mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: Doble inxusta derrota pola mínima

Preferente: Doble inxusta derrota pola mínima
Pablo Muino mete o cuarto para o XSC-FOto-Santi Diaz

Dúas derrotas pola mínima, e claramente inxustas, foi o balance dos equipos costeiros na 23ª xornada da Preferente - Senra Sport. Noia e Betanzos sacaron petróleo das súas visitas a Fontenla e o Conco e deixaron sen premio a dous bos equipos que non souberon aproveitar as súas ocasións.

Fixeron bos primeiros 45 minutos os XSC e Dumbría, pero perdoaron e acabaron sucumbindo. Unha xornada que deixa tocados aos nosos, que parece que teñn bastante complicado seguir mirando para a zona de arriba. Os 3 de arriba escapan case que definitivamente, pero aínda está a 4ª praza de Promoción á vista, pero son ata 11 equipos, entre eles os costeiros, con opcións.

Xallas StComba - Noia (0-1)

  • XSC: Vicente, Rubén Forján, Oscarín, Rubio, Aarón, Jota (Joshi, min.28), Doro, Jesús, Kevin, Vía Rápida e Choco (Pablo Muíño, min.68).
  • Gol: 0-1, min.65: de penalti.

Visitaba Fontenla un dos favoritos, o Noia, 2º na táboa, o que representaba unha proba de lume para saber se o cadro de Rubén Coméndez ía pelexar por todo ou ía rematar a temporada dun xeito máis tranquilo. E demostrou o equipo bicolor que pode competir con todos, pero non tivo sorte e acabou pagando as súas ocasións perdidas.

Foi un choque moi igualado, pero no primeiro tempon os Vía e Doro tiveron algunha ocasión para adiantar aos locais. Non foi así e aos 20 da segunda chegaba o tanto visitante, conseguido dende os 11 metros. A partir de aí os xalleiros estiraron filas. Saíu Pablo Muíño e o equipo atopou algún oco na xa ben fornida defensa visitante, e chegaron ocasións, sobre todo dúas de Kevin, moi claras para acadar un empate que nunca chegou.

Dumbría - Betanzos (0-1)

  • DUMBRÍA: Iván, Tantán, David, Iago, Pablo Conde, Aarón, Jesús (Alcaina, min.46), Diego Cespón (Cote, min.62), Darío, Adrián Makaay (Javi, min.70) e Adrián Nieto (Jose, min.60).
  • Gol: 0-1, min.91.
  • Expulsión: Tantán no min.57.

Perdoou o Dumbría na primeira metade e acabou pagando quedar con 10 pola expulsión de Tantán cando quedaba máis de media hora de partido. Chegaba un histórico ao Conco, pero un histórico vido a menos. O Betanzos ronda os postos de descenso, pero parece que chegou o seu momento pois a de onte foi a súa 3ª vitoria consecutiva.

O choque era igualado, cun Dumbría máis entonado, e con boas ocasións na primeira metade, por medio de Adrián Nieto e outras dúas de Makaay seguidas á media hora. Ademais, antes do descanso chegaba a máis clara cun remate de Iago que repeliu o pau.

A segunda metade foi máis de control, ningún quería perder, e ca co tempo cumplido, un mal despexe da defensa dumbriesa é aproveitado por Javi Fuentes para facer o gol da inxusta vitoria dos betanceiros.


Crónicas de Preferente – Senra Sport

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios