![Montelouro-Volantes-Foto-Edu Olveira Montelouro-Volantes-Foto-Edu Olveira]()
Nova xornada completa de
#fútboldacosta (xa saben que teñen os resultados no
twitter de Quepasanacosta, e coma sempre as táboas de resultados e clasificacións actualizadas ao instante en
www.futboldacosta.com) esta do ecuador de setembro. Ademais con novidades, pois debutaron os cadetes e infantís do Dumbría en Liga Galega e mais comezou a rodar o balón dos Veteranos.
Pero comezamos por arriba. Na
Preferente os nosos tiveron unha vitoria e dous empates. Vitoria a deste
Xallas de Santa Comba que vai sen freos e suma 10 puntos e 4 xornadas. Desta volta, e pola mínima, puido co Viveiro. Ao
Soneira sábelle a pouco o empate na casa ante o Ribadeo pois se volveron escapar dous puntos nos últimos minutos, e o
Dumbría acadaba un soso empate a cero no Conco ante o potente Grixoa.
A xornada na
1ª foi boísima. Á vitoria do
Fisterra de onte en Laro, a primeira do cadro de Juan Jesús na categoría, hai que sumarlle un empate e dúas vitorias. Empate o do
Camariñas ante o Unión nun partido no que os de Pepucho puideron sacar algo mellor. Ademais, o
Ponteceso, comandado polos rapaces Puente e Recarey, sacou unha gran vitoria ante un tremendo Riveira, e os de Nacho suman os primeiros puntos da tempada. Outro que gañou é o
Malpica que segue firme e sobe ata a 5ª praza con 6 puntos.
A
2ª Autonómica cambia de líder. O
Corcubión de Manolín non puido co
Carnota e ágora
son Sofán e Esteirana os que mandan, sendo os únicos que contan as 3 xornadas por victorias. A SD vencía ante todo un
Cee nun partidazo no Carral, mentres que a
Esteirana sacaba 3 puntos do Pino do Val con goles de Pladur.
Por detrás sitúan 7 equipos con 6 puntos. O
Corme vencía no Cairo ante o
San Lorenzo con solvencia. Outro dos que estaba arriba, o
Volantes, non puido no segundo derbi muradán do ano ante o
Montelouro, demostrando que a igualdad e entre os equipos do sur é patente. Precisamente os de Louro se colocan neste grupo, que pecha o
Baio, tras vencer ao
Muros nun encontro no que os muradáns se cadra mereceron algo máis.
Por abaixo seguen 3 equipos sen sumar. O
Dumbría B que ben mereceu algo máis de San Andrés, e deixa unha vitoria que coloca ao
Zas no grupo perseguidor; O
Cabana que non puido onte co Castriz; e o
Outes, que tivo o partido de cara pero que o deixou marchar no último minuto.
En
3ª, o
Independiente sitúase como líder tras vencer ao
Corcoesto e aproveitarse da derrota do
Soneira B fronte ao
Nantón. Por fin os de Luís saen adiante e xa non quedan equipos sen sumar na categoría. O
Laxe superaba onte ao
Baíñas e queda con 7 puntos, mentres que
Porteño (que hoxe descansou),
Cerqueda (que venceu con comodidade ao
Lira) e Camelle (que superou ao
Xaviña no derbi camariñán) se sitúan na parte alta con 6 puntos.
Muxía e
Alcaián sumaron os primeiros 3 puntos vencendo ao
Fisterra B e ao
Castrelo, mentres que a nota máis destacada da xornada é a primeira vitoria da historia do
Ameixenda, que estreaba adestrador, Pepe do Bicho, e sorprendía ao
Coristanco.
En
xuvenís, no Sur, o
XSC está que arrasa. Os verdes e laranxas golearon a un
Soneira que xa comentamos ten aso bogadores co equipo da 3ª. Por detrás, 6 equipos con 6 puntos e 3 con 0 puntos, entre eles un Corcubión que está sen xente e esta semana tivo que xogar con 9.
Polo
norte, a igualdad e é a
nota dominante. 3 equipos con 6 puntos (
Baio, Coristanco e Ponteceso), o
Cabana con 5 e o
Malpica con 4. Prevese que estes 5 equipos se xoguen as 3 prazas con moita loita.
E
comezou a andaina das Ligas Galegas do Dumbría en cadetes e infantís. E balance é positivo, con dous empates ante o Xuventude Oroso.
Botou a rodar o esférico dos
Veteranos, con moita igualdade e sen goleadas.
Preferente Norte, xornada 4
Soneira |
1-1 |
Ribadeo |
Dumbría |
0-0 |
Grixoa |
Xallas StComba |
1-0 |
Viveiro |
1ª Autonómica, xornada 3
Laro |
3-5 |
Fisterra |
Unión |
0-0 |
Camariñas |
Ponteceso |
2-0 |
Riveira |
Malpica |
2-0 |
Cacheiras |
2ª Autonómica, xornada 3
Castriz |
3-1 |
Cabana |
Zas |
1-0 |
Dumbría B |
Sofán |
3-2 |
Cee |
Carnota |
2-0 |
Corcubión |
Outes |
1-2 |
Buño |
Montelouro |
2-1 |
Volantes |
Muros |
0-1 |
Baio |
Corme |
2-0 |
San Lorenzo |
Mazaricos |
1-2 |
Esteirana |
3ª Autonómica, xornada 3
Laxe |
1-0 |
Baíñas |
Xaviña |
1-2 |
Camelle |
Coristanco |
0-1 |
Ameixenda |
Muxía |
5-1 |
Fisterra B |
Corcoesto |
1-3 |
Indep. Carballo |
Cerqueda |
3-0 |
Lira |
Alcaián |
4-1 |
Castrelo |
Soneira B |
0-3 |
Nantón |
1ª Xuvenil, Gr.3, xornada 3
Corcubión |
1-10 |
Dumbría |
Mazaricos |
3-2 |
Fisterra |
Cee |
3-0 |
Muros |
Esteirana |
0-4 |
Outes |
Soneira |
0-7 |
Xallas StComba |
1ª Xuvenil, Gr.4, xornada 3
Baio |
4-2 |
Laxe |
Coristanco |
3-2 |
Ponteceso |
Zas |
3-1 |
Corme |
Malpica |
2-2 |
Cabana |
Muxía |
3-3 |
Camariñas |
Liga Galega Cadete, xornada 1
Dumbría |
2-2 |
Xuventude Oroso |
Liga Galega Infantil, xornada 1
Dumbría |
1-1 |
Xuventude Oroso |
Ligas de Veteranos, xornada 1
1ª División
Vimianzo |
1-2 |
San Lorenzo |
Camariñas |
1-1 |
Bértoa |
Corcubión Vet. |
3-2 |
Ponteceso |
Nantón |
0-1 |
Xv. Bergantiños |
San Román |
2-1 |
Coristanco |
Zas |
1-3 |
Castriz |
Baio |
0-3 |
Soneira |
Cabana |
3-2 |
Bergantiños |
2ª División
Dep. Carballo |
1-2 |
Camelle |
Buño |
4-2 |
Porteño |
At. Milagrosa |
2-4 |
Corcoesto |
Corme |
0-0 |
Cerqueda |
Muros |
1-3 |
Agualada |
Laxe |
3-0 |
Sofán |
C.D. Poniente |
1-3 |
Malpica |
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas da semana
Fonte