Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Primeira Galega: O campión que o é cando quere e onde quere

Primeira Galega: O campión que o é cando quere e onde quere
Dous minutos de inspiración dentro dun partido irregular servíronlle á maquina perfecta do Dumbría para certificar o título de Primeira e un ascenso que ninguén pode ter argumentos para poñerlle un só pero O Dumbría e os seus xa clásicos 'champion selfie' Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Dumbría 2-1 Tordoia Houbo cea no clásico Restaurante Truanes Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira (Julito m.87), Iago, Aarón, Darío Capelo, Diego Cespón (Charly m.81), Soule (Cristian m.76), Rivi e Adrián (Pablo Conde m.87) Tordoia: Santi, Chino, Che (Calviño m.81), Alemán, Pombo (Nico m.67), Àlex Varela (Zalo m.57), Andrade, Toño, Dubra, Liñares e Maki Árbitro: Bermúdez Seoane (Santiago). Amonestou a Aarón e Diego Cespón do Dumbría; Che, Liñares e Diego do Tordoia Goles: 1-0 m.72 Aarón; 2-0 m.74 Adrián; 2-1 m.88 Maki De volta a casa O que non crea que quede na casa". Esa frase tantas veces repetida por Adrián, goleador e en ocasións líder espiritual do vestiario, sirve para definir a tempada do Dumbría. Os brancos asumiron nun tempo express ese luto que noutros dura por anos chamado descenso, e dominaron a competición prácticamente de comezo a fin. O triunfo de onte ante o Tordoia foi a certificación a nivel federativo dunha sensación que desde hai meses tiñan asumido case tódolos seus rivais: o mellor equipo da liga sería campión máis ou menos cando o necesitase ou cando lle petase. Na cita definitiva pasou algo diso. Púxose máis peliagudo do agardado, e resolveuno cando tocaba disipar calquera tipo de dúbida. Foron os visitantes un equipo 'pesado', moi intenso, rápido e replegado. Incluso dispuxeron de dúas boas opcións a balón parado que a algún dos presentes lle fixo poñer o interrogante sobre o futuro da festa. Foi total a ofensiva da reanudación, que fixo que o Dumbría non saíra de campo contrario, e ameazara primeiro con tiro de Adrián, despois de Aarón e acto seguido de Darío. O destino quixo que o selo de campión o puxeran dous fisterráns que, en roles diferentes, basearon a fortaleza do proxecto: Adrián centrou para que Aarón, en prancha e de cabeza, abrise as portas do paraíso. Non pasaran cen segundos cando, como celoso do seu inseparable amigo, o pichichi sumouse á festa ao resolver un man a man. Xa ninguén lle podía arrebatar o título a un equipo que contaba os minutos e non se puxo nervioso cando Maki acurtou distancias. O camión que agardaba aos xogadores acendera motores. A festa no campo e nos vestiarios era ineludible, e a caravana de Preferente pasou polo centro do pobo, Berdeogas e demais parroquias que calquera sabería adiviñar de memoria. A festa acabou en Cee, e acabou hoxe, coas caldeiras do pan xa acendidas para repoñer forzas a uns futbolistas que por momentos deixaron durante a tempada a sensación de súper homes. O Dumbría pode selar agora un novo refraneiro popular de cara ao futuro: a veces é mellor dar un paso para atrás, e despois dous hacia o frente. Xeracionalmente, desde logo, é o momento óptimo. Pode ser O Incrible Tolo o segredo da forza do Dumbría? Outes 4-0 Sporting Zas O Outes goleou ao Sporting Zas - Foto: Sporting Zas Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja (Dani Corniños m.66), Cutu, Maroñas, Pose (Kim m.66), Chía (Babu m.80), (Yago Dosil m.52), Martín, Eli, Chúa, Jura e Mario (Samu m.84) Sporting Zas: David Insua (Noé m.85), Javi Souto, Anxo, Manu Fuentes, Pablo Novo, Diego, Fabi, Bruno (Álvaro m.79), Josito, Dani Mato e Nolo (Andrés m.36)(Alberto m.46) Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago). Amonestou a Pablo, do Sporting Zas Goles: 1-0 m.54 Martín; 2-0 m.58 Pose; 3-0 m.83 Yago Dosil, de penalti; 4-0 m.88 Mario O lume da esperanza só arde en Outes Deixou tocado de morte o Outes ao Sporting Zas nun duelo no que de ningún xeito os dous podían seguir vivos na loita pola permancia. A imaxe e o resultado do encontro responden á sensación dos últimos dous meses, cos locais moito máis enchufados, determinantes e determinados. E iso que a primeira metade non deixaba intuir o desenlace extremo posterior, con certa igualdade e un chamativa escasez de oportunidades de gol, ambos puntos comúns dun denominado enfrontamento do medo ao uso. Pero os de Alfredo Cambeiro lembraron tralo paso por vestiarios o moito que tiveran que sufrir para chegar a este punto, e acabaron por arrollar ao seu rival. Martín, cun gran remate lonxano, e un Pose nun momento máxico, de volea perfecta, puxeron terra de por medio no camiño da esperanza. Josito estrelou no pau a mellor dos zascenses, e xa na recta final, cun rival entregado, Yago Dosil, de penalti, e Mario, noutro bo remate, prorrogaron a senda rumbo ao imposible (moi posible) emprendido hai tempo polos outienses. Fisterra 1-2 Silleda Campo: Ara Solis Fisterra: Norberto, Rubia, Robertín, Roa, Tati, Piti, Angeliño, Adri (Ezequiel m.46), Roco, Abel (Jorge m.61) e Bruno Silleda: Jose Ramón, Diego Iglesias, Pablo, Rubén, Gustavo, Jorge, Espantoso, Alan (Manuel m.62), Cangas (Diego Mosquera m.51), Diego Suárez e Jose Árbitro: Botana Rey (Santiago). Amonestou a Roco e Piti do Fisterra; Gustavo, Diego Iglesias e Manuel do Silleda Goles: 0-1 m.6 Diego Iglesias; 0-2 m.24 Diego Cangas; 1-2 m.58 Tati Que pouco se necesita a veces para ganar… Levou o Silleda un botín a todas luces excesivo e inxusto da súa visita a Ara Solis, onde o Fisterra empotrouse contra un muro, e ante un equipo que sen apenas chegar a porta foi quen de facer dous goles. Os visitantes, rivais directos de Outes ou Sporting Zas, aproveitaron o vento para, nada máis comezar, poñerse por diante nunha falta. Salvou Norberto en primeira instancia, pero no rexeite Diego Iglesias non perdoaría. Coa defensa metida varios metros incluso no seu área, o Silleda apenas deixaba espazos, ante un Fisterra algo previsible. Nun error non forzado, Robertín errou na entrega e Diego Cangas fixo o segundo. Tiña máis dunha hora para darlle a volta o equipo de Nacho, excesivamente horizontal. Foi xa na segunda metade, e nun dos poucos disparos lonxanos que tentou, cando acurtou distancias. Tati, pouco habitual nesa especialidade, deixaba a tiro doutro puntuar e facer un pequeno favor aos veciños. Pero unhas veces por un penalti non pitado e outras por falta ideas non foi posible. O colexiado perdoaríalle tamén a expulsión ao visitante Manuel.

Comentarios