Unha vez que comezamos o repaso á Liga de Fútbol Sala de Cee, facemos o repaso á xornada do 19 e 20 de novembro de 2011.
E o facemos coma sempre por arriba, onde os resultados dos nosos na Preferente foron dispares. Vencían os cadros xalleiros ante equipos lucenses da zona baixa, pero con sufrimento. Pola súa banda o Dumbría empataba en Ribadeo e o Soneira caía ante o 5º clasificado. Así, o Santa Comba queda 3º, o Xallas nunha cómoda 9ª posición, mentres que Dumbría e Soneira quedan 15º e 16º a 3 e 1 punto do descenso respectivamente.
Mala xornada para os nosos na 1ª, que caían en sendos e inxustos choques. O Cee non podía co Arteixo malia facer unha boa segunda metade; mentres que o Ponteceso viu como lle roubaban o partido no último minunto cun gol en clamoroso fóra de xogo./p>
A Liga da Costa segue vendo a un Camariñas imparable. E iso que o San Lorenzo fixo o seu mellor partido da tempada e non merceu a derrota, pero os de Manolín están en forma. Tamén vencía o Club do Mar, e ante un rival complicado como é o Dumbría B, que vai a menos no último mes. Con forza segue chegando o Fisterra, que superaba o sábado a un Buño que ve como o Corme o supera trala súa vitoria dando un recital en Zas. O Muros caía ante un Sofán que segue nun ritmo ascendente, pero mantén a 4ª praza.
A xornada na 3ª chega con cambio de líder. O empate entre o Coristanco e o Outes (ata onte 1º e 2º e hoxe xa 2º e 3º) deixa ao Cabana no máis alto da táboa, tras vencer noutro dos encontros da xornada ao Cerqueda. O Montelouro descansaba e queda a 4 puntos dos dous primeiros. Por detrás asoma o Carnota, que vencía con comodidade ao Camelle. Ademais, Fisterra B (cos puntos que sumou esta semana trala aliñación indebida do Muxía), Porteño e Volantes venceron e loitarán por entrar entre os 6 primeiros. Tamén loitarán Cerqueda e Laxe, pois é na 12ª, co Alcaián, onde se rompe a táboa.
Preferente, xornada 13
| Ribadeo | 1-1 | Dumbría |
| Santa Comba | 2-1 | Foz |
| Xove Lago | 2-3 | Xallas |
| Soneira | 1-2 | Dubra |
1ª Autonómica, xornada 12
| Ponteceso | 0-1 | Vizoño |
| Atl. Arteixo | 2-1 | Cee |
2ª Autonómica, xornada 12
| Fisterra | 3-1 | Buño |
| Dumbría B | 0-2 | Club do Mar |
| San Lorenzo | 1-3 | Camariñas |
| Esteirana | 1-1 | Malpica |
| Zas | 1-2 | Corme |
| Muros | 0-1 | Sofán |
| Mazaricos | 2-3 | Baio |
| Nantón | 0-1 | O Pindo |
| Castriz | 0-1 | Corcubión |
3ª Autonómica, xornada 15
| Lira | 1-3 | Fisterra B |
| Laxe | 3-2 | Soneira B |
| Cabana | 3-1 | Cerqueda |
| Atl. Pereiriña | 0-2 | Porteño |
| Volantes | 5-3 | Corcoesto |
| Xaviña | 0-1 | Indep. Carballo |
| Carnota | 4-0 | Camelle |
| Muxía | 1-3 | Alcaián |
| Coristanco | 1-1 | Outes |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 10
| Bergantiños | 0-3 | Montañeros |
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 10
| Dumbría | 1-2 | Outes |
| Esteirana | 2-4 | Mazaricos |
| Muros | 0-7 | Cee |
| Corcubión | 2-3 | Soneira |
| Fisterra | 06/12 - 18:00 | Santa Comba |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 14
| Laxe | 1-2 | Coristanco |
| Camariñas | 4-3 | Dumbría B |
| Corme | 0-6 | Malpica |
| Zas | 3-3 | Ponteceso |
| Baio | 6-2 | Muxía |
División de Honra Cadete, xornada 10
2ª Cadete, xornada 12
| Muxía | 3-7 | Fisterra |
| Malpica | 2-2 | Esteirana |
| Zas | 1-2 | Coristanco |
| Camariñas | 0-5 | Dumbría |
| Outes | 5-0 | Porteño |
| Cee | 7-1 | Baio |
| Muros | 1-2 | Santa Comba |
| Cabana | 2-2 | Soneira |
2ª Infantil, xornada 12
| Baio | 1-7 | Santa Comba |
| E.M.F. Vimianzo | 1-5 | Corme |
| Cee | 1-0 | Outes |
| Con. de Carnota | 2-2 | Coristanco |
| As Baleas | 1-10 | Cabana |
| E.D. Os Miudos | 4-0 | Muxía |
| Dumbría | 9-1 | Ponteceso |
Ligas de Veteranos, xornada 11
1ª División
| Nantón | 4-2 | Buño |
| Cabana | 0-2 | San Román |
| Xv. Bergantiños | 3-2 | Bértoa |
| Vimianzo | 2-3 | Zas |
| Castriz | 1-1 | Ponteceso |
| Baio | 2-1 | Corcubión |
| Camariñas | 0-0 | San Lorenzo |
2ª División
| Dep. Carballo | 3-2 | U.D. Cerqueda |
| At. Milagrosa | 1-3 | Club do Mar |
| Leiloio | 1-0 | Camelle |
| Malpica | 0-0 | Muros |
| Porteño | 1-5 | Soneira |
| Corcoesto | 3-4 | Coristanco |
| Sofán | 1-1 | Agualada |
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).