Repaso á #CopaDiputación, Campionato de Barrios, torneos e fichaxes

Facemos un repaso do acontecido estes días recollendo a información que imos publicando no Facebook Fútbol da Costa. E falamos da Copa Diputación, coma das últimas fichaxes, como a sonada de Adrián Makaay, in extremis, polo Dumbría. De feito, en breve traemos unhas táboas con todas as Altas e as Baixas de todos os equipos.
Iso si, apuntamos unha nova de última hora, i é que a data para a II gala do fútbol da Costa é o sábado 17 de agosto, as 20:30 horas na Casa da Cultura de Outes.
Ademais, repasamos os vindeiros torneos que terán lugar en Cee e Esteiro.
Copa Diputación
Malpica - XSC (0-3)

O resultado pode considerarse xusto porque o equipo xalleiro saíu moi ben colocado no campo para cerrar ocos e que os seus dianteiros fixeran dano arriba como así pasou. Ao Malpica non lle saía onte nada do que tentaba, abusando dos balóns en longo desde a defensa aos dianteiros que casi sempre acababan nos pés da defensa rival. Ademais, nas chegadas arriba tampouco definían, mentres que os verdes e laranxas si que acertaron as súas ocasións.
Darío por dúas veces no ecuador da primeira metade e Miki xa contra o final, sentenciaron o pase xalleiro.
Ponteceso - Soneira (2-6)
Comezou o Ponteceso poñéndose por diante á media hora e de penalti por medio de Jorge. Antes do descanso Bolo facía o 2-0 que tampouco reflectía o que estaba pasando no marcador. Pero antes do descanso Javi marcaría o primeiro dos seus 4 goles para acurtar distancias. Na segunda, o Ponteceso viuse abaixo e o Soneira acabou remontando e goleando cos tantos de Javi, e mais de Baba e Óscar.
Vindeira rolda
Dezaseisavos (4 de agosto):
- B7: Dumbría – Bergantiños.
- B13: XSC - Soneira.
Oitavos (7 de agosto).
- C3: B10 (Vencendor Abella-Sada – Deportivo B) – B7.
- C5: B13 – B4 (Vencedor Mandía-(Marabillas-Victoria) – Somozas).
Campionato de Barrios de Esteiro

Coa vitoria da pasada fin de semana por 5-1 sobre o Tal, o equipo Praias de Raimundes, da Pendente e Trasdacosta, conseguiu evitar o posto de pechacancela, a chamada Cuchara de pao, do 36º campionato de barrios de Esteiro a falta dunha xornada para o remate da fase regular.
O outro partido disputado entre os Ciclóns-Canchester rematou con empate a uns. O trofeo que tradicionalmente se lle outorga ao último equipo da primeira fase do campionato -a cuchara de pau- deberá dilucidarse a vindeira fin de semana entre os equipos de Tal e o Canchester.
A clasificación a falta da última xornada que se xogará o vindeiro sábado a partir das 18:30 h. entre os equipos da Abelleira-Independiente e Canchester-Praias é a seguinte: Ciclóns, 14 p. - Independiente, 12 p. - Carallo santo 8 p. - Abelleira 8 p. - Praias de Raimundes 4 p.- Tal 3 p. - Canchester 2 p.
Torneo Manolo Martín
Xa temos Selección costeira para enfrontarnos ao Real Madrid C no Trofeo Manolo Martín. Da data de celebración da Gala aínda non temos novas.

Memorial Pedro Caamaño

O Xosé Luis Vara prepárase para render a segunda homenaxe ao presidente fundador do clube esteirán Pedro Caamaño. A cita, o domingo 4 de agosto ás 19:00h entre os cadetes de División de Honor do RC Deportivo e os potentes cadetes da Esteirana.
Últimas fichaxes

Conguito ficha polo Camariñas de Berto é únense ás altas de Wii - Soneira B; Pablo, Mario Toja, David Toja e Yuyo - Porteño e Pirucho - Xaviña e David Lema (do Muxía). E o que volve ao Muxía é David Rey, procedente do Corcubión.

Adrián Makaay é outro dos nomes de verán, deixando a disciplina do Soneira, cando este anunciara a súa renovación, para unirse ao ambicioso proxecto do Dumbría, que a estas alturas xa ten que estar pensando no ascenso.
O cambio de cromos faise efectivo, pois o que sae de Dumbría rumbo a capital soneirá é Leo. Por Soneira tamén anuncian a fichaxe de Segio, procedente do Camelle, para o equipo B.
Tamén en Preferente, o XSC incorpora a Richi, un rapaz de Cangas que vén de conseguir o ascenso a 3ª co Grixoa pero que queda ás ordes de Julio Martínez.
Outro movemento importante é a fichaxe de David Blanco polo Zas. O dianteiro deixa o Malpica para enrolarse ao novo proxecto zaense.

E ollo co Sofán, que incorpora tamén a Martín, unha gran fichaxe para o medio campo.

Para o Camelle tamén hai altas, como a de Ángel Riveiro, irmán do xa xogador Miguel. Ambos estarán ás ordes de Ángel Carballo no Rodeiro, ao igual que que o porteiro Ángel Luís Diez, que defenderá a meta camellá.
E dos que marchan, xa falamos do muradán Toni, que viaxa cara Noia xunto ao seu ex compañeiro, o tamén muiradán Saúl.

Máis información
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2013 e das Fases de Ascenso.
Novas relacionadas
- Os Veteranos preparan unha nova temporada.
- Completo repaso ao #futboldacosta.
- Nova reunión do #FutboldaCosta coa Federación.
- As novas perspectivas do Xallas de Santa Comba.
- #regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar.
- Kiko: “O fútbol da Costa é unha drogha das duras”.
- Repaso á reunión máis importante da tempada no #futboldacosta con só o 25% dos clubes representados.
- Movementos nos clubes da Costa: 14 equipos na 3ª?.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
Torneos e fichaxes
- Unha nova desaparición, máis fichaxes e un proxecto no #futboldacosta.
- Torneos, fichaxes e presentacións no #futboldacosta.
- Repaso aos movementos de #futboldaCosta.
- O Volantes ultima o seu I Torneo de Fútbol 7.
- Repaso á Fin de semana de torneos en Lariño, Cee e Corcubión.
- Máis fichaxes no Dumbría e no Ponteceso e asemblea á vista en Corcubión.
- Outra de fichaxes no #futboldacosta.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).