Martes. 16.04.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría arrímase arriba xunto ao XSC

Preferente: O Dumbría arrímase arriba xunto ao XSC

Descansaba o Soneira e os dous equipos da Costa que disputaban a xornada colleitaron bos resultados. Mellor o do Dumbría, que se coloca 4º a 3 do Xallas de Santa Comba tras vencer a un Sada descolocado. O XSC quedaba cun xusto empate ante un forte Bertamiráns, co que os de Corredoira quedan a 3 puntos do liderato.

Dumbría - Sada (2-0)

Dumbria-Sada - Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Iván, Pablo Conde, Aarón Fernández, David, Aarón López, Riki (Martín, min.56), Brais (Tati, min.86), Iago (Pedrosa, min.87), Luís (Jesús, min.75), Pablo Muíño (Leo, min.81).
  • Goles: 1-0, min.25: Pablo Muíño. 2-0, min.55: Riki.

Xusta vitoria do cadro da Canosa ante un sada inferior que este ano non acaba de colocarse. Ademais, a expulsión dun xogador visitante mermou máis se cabe o potencial sadense que apenas inquedou a meta dumbriesa. Pablo Muíño e Riki asinaron os tantos.

A bancada do Conco sempre con glamour - Foto- Jorge Parri

Bertamiráns - Xallas StComba (1-1)

Bertamirans - Xallas de Santa Comba - Foto- XSC
  • XSC: Diego, Alfonsito, Martín, Pablo, Oscarín, Jota, Pablo Baña (Rubén Forján, min.60), Doro (Chinda, min.70), Mon (Orlando, min.53), Adrián Beiroa (Darío, min.80), Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.25: de penalti; 1-1, min.65: Adrián Beiroa de volea tras un pase longo de Martín e peiteada de Javi Suárez.
  • Expulsión: o delegado xalleiro Huelvis.

Partido igualado entre dous dos de arriba que rematou cun xusto empate. Na primeira, o Bertamiráns xogou máis en longo buscando a Sergio Leis e Alex Blanco, pero a defensa xalleira estivo seria. O que non podían facer os verdes e laranxas é saír con balón xogado polo que tiveron dificultades para armar en ataque.

Na primeira non houbo demasiadas ocasións, pero as mellores ocasións para a empatar tralo gol de penalti do Bertamiráns, foron un par de tiros de Pablo Baña, unha ao longueiro e outra ao lateral da rede.

No segundo, cos cambios, mellorou o XSC. Recuperou o mando do xogo e o medio campo e dispuxo de boas ocasións. Puideron Orlando, Beiroa e Javi Suárez igualar. Pero foi Adrián Beiroa o que asinaba o empate. Eles tamén tiveron nun córner perigoso pero ao final un empate xusto.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios