mércores. 30.04.2025
El tiempo

Resultados e análise da xornada no Fútbol da Costa

Resultados e análise da xornada no Fútbol da Costa
Imaxe do Montelouro-Zas en Muros-Foto-Edu Olveira

Nova xornada do Fútbol da Costa esta a cabalo entre xaneiro e decembro. O temporal afectou bastante e se a chuvia foi protagonista durante a tarde sabatina, o vento fixo o seu durante o domingo.

Pero aínda así xogáronse máis de 70 partidos, e xa comezamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos volveron, unha semana máis, a intercambiar posicións. Desta volta tocou vitoria xalleira e derrota dumbriesa, e xa varias xornadas nas que non podemos cantar doble alegría. O Dumbría caía pola mañá en Arteixo despois de poder ter sentenciado na primeira metade. Mentres, o XSC vencía en O Val, ante un dos de abaixo, e se coloca con 31 puntos, a 5 da Promoción, que precisamente ocupa o Arteixo. O Dumbría queda con 29.

Primeiros 2 puntos que se deixa o líder da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra no Carral. O Sofán non pasaba do empate ante o Cordeiro, pero aínda así aumenta a vantaxe sobre un Villestro que era arrollado por un gran Malpica. Por detrás o Baio non podía co Bertamiráns B, un dos matacosteiros, queda a 9 do liderato. A 12 están Malpica e Soneira, trala vitoria dos vimianceses en Esteiro, ante un cadro blaugrana no que xa saltan todas as alarmas, pois está a 11 da salvacións. Alarmas tamén saltan en Corme, e iso que o xogo está sendo fantástico, pero fallan os resultados. Os de Lentejo non conseguían gañar no Cairo ao Silleda, o penúltimo, e ven como o Amio vencía en Agolada e os supera, deixando a marea azul en postos de descenso.

Intensa a xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra, na que o líder non conseguía gañar no Pinguel ante un Ponteceso que colleu a boa marcha (3 vitorias seguidas) e a ver quen o para. O partido da xornada xogábase no Cunchido, nun fantástico choque que puido caer dos dous lados e quedou en táboas, deixando ao Outes a 3 do liderato e ao Volantes, na 5ª praza a 8. Non fallaron por detrás Zas e Castriz, que manteñen as súas aspiracións intactas, a 4 e 5 puntos do San Lorenzo, respectivamente.

Na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Ameixenda non fallaba ante o Castrelo, e co descanso do Ameixenda, aumenta a renda a 4 puntos, cos mesmos partidos xogados. A 6, pero cun partido máis, queda o Corcubión, que tampouco fallaba ante un Lira en mala xeira de resultados. Demais, o Muxía vencía a todo un Coristanco con rotundidade, e se coloca a só 2 puntos do Lira, que marca a Promoción, e do Nantón, non pasou do empate ante un novo Laxe dende a chegada de Rochi.

Os Xuvenís ferven

Interesantísima ponse a cousa na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. O Dumbría parece que non vai ceder e vencía aos Miúdos, o único que chegaba con dúas vitorias en dous partidos, con bastante solvencia. Aínda así, o cadro muradán mantén o segundo posto, pois o Camariñas caía, na sorpresa a xornada, no derbi co Porteno, un Porteño que recibira 12 goles nos dous primeiros partidos. Queda o Camariñas con 4 puntos, os mesmos dun Cabana que gañou ao XSC en Santa Comba, rematando case por completo cas aspiracións dos xalleiros, que aínda non estrearon o taboleiro dos puntos.

Menos tensa está a Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, na que, repetimos, se clasifican aos Oitavos 10 equipos de 13 participantes. Esteirana e Coristanco quedan como únicos equipos que conseguiron as 3 vitorias, despois de superar a Ponteceso e Baio. Por detrás. con 6 puntos, métese o Muxía, tras vencer a un Malpica que sumaba 2 de 2; o Outes tras golear ao Corcubión; e o propio Malpica; polos 5 do Fisterra tralo seu empate ante o Zas, que sumaba o seu primeiro punto, igual que Cee e Castriz co seu empate no San Paio de Refoxos. Só queda o Baio sen sumar.

Nas Ligas Autonómicas, malísima xornada para os nosos. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría caía na casa ante todo un Pontevedra pero deixando a sensación que pode competir cara a cara ata co 3º mellor equipo de Galicia nestes momentos. Máis sufríu o XSC de Liga Galega Cadete, e o Dumbría da Liga Infantil, ao que lle queda un partido da primeira fase.

Xa nas competicións comarcais, Corme e Cabana continúan co seu duelo na 1ª Cadete, mentres que na 1ª Infantil, no partidazo da xornada das Ligas base, o XSC gañou ao Fisterra, quedandó así con 3 puntos de vantaxe no alto da táboa.Os Miúdos chega por detrás.

E nos peques, o Outes e o Cee seguen pelexando no alto da F8 Alevín Costa Sur, mentres que o Fisterra colócase líder en solitario da F8 Benxamín Costa Sur trala súa apurada vitoria ante o 3º, Os MIúdos A, e aproveitando o empate do Outes ante o XSC B.

O San Román manda agora nos Veteranos

Tocaba partidazo no cumio da 2ª División, boa xornada para o lider destacado, o Agualada, e iso que descansaba. I é que dos seus perseguidores, só o Erbecedo, o que parece con máis papeletas para acompañalo no ascenso, e o Corcoesto, vencían. Desínflanse os Porteño e San Isidro-Razo con dúas derrotas, longas, na casa.


Preferente - Senra Sport, xornada 22

Arteixo 2-1 Dumbría
O Val 2-3 Xallas StComba

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 21

Sofán 1-1 Cordeiro
Malpica 3-0 Villestro
Baio 0-2 Bertamiráns B
Esteirana 0-2 Soneira
Corme 1-1 Silleda

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 21

Montelouro 1-6 Zas
Camariñas 1-0 Porteño
Mazaricos 2-2 Camelle
Carnota 1-0 Seaia
Buño 4-1 Cee
Castriz 2-0 Cabana
Ponteceso 2-1 San Lorenzo
Baíñas 4-1 Fisterra
Outes 2-2 Volantes

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 21

Corcubión 5-3 Lira
Laxe 1-1 Nantón
Muxía 3-0 Coristanco
Castrelo 0-3 Cerqueda

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 3

Os Miudos 0-3 Dumbría
Porteño 2-0 Camariñas
Xallas StComba 1-2 Cabana

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 3

Corcubión 2-8 Outes
Fisterra 3-3 Zas
Malpica 2-3 Muxía
Esteirana 3-1 Ponteceso
Coristanco 4-2 Baio
Cee 0-0 Castriz
  • Descansa Corme.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 21

Dumbría 0-1 Pontevedra

Liga Galega Cadete, xornada 21

Xallas de Santa Comba 2-7 Xuventude Oroso

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 18

Bertamiráns 3-0 Dumbría

1ª Cadete, xornada 20

Corme 10-0 Sofán
Muxía 5-2 As Baleas
Cee 4-1 Coristanco
Esteirana 2-2 Ponteceso
Cabana 4-2 Os Miudos
Baio 4-3 Outes
  • Descansa Fisterra.

1ª Infantil, xornada 20

Zas 3-3 Coristanco
Xallas StComba 2-1 Fisterra
Cee 0-5 Outes
Vimianzo 4-2 Corme
Sofán 2-2 Esteirana
Os Miudos 7-0 Ponteceso
  • Descansa Cabana.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 12

XSC A 2-3 Cee A
Esteirana A 2-3 Dumbría B
As Baleas 2-6 Dumbría
Esteirana B 0-12 Outes A
Os Miúdos A 1-6 Fisterra
Os Miúdos B 4-4 Cee B
Sofán 1-1 Lira

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 12

XSC B0-0 Outes
XSC A 11-0 Cee
Os Miúdos A 5-6 Fisterra
Os Miúdos B 1-15 Cee B
As Baleas 3-6 Dumbría
Sofán 19-0 Lira
  • Descansa Esteirana.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 19

Zas 6-0 Cabana
San Román 1-0 Hosgran
Baio 1-1 Dumbría
Bértoa 3-1 Laxe
Coristanco 6-4 At. Milagrosa
Xv. Bergantiños 0-1 Soneira
Ponteceso 1-2 San Lorenzo
  • Descansa Castriz.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 19

Vimianzo 2-0 Camariñas
Corcoesto 6-0 Sofán
Dep. Carballo 0-0 Cerqueda
Erbecedo 8-1 Poniente
San Isidro-Razo 1-4 Malpica
Buño 1-1 Nantón
Porteño 0-5 Leiloio
  • Descansa Agualada.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios