mércores. 30.04.2025
El tiempo

Resultados e análise dunha mala xornada do Fútbol da Costa

Resultados e análise dunha mala xornada do Fútbol da Costa
Zas-Cee-Foto-Paula Rodriguez

Nova xornada completa de fútbol da Costa, e coma sempre, sabedes que temos todas as Ligas actualizadas en www.futboldacosta.com, e por aquí achegamos os resultados, a análise da xornada, cada luns as crónicas das Ligas dos maiores e os martes as dos Xuvenís.

Comezamos o repaso da xornada pola Preferente - Senra Sport, cunha triste doble derrota pola mínima dos XSC e Dumbría. Pedoaron os costeiros na casa e acabaron caendo e xa parece imposible chegar á zona de arriba.

Malísima a xornada para os cadros costeiros na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. 4 derrotas e dous empates é o frouxo bagaxe, que provoca a perda do liderato do Sofán, e que mantén en descenso aos Corme e Esteirana. O Sofán, levaba 12 xornadas, dende a 9ª, no máis alto da táboa, pero unha xeira de só unha vitoria nos últimos 5 partidos, a última hoxe en Padrón, déixao 1 punto por debaixo do Villestro e empatado cun Unión que podía coa Esteirana, que demostrou que pode pelexar con calquera. O Baio deixa escapar o tren de arriba tras caer na Pobra ante un Puebla que xa lle saca 8 puntos. Completaba a lista de derrotas o Malpica ante un dos de abaixo, o Silleda, facendo ademais flaco favor aos seus veciños en perigo, o Corme e a propia Esteirana. Un punto sumou o Corme esta semana pero non lle vale para saír dos postos de descenso, quedando a 3 de Agolada e Amio. Un punto sumou tamén o Soneira ante o Cordeiro e case alcanza ao Baio, tras dúas traxectorias completamente distintas. Un Baio que comezaba de marabilla, mesmo alcanzando o liderato, e que leva un par de meses mais frouxos, e un Soneira que estivo en descenso, moi recuperado dende a chegada de Manolito.

Non fallaron os de arriba na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O San Lorenzo sufria pero vencía pola mínima ao Mazaricos. O Outes goleaba ao Buño e mantense a 3 puntos, un punto por diante do Zas, que vencía ao Cee; e dous sobre o Castriz, que gañaba en Malpica ante o Seaia. Na zona media, tremenda a vitoria do Baíñas en Muros ante un Volantes que deixa escapar o grupo de arriba.
Por abaixo, fundamental a vitoria do Cabana nas Redondas ante un Montelouro en liña descendente e que buscaba saír dos postos de descenso. Os de Periscal levaban 4 partidos sen gañar e retomaron o camiño da vitoria no momento xusto.
Había tamén interese noutro derbi camariñán, cun Camelle que segue gafado, e caía ante o Camariñas pola mínima.

8ª vitoria seguida do Cerqueda de Emilio Uzal, que o mantén no liderato 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira tras vencer ao Laxe. A 4 puntos queda o Ameixenda, que recuperou a senda da vitoria. Os dous equipos son, por agora, os favoritos para ocupar as dúas prazas de ascenso directo. Segue moi apretada a loita pola Promoción, con 5 equipos para 4 postos. Importante foi a vitoria do Lira ante un Muxía que se puido ter metido en postos de descenso tras unha gran remontada. O Nantón venceu ao Corcubión, ao que se achega e ao que impide mirar cara arriba. E non acaba o Castrelo de meterse na pelexa.

Primeira derrota do Dumbría Xuvenil

Pode ser a novidade máis importante da xornada esa primeira derrota da temporada do Dumbría de Leis e Lobelos na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. O XSC, despois de 3 derrotas, desquitouse cunha vitoria ante o gran favorito. Unha vitoria que demostra a igualdade na Liguilla, que está collendo moita emoción. A xornada completouse con outrs dúas vitorias pola mínima, do Camariñas ante Os Miúdos nun partido con polémica que analizaremos o martes; e do Cabana ante o Porteño.
Menos emocionante está a Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, na que a Esteirana queda como único equipo con 4 vitorias, despois de vencer ao Zas apuradamente, e logo do empate do Coristanco en Arliña. Queda o Baio sen puntuar, e Castriz, Cee e Zas con só un punto, pelexando por non quedar nas 3 prazas que os deixarían fóra dos Oitavos de Copa.

De base

Peor imposible a xornada para os nosos equipos nas Ligas Autonómicas, cunha triple derrota.

Incompleta quedou a xornada na 1ª Cadete, con dous equipos sen efectivos. Algo que non afectou a Corme e Cabana que seguen a súa pelexa a base de goleadas.
Mentres, en 1ª Infantil, o XSC mantén a vantaxe que conseguía a semana pasada ante o Fisterra, 3 puntos.

Os peques xa van pola xornada 13. Mantense líder o Outes da F8 Alevín Costa Sur, con Cee A pegado, a só un punto.
E en F8 Benxamín Costa Sur, o Fisterra, que non tivo piedade dos Miúdos B, escápase do Outes, que non pasaba do empate ante As Baleas e queda a 4 puntos.

O San Román, máis líder nos Veteranos

E finalmente, o San Román mantén o liderato superando unha nova proba na 1ª División dos Veteranos. Visitaba ao Dumbría, un dos de arriba, e cunha apurada vitoria pola mínima mantén a vantaxe de 3 puntos sobre o Hosgran. A xornada tiña ademais un choque importante, un Soneira-Coristanco, ou o que é o mesmo, campión de Copa contra campión de Liga, que quedou cunha vitoria vimiancesa que alonxa ao Coristanco do liderato.


Preferente - Senra Sport, xornada 23

Xallas StComba 0-1 Noia
Dumbría 0-1 Betanzos

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 22

Silleda 3-2 Malpica
Soneira 1-1 Cordeiro
Unión 2-1 Esteirana
Bertamiráns B 1-1 Corme
Puebla 2-1 Baio
Flavia 1-0 Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 22

Cabana 4-2 Montelouro
Seaia 0-1 Castriz
Camelle 2-3 Camariñas
San Lorenzo 1-0 Mazaricos
Fisterra 3-0 Ponteceso
Porteño 2-1 Carnota
Volantes 1-4 Baíñas
Zas 3-2 Cee
Outes 5-0 Buño

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 22

Ameixenda 4-1 Castrelo
Lira 2-1 Muxía
Nantón 2-0Corcubión
Cerqueda 2-0 Laxe
  • Descansa Coristanco.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4

Xallas StComba 2-1 Dumbría
Cabana 2-1 Porteño
Camariñas 3-1 Os Miudos

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 4

Castriz 1-5 Corcubión
Ponteceso 2-1 Cee
Zas 1-2 Esteirana
Baio 2-3 Fisterra
Muxía 2-2 Coristanco
Corme 3-2 Malpica
  • Descansa Outes.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 22

Areosa 3-1 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 22

Viveiro 5-1 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 19

Dumbría 0-6 S.de Compostela

1ª Cadete, xornada 21

Os Miudos 1-7 Corme
Coristanco 0-4 Fisterra
As Baleas - Cee
Sofán 2-3 Muxía
Outes 1-7 Cabana
Ponteceso - Baio
  • Descansa Esteirana.
  • O Baio non se presentu en Ponteceso e As Baleas pedíu o aprazamento pois non tiña efectivos suficientes.

1ª Infantil, xornada 21

Fisterra 4-1Vimianzo
Outes 3-5 Cabana
Coristanco 0-4 Os Miudos
Ponteceso 1-9 Xallas StComba
Esteirana 2-4 Cee
Corme 4-1 Sofán
  • Descansa Zas.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 13

Dumbría 8-0 Os Miúdos A
Fisterra 8-2 Os Miúdos B
Dumbría B 5-2 Esteirana B
Lira 0-7 Esteirana A
Cee B 0-12 XSC A
Cee A 9-0 Sofán
Outes A 5-1 As Baleas

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 13

Dumbría 1-2Os Miúdos A
Fisterra 27-0 Os Miúdos B
Lira 0-12 Esteirana
Cee B 1-3 XSC A
Cee 0-16 Sofán
Outes 2-2 As Baleas
  • Descansa XSC B.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 20

Hosgran 4-2 Cabana
Dumbría 0-1 San Román
Laxe - Baio
At. Milagrosa 2-1 Castriz
Soneira 4-3 Coristanco
San Lorenzo 2-0 Xv. Bergantiños
Ponteceso 1-2 Zas
  • Descansa Bértoa.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 20

Sofán 5-0 Camariñas S.D.V
Cerqueda 1-1 Corcoesto
Poniente 3-0 Dep. Carballo
Malpica 1-5 Erbecedo
Nantón 1-1 San Isidro-Razo
Leiloio 2-1 Agualada
Porteño 4-1 Vimianzo
  • Descansa Buño.

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios