Venres. 19.04.2024
El tiempo

Sancionados e encontros desta primeira fin de semana completa de fútbol costeiro

Sancionados e encontros desta primeira fin de semana completa de fútbol costeiro

Arrincan as Ligas de Cadetes e Infantís esta fin de semana polo que teremos xa unha completa fin de semana de fútbol da Costa.

Antes de repasar sancionados e horarios modificados, apuntamos un detalle:

Ao Hospital da Coruña

Varios clubes da Costa infórmannos que acaban de recibir unha circular da Federación Galega de Fútbol, dicindo a que hospitais teñen que ir os equipos se os seus xogadores teñen unha lesión durante os partidos. Os equipos costeiros, este ano aínda formando parte da delegación coruñesa, terán que levar aos seus xogadores lesionados (de todas as categorías) ata o Hospital Santa Teresa da Coruña (xa non ao San Rafael), sito na zona da Zapateira. Parece pois que queda pechada a posibilidade de ir ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ou ao de Carballo para calquera vicisitude.

Sancionados

2ª Autonómica

  • David Pensado (Sofán).
  • Marcos Amado (Malpica).

3ª Autonómica

  • Eloy García (Cabana).
  • Carlos García Rodríguez (Corcoesto).

Horarios modificados

Se ben saben que o horario oficial neste mes de setembro é o das 17:00h, estes son os encontros que sofren variacións:

Preferente Norte

  • SILVA - CEE: sábado ás 17:00h.
  • NARON- SONEIRA: sábado 17 ás 18:00h.
  • DUMBRIA - FOZ: sábado 17 ás 18:30h no Conco.
  • XOVE LAGO - SANTA COMBA: domingo ás 17:30h.

1ª Autonómica

  • PONTECESO - ARTEIXO: sábado 17 ás 18:30h no Pinguel.

2ª Autonómica

  • O PINDO - CLUB DO MAR CAIÓN: sábado ás 19:00h en Lombáns.
  • MAZARICOS - DUMBRÍA “B”: domingo ás 18:00h na PEDRA DO OURO.
  • CASTRIZ - FISTERRA: domingo 18/9 ás 19:00h.

3ª Autonómica

  • XAVIÑA - CORISTANCO: sábado ás 16:00h no HERMANAS PATIñO.
  • CABANA - ATL.PEREIRIÑA: sábado ás 17:00h nas Redondas.
  • LAXE - VOLANTES DE BAÑO: sábado ás 17:00h no CABO DA AREA.
  • CAMELLE - OUTES: sábado ás 19:00h no HERMANAS PATIñO.
  • LIRA - MONTELOURO: sábado ás 16:00h en Lombáns.
  • IND. CARBALLO - CERQUEDA: sábado ás 19.15 AS EIROAS.
  • Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 1

    • Santa Comba - Fisterra: sábado ás 19:00h en Castriz.
    • Cee - Muros: sábado ás 19:00h no San Pedro de Refoxos.

    Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 3

    • Ponteceso - Zas: sábado ás 16:00h no Pinguel.

    2ª Cadete, xornada 1

    • Cabana - Esteirana: Venres 16 as 6.30 en As Redondas.

    Modificacións de horarios para toda a tempada

    • O PONTECESO S.D. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS as 19:00h (AGÁS os partidos contra os Clubes: AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL e S.D.VILLESTRO que serán na xornada dominical), no campo do Pinguel.
    • O CLUB DEL MAR DE CAIÓN xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORME C.F. que se fará na xornada dominical) no Campo “A Porta Santa” de Coristanco.
    • O U.D.CORCUBIÓN xogará os seus encontros coma locatario os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORME C.F. que se fará na xornada dominical) no Campo Municipal “NOVO CUBALEIRO”.
    • O FISTERRA S.D. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORME C.F. que se fará na xornada dominical) no Campo Municipal “ARASOLIS”.
    • O LIRA C.F. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical) e no Campo Municipal de “LOMBÁNS”.
    • O INDEPENDIENTE CARBALLO xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 18:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo Anexo “AS EIROAS”.
    • O CABANA S.D. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 18:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “AS REDONDAS” sito en CABANA DE BERGANTIÑOS. (NO CALENDARIO POR ERRO FIGURABA AS 16:00h.)
    • O OUTES C.F., xogará os seus encontros coma locatario, os DOMINGOS ás 17:00h, no Campo Municipal “DO CONCHIDO” sito en SERRA DE OUTES.
    • O ATLÉTICO PEREIRIÑA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h. (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “NOVO RAICES” sito en CEE.
    • O XAVIÑA C.F. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “HERMANAS PATIÑO” sito en CAMARIÑAS.
    • O S.D. LAXE xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h, (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que se disputará na xornada dominical), no Campo Municipal de LAXE.
    • O U.D. CERQUEDA xogará os seus encontros coma locatario neste Campionato, no Campo Municipal de “XAVIÑA” sito en BUÑO.

    Máis información

    Novas relacionadas

    Máis novas

    Fonte

Comentarios