Cómpre sinalar o debut da nova fichaxe do Ponteceso Kevin, procedente do Malpica, que fixo ademais un gran partido.

Aquí vemos o segundo gol do Ponteceso ante o San Lorenzo por obra de Moscoso:


Baíñas - Fisterra (4-1)

  • BAÍÑAS: David, Martín (Marcos, min.70), Mario, Braulio, Héctor, Jaime (Cristain, min.65), Eloy Vilas, Esteban (Iván, min.75), Tasky (Mata, min.60), Eloy Cabeza e Javi Suárez.
  • FISTERRA: Norberto, Piti, Dani, Robertín (James, min.85), Manuel Cartamil (Breixo, min.66), Eddy, Roco, Roa, Guardiola (Gabi,min.83), Yerai (Bebeto, min.71) e Mané (Adrián, min.66).
  • Goles: 1-0, min.54: Martín; 2-0, min.60: Mario; 3-0, min.63: Javi Suárez; 4-0, min.75: Javi Suárez; 4-1, min.74: Bebeto.

Partido igualadoe en Vimianzo, entre os dous equipos verdes da categoría, e que tivo dúas partes diferencias e que o marcador non reflicte o que pasou no campo. O Fisterra estivo mellor na primeira, dominado e tendo algunha que outra ocasión, pero non puideron os de Nacho aproveitar os poucos erros da defensa local. En fronte, o cadro de Pablo Mallón mantíñase moi serio e ordenado, moi sólido, pero que na primeira metade tivo que abusar do balón longo.

Decantábase o partido no comezo da segunda metade en 3 boas xogadas a balón parado. 3 córner seguidos en apenas 10 minutos e tres goles de Martín, Mario e Javi Suárez que deixaron o partido sentenciado. O Fisterra respondeu con algunha chegada e se Tasky marrou un man a man, Javi Suárez enviou unha ao longueiro e marcou o seu segundo, o 17º da temporada.


Outes - Volantes (2-2)

Outes-Volantes
  • OUTES: Gato, Borja, Saúl, Roberto Amoedo, Chúa, Martín, David (Simón), Babu (Chía), Piki, Jura (Santi), Elías (Manu) (Rafa).
  • VOLANTES: Rubén, Brea (Varo), Mayu, Juan, Javi (Moja), Óscar (Brais), Picho, Miguel, Espi, Mingos (Ivi) e Piti.
  • Goles: 0-1, min.18: Mayu de volea tras un córner; 1-1, min.40: Piki; 2-1, min.43: Piki; 2-2, min.88: Piti.
  • Lesión: o local Manu.
Outes-Volantes

O Partidazo da xornada xogábase no Cunchido entre dous dos mellores equipos da categoría. E coma smepre, un ambientazo para ver este derbi sureño.

Comezaba o cadro laranxa empurrando máis, cunha boa primeira hora dos de Felipe Candamo, que se metían por diante cunha boa volea de Mayuyo nun córner. Tardou en asentarse o cadro local pero, nun bo cuarto de hora final, Piki conseguía darlle a volta ao marcador con dúas boas xogadas antes do descanso.

Arrincaba o equipo de Manu Roque máis entonado na segunda, e puido ter sentenciado fallando varias ocasións ata na liña de gol. Pero os cambios de Felipe fixo que mellorara o cadro laranxa e fose tomando o mando do partido. Pediron un penalti sobre Espi os visitantes. E xa contra o final, Simón marraba unha clara para sentenciar, e na xogada de volta, Espi lanza un zapatazo, Gato rexeita e Piti, sempre ca caña posta, anota o seu 20º gol en 20 partidos, para poñer o empate. Aínda tivo unha Espi case que co tempo cumplido pero o seu tiro dende 40 metros petou no longueiro.

Un partido fermoso, aque puido ter caído para os dous lados e que rematou no que puido ser unhas xustas táboas.

Aquí vos deixamos cun par de xogadas do partido:


Crónicas da Liga da Costa

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios