Martes. 07.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Os 4 de arriba non fallan mentres o Cabana salva unha final ante o Montelouro

2ª Autonómica: Os 4 de arriba non fallan mentres o Cabana salva unha final ante o Montelouro
San Lorenzo-Mazaricos-Foto-David Pena Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Non fallaron os 4 de arriba na 22ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Pero algún sufríu máis que outros, como o líder, o San Lorenzo, ante un gran Mazaricos. O Outes goleou a un Buño que seguen con moitos problemas de efectivos, manténdose a só 3 do liderato. Por detrás, a 4, segue o Zas, que tivo que pelexar ante un Cee dando a súa boa cara. E tamén lle tocou sufrir ao Castriz en Malpica ante un Seaia que segue sen sorte de cara gol.

Todo nunha xornada moi venteada que tivo no choque entre Cabana e Montelouro o partidazo da xornada. Un partido clave para que o Cabana non pase apuros, que puido caer de calquera lado pero que agora deixa ao Montelouro a 7 dos cabaneses, e a 6 da salvación. Unha salvación que marca o Seaia, que precisamente a semana que vén visita Muros nunha auténtica finalísima para os loureáns.


Cabana - Montelouro (4-2)

  • CABANA: Añón, Charly, Pepe, Raúl, Ismael, Manolo, Moreno, Miky, Fernando, Josiño e Iván Mato.
  • MONTELOURO: Fernando, Pablo (Abel, min.60), Isma (Pedro, min.70), César, Teo, Dani Corniños, Geico (Pepe, min.80), Pesco (David, min.70), Riki, Edu e Gelo.
  • Goles: 0-1, min.30: Teo nun córner; 1-1, min.44: Pepe de córner; 1-2, min.55: Geico de penalti; 2-2, min.65: Josiño; 2-3, min.70: Josiño; 2-4, min.80: Berti.

Importantísima vitoria do Cabana ante o Montelouro no case era unha final. Foi unha parte para cada equipo, e a vitoria local deixa unha diferencia de 7 puntos entre ambos, cando aínda quedan, iso si, 36 en xogo.

Foi unha gran primeira metade dos de Marcelo, que a favor de vento dominaron. Ata dúas veces se metía por diante, e tivo boas ocasións para ampliar a renda por medio do Pescoe Gelo: Pero ao fío do descanso Pepe facía a igualada, que era inxusta tralo visto nos primeiros 45 minutos.

Cambiou o conto na segunda e o Cabana, co vento, foi superior. Sen embargo era o cadro loureán o que se puña por diante, cun gol de Geico de penalti. Puido Riki ampliar a vantaxe pero os de Periscal arriscaron e tiveron premio, máis acertados cara gol. Josiño daba a volta ao marcador, e Berti facía o definitivo cuarto tanto a 10 para o remate.

Ainda ten outra final a vindeira semana o Montelouro, coa visita do Seaia, o equipo que marca a salvación, a Muros. Un Seaia que ten un colchón de 6 puntos sobre os loureáns.


Seaia - Castriz (0-1)

  • SEAIA: Jesús, Dimaga (Zala, min.80), Víctor, Vistas, Avelino (Damián, min.42), Miguel Riveiro, Nando, Eme, Adra (Moisés, min.65), Javi Rañal e Tato.
  • CASTRIZ: Pablo, Martín, Félix, Alberto, Álex; Bruno, Adrián Prol, Cilindro; Chinda (Dani Martínez, min.75), Luís e Bolón.
  • Gol: 0-1, min.20: Luís nunha xogada persoal raso polo segundo pau.
  • Lesión: o local Avelino.
  • Expulsión: o local Nando (min.80).

Foi o vento o protagonista en Pedra Queimada, e impedíu que se vise practicamente ningunha xogada combinada. Tocoulle a favor o primeiro tempo aos xalleiros e foron quen de crear un par de chegadas e marcar unha, tras unha boa xogada de Luís.

Tocoulle defender ao equipo de Esteban Blanco na segunda, pero falta gol no Seaia. Tiveron ocasións pero non acaba de ter puntería o equipo de Tato, que leva 5 partidos sen gañar, e que ten a semana que vén unha finalísima en Muros ante o Montelouro, equipo ao que lle saca 6 puntos pero que marca o descenso.


Camelle - Camariñas (2-3)

  • CAMELLE: Jimmy, Peseta (Adrián, min.75), Dido, Valiña, Alberto, Pietrus (Tedín, min.50), Macho, Mario, Felisiano (Sikario del Amor, min.93), David (Tonsón, min.80) e Felipe (Sergio, min.60).
  • CAMARIÑAS: Pablo, Denis (Martín, min.75), Martín, Darío, Nico, Moriño, Isma, Javi, David (Saviola, min.65), Sule e Yuyo.
  • Goles: 0-1, min.25: Isma; 1-1, min.35: David; 2-1, min.44: Dido; 2-2, min.85: Darío; 2-3, min.89: Sule.
  • Lesión: os locais Pietrus e Felisiano.

Auténtico derbi que define perfectamente o que é o fútbol da Costa. 400 persoas nas bancadas do Rodeiro, un campo impracticable, un vento tremendo, pero unha intensidade impresionante e a emoción e a tensión viva ata o pitido final. Partidazo o vivido en Camelle que non permite que o equipo de Varu saía do pozo. Un Camelle que segue mellorando xornada a xornada, pero ao que non lle acompaña a sorte, e onte vía como o Camariñas lle remontaba nos últimos 10 minutos. Pero o choque se lles fixo moi longo aos locais.

Un choque especial para moitos, como Gerpe e Javi Baña, hai pouco ao mando do Porteño e hoxe tomando as rendas do Camariñas.

Comezou mellor o Camariñas, que se metía por diante por medio de Isma. Puido ampliar a renda o cadro de Gerpe pero protestaron que o colexiado non sinalou un penalti e pitou un fóra de xogo a Yuyo inexistente. Un árbitro que tampouco gustou aos locais, aos que lle sacou unha boa listaxe de tarxetas. Antes do descanso o Camelle adiantábase nunha xogada de novo protestada polos camariñáns por posible fóra de xogo.

Arrincaba a segunda metade cun Camariñas buscando o xogo directo e metendo atrás ao Camelle, que esperaba e buscaba as contras. Aguantou 35 minutos o cadro camellán pero o segundo tempo se lle fixo eterno, e nos últimos 10 minutos, Darío e Sule remontaban o partido mantendo a boa xeira dos camariñáns, coa 4ª vitoria consecutiva.


San Lorenzo - Mazaricos (1-0)

San Lorenzo-Mazaricos-Foto-David Pena
  • SAN LORENZO: Diego, Javi Puñal, Adrián Varela, Rudy, Pablo Novo, Álex Figueiras, Schuster, Parafita (Anxo, min.85), Fuentefría (Álex Taibo, min.70), Juni (Cachizo, min.80)e Joaquín (Javi Pensado, min.75).
  • MAZARICOS: Marcos, Chico, Ramón, Matías, Martín (Miguel), Coxo (Ferreiro), Pereiro, David, Esteban (Tuco), Estéfano, e Chenel.
  • Gol: 1-0, min.30: Álex Figueiras de penalti.
San Lorenzo-Mazaricos-Foto-David Pena

Sufríu o San Lorenzo para sacar os 3 puntos ante un Mazaricos que demostrou por que está na zona media-alta. Un equipo férreo, moi serio, que non dá unha bola por pérdida, e que pelexou ata o final, tendo de feito, unha ocasión no último suspiro para acadar o que puido ser un xusto empate, se ben o líder tamén puido ter sentenciado antes o partido.

Foi un choque de contacto, pero limpo. Nos primeiros minutos tivo varias ocasións o equipo de Néstor a balón parado, mesmo cun balón á madeira de Chenel que a defensa tivo que sacar no rexeite baixo paus. Pouco a pouco foi controlando o peso do partido o San Lorenzo, que se vía beneficiado dun penalti que os amarelos consideran excesivo, sinalando que “hai outros 10 por partido coma ese”. Tivo un par de ocasións de Juni, e Joaquín àra ampliar a vantaxe o cadro local antes do descanso.

Na segunda estirouse o Mazaricos, e foi mellor apretando ata o final, e crearon perigo. Tamén puido sentenciar á contra o equipo de Pedro, que non tiveron acerto os Álex Figueiras, Parafita, Fuentefría, Juni… Co San Lorenzo metido na súa metade de campo, Miguel, Ramón, Esteban… fallaron o casións para o empate. E no último minuto unha de David fixo saltar de nervios á parroquia local nunha ocasión que non significou o empate de milagre.

San Lorenzo-Mazaricos-Foto-David Pena

Fisterra - Ponteceso (3-0)

11 do Fisterra ante o Ponteceso-Foto-Ponteceso
  • FISTERRA: Norberto, Piti, Robertín, Manuel Cartamil, Borja Munitis, Juan, Eddy, Noé, Dani Bebeto e Mané. Tamén xogaron: Roa, Santi, Antonio, Yeray e Aitor.
11 do Ponteceso en Ara Solis-Foto-SD
  • PONTECESO:: Brais, Valle (Juanma, min.65), Diego Collazo, Moscoso, Kevin, Alberto Recarey, Dani Cotelo, Martín Puente, Dieguito, Eloy (Youssef, min.85) e Brais.
  • Goles: 1-0, min.21: Mané de penalti; 2-0, min.70: Robertín; 3-0, min.90: Aitor.
Fisterra-Ponteceso-Foto-SD

Volveu o Fisterra demostrar o seu potencial e venceu a un Ponteceso que viña moi forte dende que comezou o ano. Foi un partido estrano, marcado polo vento, con moi boa espectación en Ara Solis. Comezaba o choque case que co penalti que non marraba Mané para os de Nacho.

Os de Barca non superaban a férrea defensa local protestando a permisividade da árbitra. Xa no comenzo da segunda parte os visitantes saíron a polo partido pero o Fisterra foi máis efectivo, e Robertín aproveitaba un despiste para facer o segundo, e Aitir, xa no desconto, facía a puntiña.

Fisterra-Ponteceso-Foto-Ponteceso

Este é o primeiro gol do Fisterra, marcado por Mané dende os 11 metros.


Porteño - Carnota (2-1)

  • PORTEÑO: Suso, Pejo, Gabi, Manu, Caamaño, Doyle (Anxo, min.46), Roi, Cristian, Anxo (Oli, min.46), Carlos (Marcos, min.60) e Jose (Curra, min.75).
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Pumuky, Ferreiro, Pedro Pichín, Tono da Caixa, Raúl, Niko, Cano, Manuel Luís (Bernardo, min.89), Míchel e Pablo Beiro (Pablo Pichín, min.55).
  • Goles: 0-1, min.25: Ferreiro de penalti; 1-1, min.65: Roi de cabeza; 2-1, min.91: Marcos dende fóra da área.
  • Lesións: Pablo Beiro.

Vitoria moi apurada do Porteño de Roski nun partido con poucas ocasións, moito xogo directo, e que puido ter rematado en empate. Un choque disputado no Hermanas Patiño ante o mal estado do céspede da Grixa. Comezaba o choque igualado, e nunha internada de Pablo Beiro, o porteiro o derribaba. O punta carnotán aínda tiraba dende o chan, e un defensa sacaba o balón baixo paus. O colexiado aguantou pero pitou a pena máxima e sacou tarxeta amarela ao meta local ante as protestas visitantes por considerar que era o último home.

Foise metendo o Porteño no partido, e na segunda metade empataba Roi. E cando parecía que remataría en empate, un rexeite lle caía a Marcos que dende fóra da área superaba a Luís.

Un choque no que debutaba Cano nas filas carnotáns. Un rapaz de 37 anos, que leva percorrido media provincia, despois do seu paso polo Arteixo, Ponteceso, Silva, Paiosaco… Foi ademais o mellor do partido facendo un despliegue físico impresionante, como o seu compañeiro nas carreiras populares, Míchel, outro vello roqueiro feito un atleta. Ten Cambeiro outro “chaval” pensado para a semana que vén… Estaremos atentos.

A vitoria da Grixa deixa todo nun pano, con Porteño e Carnota a apenas 1 punto de distancia entre eles, e con 8 e 9 puntos sobre o descenso.

Destacable foi o debut de Suso, porteiro malpicán, co cadro da Ponte.


Volantes - Baíñas (1-4)

  • VOLANTES: Marcos, Brea, Mayu, Juan, Javi (Varo), Miguel, Brais (Moja), Mingos, Ivi, Picho e Piti.
  • BAÍÑAS: David ,Martin (Marcos, min.12), Mario, Braulio, Héctor, Cristian, Eloy Vilas, Esteban, Tasky (Iván, min.35), Jaime e Javi Suárez (Rodri, min.25).
  • Goles: 0-1, min.20: Jaime: 0-2, min.30: o porteiro local en propia tras centro de Esteban; 0-3, min.60: Cristian en xogada personal; 1-3, min.67: Mingos; 1-4, min.80: Jaime tras xogada de Cristian.
  • Lesións: os visitantes Martín, que acabou no Hospital cun problema no xeonllo; Javi Suárez, cunha lesión muscular; e Tasky con problemas no pubis.
  • Expulsións: os locais Juan e o míster Felipe Candamo; e os visitantes Rodri e o delegado.

Saíulle cara a vitoria aos de Pablo Mallón ante o dificilísimo Volantes na súa casa. I é que a pesar do gran partido, pode que quede sen tres alicerces básicos no 11 vimiancés: Martín acabou no hospital, no que parece o máis grave, tras facerlle un estrano o xeonllo; Javi Suárez, o pichichi saía con pronlemas musculares e Tasky que se resentiu do pubis.

Foi un partido bronco, con pouco xogo e moitas faltas. O Volantes fixo un mal partido. Saíron durmindo os laranxas e en media hora xa levaban dous goles no peto. Clave foi o penalti que fallou Piti co 0-1 no marcador, cunha gran parada de David, que non só parou o penalti senón tamén o rexeite, e permitíu que os vimianceses marcasen o segundo antes do descanso. Saíron mellor os locais na segunda pero o Baíñas estaba moi ben prantado e non permitiu grandes ocasións.


Zas - Cee (3-2)

Zas-Cee-Foto-Alejandor Mel
  • ZAS: Tívoli, Martín, Fabián, Isma, Jostio, Canedo, Manu (Peke, min.84), Dani (Diego, min.84), David Blanco, Rubio e Álex Flores.
  • CEE: Maikel, Fiuza (Tebo min.80), Jorge, Jacobo, Aitor, Paco, Josiño, Chiru (Hidalgo, min.65), Bruno, Leo (Piquero, min.65) e Juan oBello.
  • Goles: 1-0, min.23: Álex Flores a centro de Manu; 2-0, min.44: Álex Flores de cabeza nun córner; 2-1, min.51: Josiño a pase de Juan oBello; 2-2, min.83: Bruno a centro de Juan oBello; 3-2, min.88: David Blanco a pase de Álex Flores.
  • Expulsión: o ceense Juan oBello por protestar na última xogada.
Bancada de Zas

Partido estrano en San Andrés entre un Zas que vai coma un tiro e un Cee sempre irregular esta campaña. Comezou o Cee levando a iniciativa pero sen apenas inquedar a Tívoli máis que un tiro lonxano de Bruno. Espabilou o Zas que foi un vendabal nos últimos 25 minutos da primeira, na que ademais de dous goles puido ter sentenciado o partido. A partir do primeiro gol, foi clara superioridade do Zas que tivo varias ocasións e marcou o segundo nun saque de esquina mal defendido rematando sen oposición.

Saíu mellor o Cee na segunda e recutou pronto nunha boa xogada combinada. Foron minutos nos que o Zas puido sentenciar, pero dúas chegadas de Álex Flores, sen dúbida o protagonista do partido, eran ben respostadas por un gra porteiro ceense, Maikel.
Xa contra o final, deu outro pasiño adiante o equipo de Rafa cos cambios e lograron o empate nunha boa xogada de Juan que centra para Bruno que marca de volea. Jacobo tivo unha ocasión para completar a remontada, pero o Zas o que remataba o partido con máis folgos, e Álex Flores rouba un balón, o Cee non ten o oficio para unha falta táctica, lanza a David Blanco que facía o gol da vitoria. Aínda houbo tempo para a polémica, cando Juan oBello era expulsado por protestar un posible fóra de xogo dos locais.

Resumindo, o Zas puido ter sentenciado na primeira parte ante un Cee desaparecido, que apareceu de volta na segunda pero ao que lle faltou madurez para sacar algo positivo. Iso si, Rafa vai recuperando xente.

Zas-Cee-Juan oBello foi expulsado-Foto-Alejandro Mel O Zas celebrando un gol ante o Cee-Foto-Alejandro Mel

Outes - Buño (5-0)

  • OUTES: Gato, Jura, Borja (Rafa), Chúa, Róber Amoedo (Martín lago), Chía, Martín (Babu), David, Piki (Yago) e Santi (Samuel).
  • BUÑO: Víctor, Casais, Eloy, Diego, Fran (Emilio, min.70); Santi, Jorge Calvete, Uru, Rubén; Dani e Jorge Pombo.
  • Goles: 1-0, min.35: Elías nun rexeite; 2-0, min.38: Roberto Amoedo; 3-0, min.65: David de vaselina; 4-0, min.77: Yago de bonita chilena; 5-0, min.78: Piki no rexeite dun penalti que fallou el mesmo.

Con 12 chegaba o Buño ao Cunchido (moitas semanas plagados de baixas os de Chema Rivadulla), e o Outes non tivo piedade. Fixo un gran partido o cadro de Manu Roque se ben o marcador puido ser algo abultado. Só ao comezo da segunda o Buño meteu presión e mesmo se puido ter metido no partido pero tampouco tiveron sorte cara gol. Aí chegaba o terceiro de David, que pechaba o partido.


Crónicas da Liga da Costa

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios