domingo. 01.12.2024
El tiempo

Santi Soneira participou no Campionato de Esàña de Arco Tradicional e Desnudo

Santi Soneira participou no Campionato de Esàña de Arco Tradicional e Desnudo
Santi Soneira no campionato de Espana de Tiro con Arco desnudo en Avila 2 copia Santi Soneira no campionato de Espana de Tiro con Arco desnudo en Ávila

A Ávila marchou esta fin de semana o noso arqueiro máis experimentado, xunto a un grupo de 13 arqueiros galegos. Santi Soneira, membro do AD Su A Agra, participaba no Campeonato de España Arco Tradicional e Desnudo Sala 2017. Desta volta, o baiés non conseguiu traer un título, pero si que volveu cargado de novas experiencias pero con sensacións dispares.

Comezou moi ben Soneira, facendo na rolda clasificatoria unha puntuación de 262 puntos, a súa máxima puntuación nun campionato oficial de sala, coa que se colocaba en 10º lugar. Chegaban os Dezaseisavos contra o catalán Jose Cámara de Cataluña, que mellorou a previa e conseguiu derrotar ao noso baiés por 6-2 en entradas. Ata aí chegaría a particpación do soneirán neste campionato, que xa comeza a preparar a temporada de Aire libre que empezará en breve. De feito, a primeira probar será en Lleida.

Aquí tendes o campionato completo. Santi sae en varios momentos, comono 49’30’’ e no 1h34’40’’:

Novas relacionadas

Fonte

  • Dous x Setenta e Su A Agra.

Comentarios