Comezamo o repaso á xornada pola Preferente - Senra Sport onde os nosos tiveron saídas con diferentes rivais pero o mesmo resultado. O Dumbría vistaba ao líder, un Negreira, mentres o XSC enfrontábase a un pechacancelas que gracias á vitoria ante os xalleiros deixa o último posto. Dúas derrotas dolorosas.
Xa na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, a xornada xa comezaba ben o sábado coa vitoria do Baio. Claves foron as vitorias de Esteirana, tras 9 partidos sen facelo, e Corme, que tamén levaba 7 xornadas sen gañar. Dúas vitorias que non lles permiten saír do descenso pero que os achegan á salvación. O Malpica caía na casa ante o “matacosteiros” Bertamiráns B, pero a atención da xornada centrábase no Carral, onde saltou a relavita sorpresa. O Soneira foi o primeiro equipo que leva os 3 puntos do Carral, confirmando o baixón do Sofán no último mes, quedando agora a 3 do liderato. Baio e Soneira quedan no segundo grupo, 5º e 6º.
Xornada vital na Liga da Costa
Na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Por arriba, o San Lorenzo caía ante un dos equipos máis en forma do campionato. Sumaba o Camariñas a 5ª vitoria seguida ante o líder, que nos últimos 7 partidos perdeu 4. Non podía o Outes máis que recurtar un punto, pois o Baíñas soubo manter o empate en Vimianzo, pero xa son 13 xornadas sen perder as do equipo de Manu Roque. Zas e Castriz tamén empataban co que o grupo de 4 queda en só 4 puntos de diferencia. Importante era a xornada por abaixo, e hai vida para o Montelouro. O cadro de Marcelo vencía ao Seaia, o equipo que marca a salvación e agora son 3 puntos, pero co golaverage individual para os malpicáns. Escapou o Carnota a conta dun Camelle que malia competir non está tendo sorte e segue no pozo moi alonxado. Ademais, o Cabana, ca súa vitoria rotunda no San Paio de Refoxos mete ao Cee nunha comprometida 14ª posición, por diante dun Porteño que era quen de empatarlle ao Castriz.
Novo golpe na mesa do Cerqueda, emais do Ameixenda, que parecen claros favoritos ao ascenso directo na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Xa son 9 puntos os que saca o cadro ceense ao inmediato perseguidor, o Corcubión, que precisamente era goleado ante o líder. Por detrás, o Coristanco goleou ao Lira da cruz, mentres o Muxía venceu ao Nantón e queda a só 2 da Promoción.
Intensa a Liguilla de Xuvenís
Fermosa está a Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. O Dumbría recuperou a intensidade trala derrota da semana pasada e foi o Camariñas o que pagou os pratos rotos. O cadro xalleiro confirmou a súa recuperación e xa está a só 3 puntos dos Miúdos, que vencía ao Cabana e confirma a súa candidatura, pero polo medio quedan Cabana e Camariñas. Menos interesante está a Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, na que a Esteirana suma e segue, e xa van 5 de 5. O Coristanco mantén o ritmo pero a atención ten que centrarse na zona de abaixo, na que o Cee deu un paso adiante, deixando a Zas e Baio, e Castriz, como candidatos a quedar fóra da Copa.
Xornada dispar nas Autonómicas
Gran vitoria no Conco do Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, que pode respirar tranquilo. Non tanto o XSC, que empata na casa e queda con 3 puntos sobre o descenso. Mentres, comezou mal o Play Off por evitar o descenso da Liga galega Infantil o Dumbría. Tiña un choque importante ante o Ural, precisamente o equipo que marca a salvación tendo en conta os puntos arrastrados da primeira fase, deixándoa agora nos 16 puntos, polos 5 cos que conta o equipo de Huelvis e Pablo Conde.
Nas Licas locais a atención estaba no Cairo, no choque entre Corme e Cabana, os líderes da 1ª Cadete. Finalmente, un empate que deixa todo como estaba, co cadro cormelán un punto por diante, e o Cabana con 6 sobre os perseguidores, Cee e Ponteceso, polo que seguen sendo os favoritos á Fase de Ascenso.
Nova xornada nos Veteranos
Seguen como estaban as cousas no alto da 1ª dos Veteranos. Os de arriba non fallaron e segue o San Román líder, con 3 sobre o Hosgran e 6 sobre o Coristanco.