Mércores. 24.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Cerqueda vai sen freos

3ª Autonómica: O Cerqueda vai sen freos
Laxe-Nanton-Foto-CD A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

7ª vitoria consecutiva da UD Cerqueda que aproveitaba o descanso do Ameixenda nesta xornada 21 da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira para ampliar a vantaxe a 4 puntos. Por detrás, aínda loitando polas 2 prazas que dan o ascenso directo, queda o Corcubión, que despois de gañar a un tocado Lira, queda a 2 puntos do equipo ceense pero cun partido máis.

A loita pola promoción está apretada. Parece que Coristanco, Nantón, Lira e Muxía vanse xogar 3 prazas. Os muxiáns metíanse de cheo esta xornada, cunha importante vitoria ante o Coristanco, quedando así a só 2 puntos dos cabaneses e dos lirachos, e a 4 do cadro bergantiñán.


Corcubión - Lira (5-3)

  • CORCUBIÓN: Sito, Javi, Checho, Trillo, Marco, Sebas, Alan, Toja, Lourido, Lema e Gorka.
  • LIRA: Trozo, Brea, Josiño, Javi Porto, Cibrán, Pata, Demetrio (Aitor), Oli, Suso, Manu e Adrián.
  • Goles: 1-0, min.12: Lema de penalti; 2-0, min.24: Sebas; 2-1, min.28: Javi; 3-1, min.39: Sebas; 3-2, min.51: Oli; 4-2, min.62: Lourido; 4-3, min.63: Manu; 5-3, min.89: Lourido.
  • Expulsión: o local Gorka no min.88 por doble cartón.

Non puido o Lira co Corcubión e iso que meteu medo ata en 3 ocasións, reaccionando ante os goles locais. Onte fixo Andrés, o ex porteiro liracho, de míster do cadro carnotán. Pero seguen buscando adestradorm e con necesidade de recuperar efectivos, pois o sábado eran 12 no Cubaleiro.

Os de Carlos Lema adiantábase cun tanto dende os 11 metros do seu fillo Iago. Pouco despois, Sebas ampliaba a renda pero o Lira recurtaba. As alternativas eran constantes e Sebas facía o terceiro antes do descanso.

Pero á volta dos vestiarios o Lira recurtaba de novo metendo o medo nas filas locais, pero Lourido aparecía e ampliaba a renda. Repetíase o guión, pois apenas un minuto despois Manu recurtaba de novo, e a incertidume estivo presente ata o remate, cando o mesmo Lourido facía o 5º, o seu 13º en apenas 9 partidos, para matar o choque.


Laxe - Nantón (1-1)

Laxe-Nanton-Foto-CD
  • LAXE: Jacobo, Aarón (Borja, min.46), Bras, Suárez, Jacinto; Carlos, Gora; Djamel (IVán Caamaño, min.60), Adrián; Santi e Elías (Roberto, min.65).
  • NANTÓN: Guillermo, Carlos, Eloy, Raul (Félix, min.60), Diego, Carlos Vidal, Fabio, Dani Costa, Luís, Martín e David.
  • Goles: 0-1, min.42: Luís; 1-1, min.65: Adrián.
Laxe-Nanton-Foto-CD

Partido igualado en Laxe, nun partido marcado polo vento ao que o equipo de Rochi, moi recuperado dende a súa chegada, partía con toda a liña de ataque xuvenil. O cadro local estivo moi serio nun partido moi disputado e intenso, cun Nanton que veu disposto a non deixarse sorprender. O Laxe non se encontraba cómodo debido a boa presión arriba do cadro cabanés, e costáballe saír tocando desde atrás como lles gusta. Así, nun roubo chegaria o gol de Luís nun man a man con Jacobo a falta de 3 minutos para o descanso.

Saraibada epica en Laxe-Foto-CD

Na metade do primeiro tempo, os xogadores vironse obligados a abandonar o campo cando foron sorprendidos por unha granizada, que apenas nuns minuto deixaba o terreo de xogo todo branco. Así transcurriria a primeira metade, cun Laxe serio en defensa, pero case sen presencia en ataque.

Na segunda parte o Laxe saíu máis loitador, e a base de garra e coraxe foi metendo atrás ao equipo visitante. Así chegaría o gol do xuvenil Adrián, e a partir de aí abríuse o partido, con dous equipos que querían a vitoria, tendo o Laxe dous lanzamentos os paus e o Nantón outras dúas boas ocasións por medio incombustible Luís.

Gol-de-Luis-no-Laxe-Nanton-Fotos-CD

Muxía - Coristanco (3-0)

  • MUXÍA: José Antonio, Currás, Juan, Martín, Peski, Javi (Víctor, min.55), Conguito, Gerardo (Ruso, min.60), Alberto (Man, min.80), Iván (Santi Papi, min.75) e Alxires (Antonio, min.70).
  • CORISTANCO: Nacho, Varela, Héctor, Joni (Facal, min.46), Sergio (Joaquín, min.65), Iván, Marcos (Gonzalo, min.46), Juan (Jose, min.75), Ivi e Pazos.
  • Goles: 1-0, min.36: Gerardo tras un mal despexe da defensa verde; 2-0, min.60: Gerardo; 3-0, min.70: Alxires tras un saque que lle queda corto a Nacho.
  • Lesión: o local Javi.

Partido dominado por un Muxía que estivo moito mellor situado en todo momento e que soubo aproveitar ben os regalos visitantes. A primeira metade non tivo demasiado, máis alá do mal despexe da defensa visitante que Gerardo aproveitaba para poñer por diante aos de Suso Rey.

Na segunda saía o cadro de Da Silva coas liñas adiantadas para dar algo máis, pero non estaban entonados os coristanqueses e na contra foron sorprendidos polo Muxía. O segundo tanto facía demasiado dano aos visitantes que se viñeron abaixo. Aínda así volcáronse pero non evitaron ter feito o peor partido da temporada, que mete ao Muxía na pelexa de pleno dereito, tras 4 vitorias seguidas.


Castrelo - Cerqueda (0-3)

  • CASTRELO: David Buxantes, Marcos (Lucho, min.65), Berdoias, Quintáns, Raúl, Capote (Suso, min.30), Luís (Caamaño, min.86), Félix (Isra, min.60), Roi e Stiven (Rafa, min.60).
  • CERQUEDA: Ángel (Gesto, min.77), Pailos, Atu, Dani, Javi Pazos (Pedro, min.74), Lorenzo, Luchi (Pablo, min.63), Dani Seaia (Javi, min.70), Juanjo (Jhonny, min.50), Darío e Martín.
  • Goles: 0-1, min.44: Martín; 0-2, min.73: Javi dende o borde da área; 0-3, min.79: Martín dende o borde da área.

Partido no que o Cerqueda na primeira parte dominou o xogo con internadas por banda que non creaban demasiado perigro,. O Castrelo ben plrantado no campo e saíndo á contra, pero tampouco sen gran claridade. No minuto 43 marcaría o Cerqueda nun córner poñendo en vantaxe aos locais de cara á segunda metade.

Na segunda parte o Castrelo estirouse e tiña máis espacio e con algunha combinación por banda chegarían as primeiras ocasións visitantes, como un balón ás costas da defensa na que Suso pedía penalti do porteiro. Non lle duraron demasiado as pilas aos vimianceses, que pegaron un baixón físico e o Cerqueda, case co motor da inercia, tirou de oficio e en dous balóns na frontal da área mataría o partido. Despois do 0-3, Lucho en duas ocasións pudo recortar distancia pero non acertou a marcar.

Segue o Cerqueda na súa liña ascendente, tras sumar a súa 7ª vitoria consecutiva e ampliar a renda co Ameixenda. Pola contra, o equipo de Roland Caamaño non está tendo sorte. 4 lesións esta xornada e unha derrota que lle impide subirse definitivamente ao tren da Promoción.

Aquí vemos o primeiro gol de Martín Castro para a UD:


Crónicas da 3ª Autonómica

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios