Sorpresas e eliminatorias sentenciadas na ida dos Dezaseisavos da #copadacosta
Non para o #futboldacosta. Venres, sábado, domingo, martes... Isto é un non parar que ademais de cansar a moitos equipos desvirtúa competicións, pois se o pasado domingo houbo equipos que se reservaron para a Copa, hoxe houbo outros tantos con aínda cousas pendentes na Liga que xogaron por compromiso.
Pero ata que nos unamos e esixamos un cambio nos calendarios seguiremos queixándonos.
Mañá traeremos as crónicas dos encontros e dos xuvenís da fin de semana, pero hoxe damos conta dos resultados da ida dos Desaseisavos da Copa da Costa 2012.
I é que houbo resultados sopresa, como a vitoria do Buño sobre o Xallas por 2-1 ou a do Porteño sobre o Sofán por 1-0.
O que xa pasa a eliminatoria é o Carnota, que tras rubricar o seu ascenso puido centrarse na Copa e superar a un Volantes que aínda ten moito en xogo na 3ª Autonómica.
Había 4 partidos nos que a igualdade parecía clara, pero curiosamente os 4 case rematan sentenciados na ida. O Club do Mar acusaba a festa do alirón da Liga da Costa e sucumbía ante o Dumbría con goles de Cacho e Iago.
Pola outra banda, o Santa Comba sufría ante un potentísimo Malpica pero sacaba un 2-0 claro para a volta.
Ademais, o Ponteceso finiquitaba a eliminatoria con rotunidade ante un Fisterra con moitas baixas, e asinaba un 4-1 cunha pegada envexable.
E un que acusou tantos partidos foi o Baio que caía 0-4 ante o Camariñas.
Tamén deixou sentenciado o pase o San Lorenzo que sorprendeu no Novo Cubaleiro ao Corcubión nun choque marcado polo vento.
Outro que sentenciaba foi o Cee ante o Camelle, nun partido no que de Llanero suman a súa primeira vitoria do 2012.
En fronte poderán ter a un Alcaián que encarrilou o pase cun 3-1 ante o Corcoesto nun choque de forza no que a lama foi a protagonista.
O Soneira terá aínda que remar en Cerqueda pois o 2-1 deixa a eliminatoria aberta. Se ben, o gañador terá que ir a Miraflores unha vez que o Muros superou a un Coristanco máis pendente da Liga.
Ademais, o Cabana sentenciaba ante un O Pindo en cuadro, Laxe e Independiente deixan todo para a volta tralo 1-1, igual que Nantón e Corme, nun choque no que os cabaneses foron mellores en moitos momentos e maniataron ás figuras azulonas.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Carnota e Outes certifican o ascenso e segue a loita pola 6ª praza.
- 2ª Autonómica e Copa: Unha Copa que manipula unha Liga aínda viva.
- Preferente: Coa salvación na man.
- 1ª Autonómica: O Ponteceso rubrica a permanencia.
- Resultados dunha fin de semana intensa de #futboldacosta.
Máis novas
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- QPC MOTOR: Ralli de Noia: As Carreiras son así.
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
- Alberto Pose: Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).