Sábado. 18.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Unha xornada para esquecer

1ª Autonómica: Unha xornada para esquecer
Sofan en Flavia-Foto-SD

Menuda xornada a 23ª para os equipos costeiros na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. 4 derrotas e 2 empates, que deixan ao Sofán sen liderato, e a dous aínda en postos de decenso.

Deixouse o liderato en Padrón o Sofán, tras unha mala xeira de resultados (1 vitoria nos 5 últimos encontros). Dende a xornada 9ª levaba o cadro carballés aupado ao liderato, e baixa agora ata a 3ª praza pois Villestro e Unión non fallaron.

Precisamente o Unión puido cunha Esteirana que segue sen sorte e se mantén no último posto. Os blaugranas seguen demostrando que poden competir con todos, pero non suman. Tamén en postos de descenso segue o Corme, tras sumar un puntiño ante o Bertamiráns B.

Na zona morna, o Baio caía ante o Puebla vendo escapar aos de arriba. O Soneira sumaba outro empatiño e case colle ao cadro baiés, dando conta do longa que pode ser unha competición: o Baio estaba de líder nas primeiras xornadas e o Soneira en postos de descenso, e agora só os separan 2 puntos.

Ademais, non puido o Malpica facerlle un favor a Corme e Esteirana e caeu ante un Silleda que segue en descenso.

A Clínica Vértebra, coa fisioterapeuta Berta Reimúndez e a podóloga Alicia Novás, patrocina a 1ª Autonómica e espérate en Baio. Coñéceas en Facebook

Silleda - Malpica (3-2)

  • MALPICA: Pombo; Adrián, Diego (Juan Rabuñal, min.80), Pablo Díaz, Alemán, Baba, Fernando Varela, Joel Pereiro, Cheo, Cololo e Martín Mara (Rodrigo, min.36).
  • Goles: 0-1, min.15: en propia meta tras un tiro de Cheo; 0-2, min.36: Baba dende fóra da área; 1-2, min.48; 2-2, min.62: de penalti; 3-2, min.71: de penalti.
  • Expulsións: Os malpicáns Pablo Díaz e Baba e os locais Jorge e Marcos, todos nos últimos 10 minutos.

Incrible a derrota do Malpica en Silleda ante un dos equipos en postos de descenso. Despois dunha primeira metade fantástica, na que se puxo con 0-2 cos tantos en propia tras un tiro de Cheo e de Baba, dous penaltis permitían que os locais lle deran a volta ao marcador nun auténtico “festival arbitral”. 4 expulsións e dúas penas máximas que deron ao traste con todo o traballo dos de David Baña neste choque.


Soneira - Cordeiro (1-1)

Soneira e Bertamirans B en Vimianzo-Foto-Oscar
  • SONEIRA: Martín, Figueroa, Brais Mouzo, Alberto, Maikel, Nazo (Mayor, min.62), De la Sierra, Richi, Basti, Javi e Brais Triñanes.
  • Goles: 1-0, min.34: Brais Triñanes remata raso un pase de Richi; 1-1, min.83.

Mereceu máis o equipo de Manolito trala visita do Cordeiro ao Municipal vimiancés, despois de fallar un penalti e mandar un balón ao pau no desconto.

Un partido con poucas ocasións sendo as máis claras para o Soneira. O Cordeiro obtivo demasiado premio co gol tras una acción desafortunada do porteiro soneirán que lle servíu para sacar un punto sen apenas crear perigo durante os 90 minutos.

Comezaba o partido soso, pero pouco a pouco os locais ían tomando o mando. Richi avisaba e pouco despois Brais Triñanes abre o marcador. Así remata unha primeira metade na que o vento non permitía xogar demasiado o balón.

Estirou filas na segunda o cadro visitante, e aos 3 minutos chegaría a primeira chegada á área local, nun balón alto que non atalla Martín, pero que acaban salvando. Tivo varias para sentenciar o cadro local, como unha internada de Richi que sae cerca do pau. A máis clara chegaría dende os 11 metros por mans dun defensa. Desta volta De la Sierra vía como o porteiro lle adivinaba as intencións e lle paraba o penalti.

Así e todo, o soneira non se viría abaixo e no minuto 77 unha boa xogada de Basti pola banda, cun pase da morte que Richi remata algo forzado por riba do longueiro. O Cordeiro avisaba e a 7 para o final conseguía un empate co que nin contaba, nun balón colgado que, coa axuda do vento, vai envelenándose e Maríin non foi capaz de chapala e introdúcese na portería.

Aínda tivo arrestos o Soneira de virse de novo arriba, e xa no desconto Javi recolle un rexeite na frontal e de volea manda o balón á cruceta, o rexeite cólleo Basti pero o porteiro cunha boa intervención evita a vitoria local.

Soneira-Bertamirans B-Foto-Oscar

Unión - Esteirana (2-1)

  • ESTEIRANA: Fabio, Code, Simón, Rafa, Serrano, Martín, Saúl, Andel (Adrián de Louro, min.75), Álex, Pablo e Adrián.
  • Goles: 1-0, min.38; 2-0, min.43; 2-1, min.70: Adrián.

Non ten on hai sorte ningunha esta Esteirana, que demostrou, unha semana máis, que pode competir ata co 2º da táboa, pero que os resultados seguen sen chegar, sendo xa 9 xornadas sen gañar.

De novo as xogadas a balón parado seguen sendo un quebradeiro de cabeza para os esteiráns, e os tantos, os dous case seguidos antes do descanso, chegaron dun córner e nun rexeite tras un centro lateral. Apenas chegaran os locais antes dos tantos, se ben Álex e Pablo tiveron dúas clarísimas para meterse por diante antes da primeira media hora.

Na segunda, Fabio non tivo nin a oportunidade de comprobar que o balón estaban ben hinchado pois foi un monólogo blaugrana. Álex tivo dúas claras, e Adrián e Simón tamén. Foi Adrián o que recurtaba aínda con 20 minutos para o final, pero non puido chegar un empate que sería máis que merecido ante un dos equipos, ademais, máis en forma da categoría, que leva, nada menos, que 14 partidos sen perder.


Bertamiráns B - Corme (1-1)

  • CORME: Suso, Dani, Pandi, Joshua (Jose, min.75), Adolfo, Juan Chans, Sergio Sueiro (Diego, min.57), Brais, Lucas, Alejo e Toniño.
  • Goles: 1-0, min.27; 1-1, min.76: Toniño.
O Corme en Bertamirans-Foto-Fin Lema

Volveun cun punto o Corme de Bertamiráns ante un equipo moi serio, e se cadra mereceu algo máis. De xogar así o cadro de Lentejo non terá problemas para salvar a categoría e como veñen comprobando nas últimas semanas, o bo xogo dos azulóns é tranquilizador. Non é tanto a falta de puntería, pois tras unha primeira metade algo máis sosa, o equipo cormelñan tivo ata 5 ocasións moi claras para darlle a volta ao marcador.

Saíu en tromba tralo descanso o Corme e en apenas 15 minutos, Alejo e Toniño xa puxeran 3 veces en apretos ao meta local. Foi Toniño o que acadaba o empate a falta de 15 minutos, e aínda puido caer o tanto da vitoria.


Puebla - Baio (2-1)

  • BAIO: Dani, Yago, Ramón, Porto, Jose, Norber, Bieito, Martín, Saleta (Rubio, min.60), Alberto e Christian.
  • Goles: 1-0, min.31: de penalti; 2-0, min.56; 2-1, min.80: Norber de chilena.
  • Expulsión: os baieses Alberto (min.75) e Yago (min.89).

Partido que controlaba o Baio na primeira metade, sen problemas atrás e mesmo con algunha chegada á área rival, ata que chegou un discutible penalti que paraba Dani pero que os da Barbanza remachaban no rexeite.

Arrincaba a segunda metade e o Baio seguía máis dominador, pero nunha contra aos 10 minutos os locais facían o segundo e ampliaban a renda. Parecía sentenciado o choque, pois ademais do Baio quedaba con 10 homes pola expulsión de Alberto (Yago acabou tamén antes de tempo nos vestiarios). Pero un golazo de chilena de Norber a falta de 10 para o remate deixaba as cousas abertas. Houbo algún barullo na área local nos últimos minutos pero o balón non quixo entrar e o empate non chegou.

Acusou as baixas o equipo de Félix, dende a do goleador MC, ata as de Mario, Eloy, Brais Garrido, Fachal… E ve como escapan os equipos da zona alta, pois o liderato queda xa a 10 puntos.

Aquí quedan dous dos goles do partido da man de Santi Soneira:


Flavia - Sofán (1-0)

11 do Sofan en Flavia-Foto-SD
  • SOFÁN: Lerma, Sito (Brais, min.46), Javi Souto, Félix Garrote, Rubén, Míchel, Pablo Martínez, Martín (Eloy Boedo, min.4), Bertín, Iván Rojo (Méndez, min.68) e Raúl.
  • Gol: 1-0, min.89: nunha falta colgada a área con posible falta en ataque.

Non mereceu perder o cadro de Josito, pero cando veñen malas a sorte ponse de costas. Se hai un par de meses un partido así caería do lado carballés, nesta mala xeira de resultados, acabou caendo o gol no desconto, nunha xogada de estratexia (a especialidade sofanista) e con posible falta en ataque.

Os carballeses fixeron un bo partido, se ben nos primeiros o Flavia chegouse á meta de Lema, que estivo seguro baixo paus. A SD foi meténdose no partido e á media hora Bertín pedía un penalti claro que o colexiado, moi protestado polos vermellóns, non sinalou. Raúl tivo un par de xogadas antes do descanso pero nin el nin Bertín puideron abrir a lata.

Na segunda, a SD saíu mellor. Raúl avisaba e Brais case marca nun barullo ná área. Javi facía un xogadón que Brais remata de volea pero para o meta local. O Flavia tamén se achegaba ata que no min.89 chegaba unha falta lateral botada, na que Félix cae empuxado por un xogador local que controla e marca na área pequena sen que o colexiado sinale nada.

Inxusta derrota dos carballeses que perden así o liderato tras 12 xornadas no máis alto.

Sofan en Flavia-Foto-SD

Crónicas da 1ª

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios