Mércores. 29.01.2020
El tiempo

Resultados da xornada copeira e xuvenil

Resultados da xornada copeira e xuvenil

Completa xornada sabatina no#futboldacosta. Con Copas en xogo e unha Liga, a Xuvenil, que vivía o seu agónico final. I é que o Baio métese, e de líder trala derrota do Malpica co Dumbría B, na Fase de Ascenso á Liga Galega. E o fixo tras vencer no San Pedro de Refoxos nun partido agónico, marcado pola polémica, ante un Cee que se metía con 2-0 a falta de 20 minutos e veía como o cadro baiés remontaba, deixando fóra ao Cee.

Baieses e malpicáns na fase; e cabaneses e zaenses na Final da Copa da Costa Xuvenil, facendo que o norte da bisbarra copen as mellores posicións na categoría xuvenil. I é que a Copa tamén tivo o seu. Nas Redondas, que vivíu unha completa xornada copeira, o Mazaricos marcaba o gol que lle daba o pase no min.90 pero o Cabana asinaba o 3-1 no 93, ante as protestas visitantes. Ademais en Zas, o cadro local podía cun Ponteceso que levou o peso do partido en todo momento.

Xa na Copa de afeccionados, disputáronse a ida dos Oitavos. E sen sorpresas. Moita igualada, e só o Cee sentenciou o pase tras golear ao Alcaián. Nese mesmo lado do cadro, o Xallas vencía por 1-0 ao Carnota nun choque que ía ao empate sen goles. O Soneira non podía co Muros, mentres que o Santa Comba, cunha gran segunda parte, deixa encarrilada a eliminatoria ante o Ponteceso cun 2-0.
Polo outro lado, o Camariñas sacou un 0-1 importante de Verdillo, nun choque moi igualado. E as outras tres eliminatorias rematarion con empate, deixando todo para a volta.

Copa da Costa, ida dos Oitavos

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 14

Camariñas 2-3Soneira
Cee 2-3 Baio
Corcubión 3-2 Santa Comba
Malpica 2-3 Dumbría B

Copa da Costa Xuvenil, volta das Semis

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios