Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Resultados dunha xornada chea de sorpresas

Resultados dunha xornada chea de sorpresas
Montelouro-Carnota-Foto- Edu Olveira

Xornada chea de sorpresas esta última do mes de outubro. Parece que o cambio de hora sentou mal nalgún equipo que deixou escapar puntos que a priori parecían claros. E repasamos a xornada despois de coñecer a a armada costeira no Cerceda, da man de Alberto Pose.

Como a derrota do Xallas de Santa Comba ante o Carral, que colleu por sorpresa aos xalleiros, que quedan a 5 do novo líder, o Grixoa, que venceu no partido da xornada ao Boiro. O Dumbría non pasaba do empate ante o Dubra e se mantén 6º, pero perde a Pablo Muíño por unha máis que posible lesión grave no xeonllo no que xa rompera ligamentos.
A boa nova da semana a protagoniza un Soneira que parece ter collido o ritmo e xa se coloca 8º tras vencer ao Taboada.

Na , dúas vitorias fóra de casa e dúas derrotas na casa para os nosos. O Fisterra sorprendía onte ao Riveira e traía un 1-3 con dous novos tantos de Aitor, que permiten aos de Juan Jesús amosar a cabeza. Hoxe, o Malpica trae de Arzúa, un rival mo difícil, 3 puntos máis. Os que se deixou o Camariñas ante o Amio, que xa o alcanza na táboa. O que non mereceu moito foi o Ponteceso que tamén caían na casa ante o penúltimo clasificado.

Xoranda de sorpresas na Liga da Costa. O partido da semana xogábase no Xosé Luís Vara e a Esteirana batía na mesa vencendo por 5-2 a un Cee que chegaba con moita forza, e se pon 2º a 2 do Sofán. Un Sofán que sufría para superar ao Outes, pero que mantén o liderato. É agora o Carnota 4º, tras vencer en Louro e aproveitarse da sorprendente derrota dun tocado Corme, ante un Castriz, capaz do peor pero tamén do mellor, como se viu no Cairo. Os cormeláns quedan con 16 puntos empatados co Baio, que non pasaba do empate ante un Corcubión que segue mellorando, e co Zas e Volantes, que se vían as caras en San Andrés e deixaban unha gran vitoria local.
Por abaixo, a xornada vivíu dous estrenos nos taboleiros de vitorias do Dumbría B, que remontaba un 0-2 en Verdillo; e do Cabana, que vencía en Mazaricos ante un cadro local que sufría dúas expulsións e dous lesionados de gravidade.

Na , o Porteño superou unha das probas de lume que lle pon o liderato. O Cerqueda non puido cos da Ponte e cun solitario gol acabaron sacando 3 puntos. 2º queda o Independiente, a 4 puntos, que onte vencía ao Castrelo sen demasiada dificultade. O Camelle mantense 3º a º punto dos carballeses, tras facer un gran partido en Lira pero non marcar o solitario gol da vitoria ata o minuto 93. O Ameixenda, que viña embalado, non puido manter a racha e caeu ante o Muxía, que parece que se pon o mono.
Polo demais, no derbi cabanés unha chilena espectacular de Martín daba os 3 puntos ao Nantón, mentres que o Alcaián segue afundido e caía 0-4 ante o Coristanco.

A xornada nas Ligas Xuvenís tamén estivo moi interesante, e cada vez iguálase máis. Polo sur, a relaxación fixo mella nos de arriba. O Dumbría perdeu o liderato ao non pasar do empate ante un Muros que deu o mellor de si. Quedan agora nun pano o líder, o XSC, que sufría para vencer ao Outes, e o Fisterra, que tamén sufría o seu para superar ao Soneira. O Cee achégase e se mantén a 4 puntos do liderato tras vencer ao Corcubión.
No Norte, o partidazo da xornada, o Ponteceso-Cabana, remataba cunha vitoria local que deixa aos de Mato colíderes cun Malpica que non perdoa. 4 puntos sacan ao Cabana xa, e 6 ao Coristanco, que conseguía un empate en Baio, ante un equipo que se desinfla coas xornadas.

Nas Ligas Galegas, doble boa nova en Dumbría cunha mañá espectacular ante o Negreira. Por bando bergantiñán, os cadetes caían co Deportivo B mentres os infantís volvían cun claro 0-4 de xogar co San Cristoba.

Comezou a 1ª Cadete, cunha Esteirana arrolladora. Ademais, en infantís, Cee, XSC e Fisterra seguen arriba de todo.

Intensa xornada en Veteranos, na que o San Román volveu aparecer para endosarlle a primeira derrota a un Cabana que viña embalado pero sen ter enfrontamentos directos. O Castriz segue aló, como o Soneira que recuperou o fío da parte alta e vencía no derbi ante un Vimianzo que non sabe o que é sumar. O Corcubión Vet. tamén avisa que estará aí arriba.

Preferente, xornada10

Dubra 0-0 Dumbría
Xallas StComba 1-3 Carral
Soneira 3-1 Taboada

1ª Autonómica, xornada 9

Atl. Riveira 1-3 Fisterra
Ponteceso 1-2 Cacheiras
Camariñas 0-1 Amio
Arzúa 0-1 Malpica

2ª Autonómica, xornada 9

Dumbría B 3-2 San Lorenzo
Esteirana 5-2 Cee
Baio 1-1 Corcubión
Muros 1-1 Buño
Mazaricos 1-2 Cabana
Zas 5-1 Volantes
Corme 0-2 Castriz
Sofán 3-2 Outes
Montelouro 1-2 Carnota

3ª Autonómica, xornada 9

Indep. Carballo 3-1 Castrelo
Lira 0-1 Camelle
Fisterra B 1-1 Baíñas
Muxía 2-1 Ameixenda
Corcoesto 0-1 Nantón
Alcaián 0-4 Coristanco
Cerqueda 0-1 Porteño
Xaviña 3-1 Soneira B
  • Descansa Laxe.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 9

Outes 0-1 Xallas StComba
Muros 2-2 Dumbría
Fisterra 1-0 Soneira
Mazaricos 2-3 Esteirana
Cee 3-1 Corcubión

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 9

Ponteceso 2-1 Cabana
Corme 2-8 Camariñas
Laxe 1-5 Malpica
Baio 1-1 Coristanco
Zas 4-3 Muxía

Liga Galega Cadete, xornada 7

Dumbría 3-1 Negreira
Deportivo B 3-0 Bergantiños

Liga Galega Infantil, xornada 7

Dumbría 4-0 Negreira
San Cristobal 0-4 Bergantiños

1ª Cadete, xornada 1

Zas 1-4 Cee
Con. de Carnota 3-6 Muxía
Fisterra 1-1 Xallas StComba
Baio 2-4 Cabana
Outes 2-0 Ponteceso
Porteño 4-1 Coristanco
Esteirana 8-0 Muros
  • O Porteño-Coristanco alternan orde.

1ª Infantil, xornada 6

Coristanco 7-0 Corme
Esteirana 14-1 Sofán
Outes 0-7 Cee
Cabana 0-7 Xallas StComba
Fisterra 1-3 Baio
Ponteceso 1-5 Os Miudos
As Baleas 5-1 Muxía
  • Descansa EMF Vimianzo.

Ligas de Veteranos, xornada 7

1ª División

Vimianzo 0-2 Soneira
Nantón 1-1 Ponteceso
San Lorenzo 1-2 Castriz
Baio 0-1 Corcubión Vet.
San Román 2-0 Cabana
Bértoa 0-3 Coristanco
Camariñas 3-4 Bergantiños
Sp. Zas 2-0 Xv. Bergantiños

2ª División

Corcoesto 4-1 Cerqueda
Porteño 1-1 Agualada
Dep. Carballo 1-5 Malpica
Corme 1-2 Laxe
Leiloio 0-2 Muros
Camelle 2-0 Sofán
At. Milagrosa 1-0 Poniente
  • Descansa Buño.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios