1ª Autonómica: Soneira e Malpica dan a de cal, e Corme e Esteirana a de area


Xornada dispar para os equipos costeiros na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O lñider deixaba escapar os primeiros puntos do Carral, pero o seu inmediato perseguidor, o Villestro, caía en Malpica, polo aínda ampliou a vantaxe a 2 puntos. Non puido recurtar o Baio noutro partido no que a mala sorte e a falta de definición foi clave. Ademais, o Corme non pasaba do empate e métese en postos de descenso depois da vitoria do Amio.
O partido da xornada era o derbi entre Esteirana e Soneira. Os locais, pechacancelas, necesitan sumar, pero o Soneira foi máis efectivo e xa se sitúa na 7ª praza con 31 puntos, empatado co Soneira, deixando aos de Esteiro a 11 puntos da salvación.

Sofán - Cordeiro (1-1)

- SOFÁN: Bugy, Sito, Javi , Rubén, Félix, Míchel, Eloy Boedo (Luís, min.89), Iván Rojo, Leilán, Raúl e Cristian Méndez (Seo, min.68).
- Goles: 1-0, min.55: Raúl nun córner; 1-1, min.85.

Primeiros dous puntos que se deixa o Sofán no Carral, tras 17 partidos consecutivos con vitoria, E o fixo ante un gran competidor como foi o Cordeiro, que mesmo puido mercer algo máis. Foi un partido de entrega e loita, sen demasiadas ocasións pero cunha intensidade de categoría superior.
Arrincaba o choque cumo se fose a vida ou morte, con 2 equipos pelexando por cada balón moi duro. A SD tivo un par de boas ocasións á saída de corners e ao Cordeiro anulouselle un gol por fóra de xogo. Remataba sen goles esta apaixoante primeira metade, xa nun Carral completamente enlamado.
Arrincaba a segunda co tanto de Raúl, que parecía que calmaría as cousas e deixaría unha vitoria para os locais. A SD recuaba e se puña a manexar o partidoa arroupando a Bugy. Pero non foi así. O Cordeiro seguíu pelexando na lama e conseguía empatar á saída dun córner, xa cando parecía que o empate estaba controlado. A loita non decau ata o final.
Aquí tendes un bo resumo do partido da man de Luís González:
Malpica - Villestro (3-0)

- MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Pablo Díaz, Alemán, Baba, Fernando Varela, Joel Pereiro (Eloy, min.85), Cheo (Xulián, min..90), Cololo (Rodrigo, min.89) e Martín Mara (Petís, min.73).
- Goles: 1-0, min.13: Cololo define unha xogada iniciada na defensa tras pase de Martín Mara; 2-0, min.78: Cololo de penalti cometido sobre el tras un pase de Fernando Varela; 3-0, min.88: Cheo en carreira marca un golazo tras un pase de Petís.
- Expulsión: un defensa visitante na xogada do penalti (min.78).

Bo partido se puido ver en Pedra Queimada. Gustou o Villestro, un equipo sólido, comprometido co xogo. Pero hoxe atopóuse cun Malpica que prantou cara en todo momento, e que levou o partido en arreóns e aproveitando a boa definición.
Así e todo, os siareiros dos dous equipos non lograron poñerse de acordo. Os do Villestro protestaron un gol anulado en fóra de xogo no que un dianteiro chegou a tocar o balón, que probablemente iría dentro. Si non a chega a tocar o gol era válido e así non subiu ao marcador. Pero a xogada clave, a xogada que decidiu o partido foi, co marcador 1-0, foi o penalti que lle pitaron a Cololo e que foi o 2-0. Decisión discutible porque, ao señalar penalti, ao xogador santiagués caiulle a segunda amarela, o que significou a sua expulsión por doble cartón.
Cómpre destacar as oportunidades que está tendo a canteira malpicá. Baña deu minutos na segunda parte a varios xuvenís. Onte debutaba o medio centro Xulián, que entrou ademais de Petçis e Eloy, competindo os 3 perfectamente.
O partido remataba cun impresionante tercer gol de Cheo, dos que crean afección.

Baio - Bertamiráns B (0-2)

- BAIO: Dani, Yago, Mario, Porto (Fachal, min.81), Jose (Alberto, min.61), Norber, Bieito, Brais, Rubio (Martín, min.46), Saleta e Christian.
- Goles: 0-1, min.2: en propia de Jose; 0-2, min.93.

Partido estrano no Pratas Reinoso no que o filial do Bertamiráns, un deses equipos mata-costeiros, levou excesivo premio, aproveitando dous regalos do conxunto local. Comezaba o partido cun regalo baiés. Jose marcaba en propia meta deixando o partido costa arriba. Pero os de Félix non decaeron e foron polo partido, marrando ocasións incribles. Martín, Saleta, Brais…
Despois de 90 minutos enriba da meta visitante, e xa no desconto, unha mala cesión da defensa a Dani, era cortada por un dianteiro do Bertamiráns para facer a senteza.

Aquí está o vídeo de Santi Soneira.
Esteirana - Soneira (0-2)

- ESTEIRANA: Fabio, Code (Adrián, min.80), Simón, Sui, Serrano, Martín, Saúl (Uru, min.46), Andel, Alberto (Pablo, min.65), Álex e Róber Pladur.

- SONEIRA: Martin, Figueroa, Chans, Brais Mouzo, Maikel, De la Sierra (Quilmes, min.85), Nazo (Alberto, min.75), Brais Triñanes, Basti, Javi e Richi (Mayor, min.65).
- Goles: 0-1, min.27: Basti aproveita nun balón longo peiteado por Triñanes; 0-2, min.38: Brais Mouzo de cabeza nun córner.

Gran ambiente na Salina, con preto de 150 espectadores, para disfrutar deste derbi costeiro. O choque comezaba cun sentido minuto de silencio polo pasamento do avó de Kike Paluca, precisamente un xogador moi querido en ambos conxuntos pola súa adicación esteirá e o seu fantastico paso polo Soneira. Un Kike que se tiña que perder este especial choque.
Derbi sen demasiadas ocasións o visto en Esteiro. O Soneira, moi ben prantado, e cos irmáns De la Sierra (Jose e Basti) espectaculares, tivo máis pegada, e se ben dominou no primeiro tempo, a clave foi que aproveitou ben as poucas ocasións claras das que dispuxo poñéndose cun 0-2 ao descanso, insalvable para os de Pedrosa na segunda metade. Os locais protestaron que o primeiro gol por posible fóra de xogo.
Na área contraria, Martín non pasaba apuros, pero na segunda metade, a Esteirana saía máis intenso e puido ter recurtado e mesmo empatado, pero aí si que respondeu o meta soneirán. Por exemplo un remate de cabeza que desvía a córner, ou nun tiro dende o borde da área de Martín ao que responde o seu tocaio cun paradón.
Non conseguía recurtar o cadro local, que ía perdendo folgos, deixando o último cuarto de hora máis controlado por parte visitante.


Corme - Silleda (1-1)
- CORME: Suso, Pandi, Dani, Joshua (Jose, min.46), Alejandro, Adrián Doldán, Sergio, Brais, Diego (Antoniño, min.85), Toniño (Manu, min.70) e Alejo.
- Goles: 0-1, min.12: tras unha cesión ao porteiro cormelán; 1-1, min.30: Toniño marca un golazo.
- Expulsións: Adrián Doldán e Lentejo xa contra o final por protestar.

Non foi bo partido dos cormeláns, que viron como o Silleda, outro dos equipos en postos de descenso, sacaba un punto do Cairo. Algo nerviosos amósanse os cormeláns na casa, nun campo demasiado pequeno para o seu xogo combinativo. Fóra con campos grandes desplega un fútbol mellor o cadro de Lentejo.
O Silleda, ademais, non veu a pasear, e fixo un xogo moi duro para contrarrestar a calidade local, e sen embargo acabou o Corme con máis tarxetas por protestar.
O Corme dominou, pero con pouca pegada. Apenas un achegamento de Alejo e un tiro lonxano de Adrián Doldán poden considerarse ocasións.
Ao final, a sensación é que quido ser peor pois varias imprecisións entre Suso, que estas semanas algo tocado, e a defensa, puideron saír caras.
Crónicas da 1ª
- X.20: Só o Baio salva unha mala xornada costeira.
- X.19: O pechacancelas pon ao líder contra as cordas.
- X.18: O Soneira é un vendabal.
- X.17: A 1ª Autonómica comeza o ano cun Derbi Costeiro.
- X.5: O Malpica logra un empate para esquecer.
- X.16: Pechando o 2014 cun líder sólido e un derbi de infarto.
- X.15: Menudo doble derbi.
- X.14: Uns gañan e outros perden.
- X.13: A SD escapa.
- X.12: Tres vitorias por arriba e tres derrotas por abaixo.
- X.11: O Sofán non cede nin co Malpica.
- X.10: O Sofán non para e o Malpica sae do descenso a costa do Corme.
- X.9: O Malpica frea o Baio e o Sofán alcanza o liderato a costa do Corme.
- X.8: O Baio é moito líder.
- X.7: Os líderes da 1ª son da Costa.
- X.6: O Baio non perdoa e o Soneira pode co Sofán.
- X.5: Trío de cabeza con susto.
- X.4: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente.
- X.3: 3 costeiros no grupo de arriba.
- X.2: Xa temos líder tras unha xornada co primeiro derbi.
- X.1: A 1ª Autonómica comeza para os nosos costeiros.
Novas relacionadas
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).