Completa xornada do fútbol costeiro (a vindeira semana xa dá comezo a Liga Cadete) a deste 20 e 21 de outubro de 2012. Unha xornada marcada pola cita electoral pero parece que ó #fútboldacosta non lle toca de preto. Xa saben que teñen todas clasificacións en www.futboldacosta.com, pero mentres analizamos a xornada.
Comezamos o repaso da xornada polo partidazo da semana. Disputado onte nun ateigado Ara Solis, o Fisterra e o Camariñas volveron demostrar por que o fútbol da Costa ten o tirón que ten cun partidazo que nin o visto en Riazor. O empate final deixa ó Fisterra algo máis tocado pero con moita moral para as vindeiras xornadas. 
Pola sua parte o Ponteceso colleitaba unha gran vitoria ante o Piloño, o pechacancelas, e segue escapando da zona baixa, mentres que o Malpica volveu amosar que está moi ben acoplado á categoría cunha nova goleada, desta volta ante o Laro, co que estaba empatado, e sobe ata a 4ª praza a tan só 3 puntos do líder.
Seguimos pola Preferente, onde descansaba o Soneira. Onte o Dumbría daba unha alegría á súa parroquia cunha cómoda vitoria ante o Sada, e se coloca 4º a 3 puntos do Xallas de Santa Comba. Hoxe o XSC, cunha gran segunda metade non pasaba do empate ante un Bertamiráns que dominou o primeiro tempo que acabou pedindo a hora. Os xalleiros quedan 3º a 3 puntos do Noiro, que non fallou en Carral, e con 3 sobre dumbrieses e o propio Bertamiráns.
A xornada da 2ª da Costa chegou con moitas sorpresas. Como a primeira derrota do líder, a SD Sofán, que intentou unha épica remontada en Castriz que quedou na intentona. 2º sitúase agora o Cee, que aproveita o empate da Esteirana ante un moi mellorado San Lorenzo. Os de Floreal e José Carlos venceron con claridade a un Baio que viña nunha liña impresionante, polo que dá conta da potencia coa que chegan os ceenses. O Corme tamén caía en Miraflores, ante un Volantes que sen dúbida se crece ante a súa afección, e que alcanza aos cormeláns na táboa con 16 puntos. 
Pero a igualdade é total, pois entre o líder e o 9º, o Zas, que vencía en Cabana tras unha gran remontada, hai só 6 puntos. Polo medio queda tamén o Montelouro, que sufría para vencer a un pechacancelas que mellora, polo menos en defensa, e o Carnota, que tras vencer ao Outes, asoma a cabeza pola metade alta da táboa.
A xornada na 3ª da Costa chegou intensa. O Porteño segue firme na cabeza tras vencer con solvencia o derbi co Xaviña, e aproveita ademais o empate entre os seus perseguidores. No partidazo da xornada, Camelle e Independiente empataron e quedan a 5 e 4 puntos, mantendo a 3ª e 2ª praza, respectivamente. 4º queda o Ameixenda que segue sorprendendo e deu un repaso na primeira metade ao Corcoesto. Por detrás segue  Soneira B, que deu a de cal ante un Alcaián en caída; e o Cerqueda, que sumaba 3 puntos no último suspiro no Roxo ante un Nantón que segue ca sorte de costas. O Baíñas asoma a cabeza tras vencer nun choque de tolos ao Muxía.
As que están que ferven son as Ligas Xuvenís. 4 equipos polo Sur e 5 polo Norte están nun pano. Polo Sur, o Dumbría vencía no partido da semana ao que chegada lider, o Fisterra, arrebatando así a primeira praza. No medio queda o XSC tras endosar unha goleada de escándalo ao Muros. Comleta o cadro de arriba o Cee, que vencía á Esteirana nunha xornada para esquecer, pois o partido tivo que pararse por unha grave lesión de xeonllo do ceense José Ramón, ao que lle  desexamos unha pronta recuperación.Ademais, o Soneira sorprendeu a un Mazaricos que están nun bache e sumou os seus primeiros puntos.
Polo Norte o Malpica petou enriba da mesa tras vencer por 4-1 a todo un Baio, que queda algo descolgado. O Ponteceso e o Cabana manteñen o forte ritmo tras superar con contundencia a Muxía e Corme, mentres que o Coristanco segue empeñado en discutir a hexemonía dos de arriba e se mantén a só 4 puntos do líder.
Nas Ligas Galegas, doble vitoria do Bergantiños pero a fin de semana non foi boa para os dumbrieses, que caeron en cadetes, e con contundencia, e empataron a 0 ante o Santiago. 
E ollo coa xornada nos Veteranos. O Cabana amosou que non vai de coña e superou a todo un Ponteceso no Pinguel, polo que amplía a súa renda cos perseguidores. Xa son 5 puntos co Castriz, que non fallou e xa se coloca 2º, e co Xuv- Bergantiños que non pasaba do empate ante o Baio. O Soneira segue aí, co Corcubión de Veteranos, mentres que o San Román non acaba de meterse arriba e non pasaba do empate ante o Zas.
Preferente, xornada 9
| Dumbría  | 2-0 |  Sada | 
| Bertamiráns  | 1-1 |  Xallas StComba | 
1ª Autonómica, xornada 8
| Fisterra  | 3-3 |  Camariñas  | 
| Piloño  | 1-4 |  Ponteceso | 
| Malpica  | 5-0 |  Laro | 
2ª Autonómica, xornada 8
| Corcubión  | 4-1 |  Muros  | 
| Cabana  | 2-3 | Zas | 
| Dumbría B  | 1-2 |  Montelouro | 
| San Lorenzo  | 2-2 |  Esteirana | 
| Cee  | 3-0 |  Baio | 
| Volantes  | 2-1 |  Corme  | 
| Buño  | 1-1 |  Mazaricos | 
| Castriz  | 4-3 |  Sofán | 
| Outes  | 1-2 |  Carnota | 
3ª Autonómica, xornada 8
| Soneira B  | 4-2  | Alcaián | 
| Camelle  | 1-1 |  Indep. Carballo | 
| Castrelo |  0-4  | Fisterra B | 
| Baíñas  | 4-3 |  Muxía  | 
| Nantón  | 0-1 |  Cerqueda   | 
| Porteño  | 6-2 |  Xaviña  | 
| Coristanco  | 2-2 |  Laxe   | 
| Ameixenda |  4-3 |  Corcoesto | 
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 8
| Dumbría |  3-2 |   Fisterra | 
| Soneira |  1-0 |  Mazaricos  | 
| Esteirana |  2-3  | Cee | 
| Corcubión |  1-2 | Outes | 
| Xallas StComba  | 9-0 |  Muros | 
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 8
| Cabana | 6-1 |  Corme | 
| Muxía  | 2-4 |  Ponteceso  | 
| Camariñas  | 1-2 |   Laxe | 
| Malpica  | 4-1 |  Baio | 
| Coristanco  | 2-0 |  Zas | 
Liga Galega Cadete, xornada 6
| S.de Compostela  | 5-1  | Dumbría | 
| Bergantiños  | 3-2 |  S.D. Compostela | 
Liga Galega Infantil, xornada 6
| Bergantiños  | 4-1 |  Montañeros B | 
| S.de Compostela  | 0-0 |  Dumbría | 
1ª Infantil, xornada 5
| Xallas StComba  | 3-0 |  Outes | 
| Os Miudos  | 0-2   | Fisterra | 
| Cee  | 3-2 |  Esteirana | 
| Baio | 3-4  | Cabana  | 
| Corme  | 4-1 |  Ponteceso | 
| Muxía  | 1-6 | Coristanco | 
| Sofán  | 2-6 |  E.M.F. Vimianzo | 
Ligas de Veteranos, xornada 6
1ª División
| Soneira  | 4-0 | Camariñas | 
| Bergantiños  | 2-6  | Corcubión Vet. | 
| Ponteceso | 0-1 |  Cabana | 
| Nantón  | 1-4  | Bértoa | 
| Coristanco |  3-2  | San Lorenzo | 
| Castriz  | 8-1 |  Vimianzo | 
| Xuv. Bergantiños  | 1-1 | Baio | 
| San Román  | 1-1 |  Zas | 
1ª División
| Sofán | 3-1 |  Dep. Carballo | 
| Poniente  | 3-2  | Corme | 
| Corcoesto |  0-0 |  Leiloio | 
| Cerqueda |  3-3  | Porteño | 
| Agualada  | 0-0  | Camelle | 
| Malpica  | 2-0  | Buño | 
| Laxe |  1-3 |  Muros | 
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).